ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Urco. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Urco. Amosar todas as publicacións

22/04/17

Nas montañas da loucura

Comentario de Roberto Agra Buján


Nas montañas da loucura
Lovecraft
Urco



Sendo este o terceiro relato de Lovecraft que leo, debo dicir que este foi o que máis me impresionou, non só pola profundidade da historia, senón tamén polo aire enigmático que envolve toda a novela e que non desaparece, nin sequera ao final desta.

Ao principio o libro non me enganchou moito, non sei se isto é debido a que ao meu entender, o interesante da novela non empeza ata a metade do libro ou se foi porque só fun capaz de ir lendo aos poucos, dúas páxinas un día, outras dúas outro. Iso si, cando rematei os exames e puiden pórme a ler o libro con calma, engancheime e fun capaz de lelo con bastante velocidade.

Aínda que o libro é unha obra mestra do xénero do terror material, non direi que non ten puntos a mellorar, por suposto que os ten, un deles por exemplo é o exceso esaxerado de descripción da cidade onde ocorren a maioría de feitos sobrenaturais, acabei de baixorrelevos, medallóns e portas en arco ata as narices, sempre descrición durante o que a min me pareceu un interminable conxunto de páxinas.

En resumo, Lovecraft volveume sorprender coa mestría que tiña para os relatos de terror e a suprema destreza da que facía gala para englobar todo nun mesmo universo, todas as historias que lin están unidas aos Antigos e ao Necronomicón dunha ou doutra maneira e iso é algo que me fascina profundamente.

21/04/17

A gorida do Verme Branco

Comentario de Roberto Agra Buján


A gorida do Verme Branco
Bram Stoker
Urco



Verdadeiramente é unha mágoa que toda a obra de Bram Stoker estea eclipsada por Drácula. Bram Stoker tamén escribiu outros libros á parte dese e un deles é "A gorida do Verme Branco", un libro de gran calidade e que me atrapou desde o principio.

Neste libro todavía hai certa, digamos, reminiscencia, de "Drácula" pois o personaxe que a min máis me gustou chamado Sir Nathaniel de Salis é unha especie de erudito moi similar a Van Helsing en moitos aspectos.

Centrándome xa no libro en si, debo dicir que é moi bo, toda a narrativa é contada con gran mestría, toda a ambientación é moi atrapante e todos os misterios son, sen dúbida ningunha, enrevesados.

Os personaxes gozan dun carisma pouco habitual, isto consegue que aborrezas aos antagonistas, aos cales vas vendo caer en decandencia conforme o libro avanza, e que adores e lle teñas certo cariño aos protagonistas.

Rematando xa, como conclusión debo dicir que "A gorida do Verme Branco" é un gran libro e que por desgraza non gozou da fama que se merecía por estar eclipsado por "Drácula".

20/03/17

A maldición de Dunwich

Comentario de Roberto Agra


O horror de Dunwich
Lovecraft
Urco


"O horror de Dunwich" ten un grandísimo argumento e unha moi boa ambientación.

Esas referencias a uns seres superiores e incriblemente poderosos, sempre envoltos nunha escuridade de misterio, fan que necesites seguir lendo para saber se conseguirán someter á humanidade ou se pola contra serán derrotados por uns valentes homes que lles tentarán facer fronte.

Todos os enigmas imperantes no relato fan que pouco a pouco unha inquientante sensación se vaia apoderando de ti porque o libro mergúllate de tal maneira na historia que parece que a esteas a vivir nas túas propias carnes.

Por último, creo que é obrigado dicir que Lovecraft creou un novo subxénero dentro do terror e que "O horror de Dunwich" é un dos máximos representantes deste subxénero.Tamén, debo dicir que agora entendo porque este relato se considera parte do núcleo duro dos Mitos de Cthulhu, é un dos que conserva máis intacta a ensencia do terror materialista no que se basean a maioría de relatos de Lovecraft.

04/11/16

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Comentario de Roberto Agra


O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños
Fernando M. Cimadevila
Urco
Debo admitir que cando empecei a ler este libro, non o fixen con moitas esperanzas de que me fose gustar e collino por cumprirlle o gusto a un amigo, pois non son moi afeccionado ao xénero fantástico, pero pouco a pouco funme quedando abraiado con como Fernando Cimadevila, o escritor, dirixía a historia. O que acabou de conquistar o meu corazonciño de lector foi que o libro non está baseado na literatura fantástica clásica.
Sen destripar moito o argumento, o libro trata da búsqueda que o prefesor Basilius Hoffman e o seu sobriño Peter empreden en busca da resposta de por que un extraño felino se colou na habitación de Peter para roubarlle os seus soños.
Os personaxes merecerían a súa propia crítica na cal só falase deles pero tratarei de facer un pequeno resumo e só contar o que na miña humilde opinión é o máis destacable deles. Todos os personaxes teñen un carisma que fai que desde o primeiro momento que os coñeces te inviten a seguir lendo para descubir máis sobre eles; iso si, a min os personaxes que máis me gustaron foron Basilius e Duncan que, pese a que este último faga acto de presenza só cara ao final do libro, ambos os dous son personaxes que a min me pareceron do mellorciño do libro.
En resumo e acabando con esta crítica, "O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños" é un gran libro que fixo que en canto o acabei fora directo a ler tanto a segunda parte como a terceira, as cales non defraudan se o que se busca son máis aventuras do profesor Basilius Hoffman e do seu sobriño Peter.

