ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/11/14

O corazón de Xúpiter


Comentario de David González Sampayo


O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais







Esta historia de Ledicia Costas gustoume moito, mantívome enganchado e intrigado ata o último punto. Durante a historia o meu corpo cambiaba de estado continuamente. Segundo o capítulo que lía o meu corpo sentía alegría, tristura, impotencia...

O asunto que plantea Ledicia é algo totalmente relacionable co mundo real. Tamén me ensinou a a saber escoitar aos amigos como é o caso de Isla, que non escoita ás opinións da súa amiga Mar sobre as relacións a través de Internet e finalmente acaba como acaba.

Cando Isla muda cara á Rexión está insegura porque terá que facer novos amigos e non sabe como a recibirán e finalmente Mar é a súa salvación, unha luz ao final do túnel.

O personaxe Marcos Carballo fíxome sentir moi impotente de non poder facerlle sentir o que el lle facía a Isla. Era un auténtico inmaduro que non paraba de acosar a Isla e tan só por envexa

O personaxe que máis me gustou e co que máis identificado me sentín foi con Anxo , xa que eu nun caso parecido a este tamén actuaría da forma na que el o fixo. É un adolescente que nunca se rende e ao longo da historia, nunca dá por mortas as posibilidades de ser mozo de Isla, da que estaba namoradísimo.

O desenlace da historia non foi o que esperaba pero tamén o esperaba a medida que transcurría a historia. Primeiro cría que o final sería estilo "e foron feices e comeron perdices" pero cando quedas para ver a alguén nun sitio escuro e abandonado a cousa non pinta moi ben.

29/11/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Miguel Oro Vence
 
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
 

Di a profesora no seu blogue que non cre que nos guste o libro polo seu final e porque non remata coma os libros e películas “Disney”.

Gustoume por toda a temática tratada. Creo que hai que falar da vida coma da morte para poder medrar e non vivir nun lugar illado como se estivéramos envoltos en papel de regalo e penso que se nos gustou O Rei León quizais foi porque morreu o pai (Mufasa) e se recordamos a Bambi é porque morreu a nai. 

Hai outra temática no libro que é a homosexualidade, penso que está tratada con naturalidade e aceptada polo protagonista. Non sempre é  así ocasionando ás veces verdadeiros problemas psicolóxicos cando non chegan ó físico. Outros temas tratados no libro que me pareceron acorde a nosa idade é sen dubida: as relacións e amizades a través de internet e por suposto o seu perigo; tamén chama a atención o tema da droga como funde a unha familia e os problemas que lle da ó rapaz Carballo.
En resumo actual, dinámica, entretida e real serían os cualificativos que eu lle daría á novela.

28/11/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Francisco Javier Rivas Santomé
 
 
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
 


A historia resultoume moi amena para ler, o relato é un vivo reflexo do que sucede na Internet, co tema do Ciberacoso.
A moza adolescente de instituto que aparece na historia é un caso moi parecido ó que algúns adolescentes están sufrindo ben no seu Centro Educativo, acoso ou por Internet o Ciberacoso.
Na vida real estamos expostos como a protagonista a coñecer a xente por Internet, que non sempre o que nos din é verdade, xa que podes estar falando con un ligue, ao que lle podes gustar,ou non, pero que logo cando as cousas saen á vista, esa persoa que tanto nos quería, pode facer o que lle veña en gaña con nós.
Penso que este tipo de acoso deberíase ir eliminando lentamente, xa que a maioría da xente que anda en Internet, faino sen saber os perigos que pode conlevar esta acción; grazas a esta historia comprendo a preocupación dos nosos pais polo uso Incorrecto ou Correcto das Redes Sociais.
Ademais as reseñas que aparecen no libro, son historias recomendables para ler, que a autora menciona.
Fainos afrontar a morte coma algo que forma parte do Ciclo Vital, e que hai que tratar de superar, e que pódenos provocar unha tristura moi grande, deime de conta nun intre que a vida pódenos cambiar en cuestión de segundos.


27/11/14

O corazón de Xúpiter



Comentario de Carla González Silva


O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais






Está obra gustoume moito. Mentres o estaba lendo  puiden darme conta de que narra uns acontecementos que lle ocorren á maioría dos adolescente, como por exemplo, darlle unha calada a un pitillo para quedar ben, ser acosados e ameazados...
Non me sentín identificada con esta historia nin con ningún personaxe, pero recoñezo e sei dalgún caso coma o Isla.

Levei unha decepción en canto ao final, porque coma é de agardar os libros de amor soen rematar cunha historia feliz, e este non é o caso , por iso unha vez finalizado o libro fai reflexionar sobre o coidado que debemos ter ao empregar asredes sociais, e da información que poidamos dar ante descoñecidos.

Recomendaríallo a todos os mozos para que vexan a realidade da vida.

26/11/14

Marxinados

Comentario de Adrián Mato


Marxinados
Pepe Carballude
Galaxia




A maior lección da vida é a que nos ensina esta novela,  axudar ao próximo. Prefiro dicir o que máis me gustou de cada personaxe:
-Víctor: é o protagonista desta historia. Volveu o internado onde se criara por mor de quedar orfo. Non logra atopar o se lugar cando chega, pero pouco a pouco remata sabendo que é necesario para os rapaces que coida en especial para Noelia. A medida que transcorre o libro acontécenlle máis problemas, como o que lle ocorre con Nuria ou a falta de Inés, dos que logra fuxir coa axuda de sor Asunción.
-Sor Asunción: Como a directora do internado no que acontecen os sucesos, ten unha relevante importancia na historia. É unha gran fonte de apoio para cada un dos rapaces que se atopan alí.
-Noelia: foi a personaxe que máis pena me deu, pola razón de que  é unha rapaza pequena que está a sufrir algo que ninguén debería sufrir nunca.  
-Said: un rapaz cuxo pasado ten demasiada importancia para el polo cal non  lle fai caso a ningunha muller excepto a sor Asunción.
-Román e Santi: dous rapaces que chegaron ao internado por causa de que súa nai é drogadicta. A pesar de ser irmáns son completamente distintos, mentres que Román ( o irmán maior ) e listísimo, Santi ten problemas