03/11/16

As Crónicas de Bran I: A Revolta dos Mestres

Comentario de Silvia Soutro Froján


As Crónicas de Bran I: A Revolta dos Mestres
Xosé Duncan
Urco





Escrita por Xosé Duncan, é unha novela de fantasía que se desenvolve nunha cidade construída dentro da Montaña Sagrada chamada Elawei. Dividida en tres grandes partes: o barrio dos explotados mineiros, dos comerciantes e, separados por unha barreira natural, os habitantes do palacio. Alí residía o Gran Forxador e a súa familia. El gobernaba a cidade e tamén posuía grandes coñecementos sobre maxia que o seu fixo Bran algún día aprendería. Tamén estaban os seis mestres, que tiñan un gran papel dentro da cidade e que en secreto conspiraban para porder gobernar eles coa axuda dun novo Gran Forxador.
Gustoume o libro, está cheo de segredos e a fantasía desátase no momento de loitas. Encántame como desenvolveu as loitas que se producían, como utilizaban os mestres esas invocacións onde todo ocorría grazas á maxia. Quizais non me gustou que metese tantas conspiracións polo medio pero en si o libro estivo ben. Mantén un certo punto de realidade e todo ocorre dentro do común aínda que é un libro de fantasía. Non lle falta emoción e como primeira novela da trioloxía, teño ganas de ler a seguinte.

03/06/16

O retrato de Dorian Gray

 Comentario de Raquel García


O retrato de Dorian Gray
Oscar Wilde
Urco



Para min 'O retrato de Dorian Gray' foi como para o propio protagonista da obra,Dorian,o seu retrato,unha obra macabra,chea de tetricismo pero demasiado irresistible para seguir explorándoa.
Ao principio parecíame que podía ser un libro que trataría sobre a vida dun personaxe,como tantos outros libros que hai.Pero non,este libro ten algo especial,outro xeito de ver a viza quizais.Neste libro principalmente a través de personaxes como Lord Henry 'Oscar Wilde' mostra a súa forma diferente de ver a vida e mostra tamén a relatividade das cousas.
Este libro gustoume bastante porque como dixen antes,é diferente.Gúñustoume ver o avance de Dorian Gray,como pouco a pouco se vai influenciando do seu arredor e deixa de ser el mesmo,ata un punto no que a súa vida é un pesadelo xa que anteriormente levado polo egoismo comete os maiores erros.
Este libro,tamén teño que dicilo,deume un pouco de arrepío.Pareceme un pouco macabro a forma de ver a vida que ten lord Henry e que posteriormente lle transmite a Dorian.Para eles todo é relativo,teñen unha maneira moi distinta de ver a morte,como alguén pode chegar a comparar a morte coa arte?
O que máis me gustou foi o final,sorprendeume para ben xa que esperaba un final distinto,pero polo menos todo volve ao seu curso.
Recomendaríao xa que creo que o autor reflexa neste libro un pouco da súa forma diferente da visión do mundo.

06/04/16

A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos

Comentario de Adrián Mato



A lenda de Sleepy Hollow e outros relatos 
Washington Irving
Urco 



Gústanme moito os libros de terror e este non ía ser menos. Agradáronme todas as historias pero especialmente a de Tom Waltter e o Demo, porque me encanta a forma na que o autor castiga a avaricia de Tom e a súa muller, que a pesar de ter vivido na miseria, non se compadecen dos que antes podían haber sido eles, persoas que lle van pedir un préstamo e das cales se aproveita para sacarlle ata o último can que posúen. Outra historia que tamén me sorprendeu moito foi a aventura do alemán, polo abraiante do seu relato e o insólito final. Como alguén pode ser capaz de namorar dunha face que ve en soños, para máis tarde atoparse con ela na rúa e casar. Quizais a que menos me agradou foi a de Sleepy Hollow posto que esperaba máis dun relato que foi levado ao cine. Quizais esperaba unha maior importancia do cabaleiro sen cabeza e non tanto da súa vítima.  

28/03/16

A princesa e o trasno

Comentario de Julia Cacheda Couto


A princesa e o trasno
George MacDonald
Urco 



O libro "A princesa e o trasno" de George MacDonald foi o primeiro libro de fantasía que leo neste curso,gustoume moitísimo e chamoume moito a atención.


O autor narra a historia dende duas persoaxes totalmente distintas,a princesa e o mineiro,entrelazando ambas perspectivas perfectamente e ensinándonos as diferenzas entre a monarquía e as clases baixas.

Nesta obra falase da historia de Irene e o seu amigo Curdie que tras un rápido rescate por parte deste fará que os unan uns grandes lazos de amizade.Coma calquera libro de fantasía non podía faltar a espionaxe e a loita contra os trasnos uns seres horrendos e grotescos ata non poder máis.Os protagonistas deberán averiguar que están tramando estas criaturas arriscando a súa propia vida para descubrir que se esconde detrás das pedras das minas.

O escritor ensínanos que hai cousas que unhas persoas poden ver e outras non,e que non é apropiado xudgalas por iso,que cada un de nos dedería cumplir as súas promesas por riba de todo,o importante que é a familia para sobrevivir e por último que ter medo non significa que non podes ser valente.

Se buscas algo cún pouco de arrepío,pasadizos segredos,maxía,tataravoas de máis de dous mil anos que te protexen por riba de todo,aventura,rimas,fedellos e unha gran intriga ata o final este é o teu libro.

08/03/15

O mundo secreto de Basilius Hoffman


Comentario de Anxo Gil


O mundo secreto de Basilius Hoffman
Fernando M. Cimadevila
Urco





Este libro gustoume moito porque trata temas mitolóxicos, e , ao gustarme a mitoloxía, xa teño lido máis libros dese tema, pero nunca un deste estilo, onde a mitoloxía se mestura coa realidade e se funden nuha mesma cousa, creando un mundo no que coexiste a maxia e a tecnoloxía de hoxe en día. O personaxe de Rivka tamén me gustou, pois ela só quería divertirse, e o pai non lle deixa divertirse porque iso non é propio dunha dama. Aínda así, o final pareceume moi similar ao de Matilda: Peter acabou vivindo nun lugar no que era feliz, xunto co seu tío. Dixéronme que había unha segunda parte do libro, así que o vou mercar.

19/06/14

O mundo secreto de Basilius Hoffman



Comentario de David Cabaleiro


O mundo secreto de Basilius Hoffman                                                                               O ladrón de soños                                                                                                      
Fernando M. Cimadevila
Urko


O mundo secreto de Basilius Hoffman comprende un ambicioso proxecto de fantasía que nos amosa o seu primeiro título: O ladrón de soños.

Dende esta primeira novela mergullámonos nunha dimensión estraña e complexa, un universo paralelo onde o profesor Basilius Hoffman, ademais de científico, lingüista, arqueólogo e historiador desenmascara a súa faceta máis aventureira como explorador de mundos ocultos, e guía ao seu sobriño Peter, abandonado por uns pais demasiado ocupados, nunha viaxe na que os mitos e as lendas de moitas culturas diferentes conducen cara a unha asombrosa e única revelación que marcará o destino da humanidade. Un gato que camiña a dúas patas, e que quere apoderarse dos soños de todo o noso planeta!? Unha obra que pretende chegar tanto a un público adulto coma ao xuvenil cunha lectura de dobre profundidade, na que os máis novos gozan da clásica aventura e os maiores poden recuperar aquela maxia das súas primeiras lecturas no xénero da fantasía sempre, e como a tradición indica, cun pano de fondo que reivindica o poder da creatividade e da imaxinación.

O tamaño non importa. Esa foi a principal conclusión que saquei desta marabillosa novela que, malia o seu aspecto case de devorador de lectores, se funde coa personalidade de practicamente calquera dende o primeiro momento. Cada paso dos protagonistas constituía un camiño envelenado que esixía moito valor e un gran temperamento. Por iso, este libro tamén é un claro exemplo de superación, xa que fronte aos perigos que se presenten, o mellor é arrincar o temor do fracaso. Novos inventos, dende máquinas voadoras ata a máis sobrenatural das máscaras, e o mestizaxe de seres nunca vistos con voz de seu mestúranse nunha sopa de letras engaiolante e certamente máxica. Ademais, unhas belas e representativas imaxes por partes de Iván Valladares, contribúen a destapar unha obra dobremente perfecta, unha aliaxe de materiais de gran devoción. En fin, non teño palabras, simplemente moverei o tempo coas miñas propias mans para poder comezar coa segunda parte dos proxectos de Basilius Hoffman.

Se ti tamén es do club dos fanáticos fantásticos, e buscas algo innovador e cativador, imaxinativo e improbable, mítico e lendario, clásico e moderno, fílmico e literario, tradición e suposición, ciencia e historiaesta recomendación vai para ti.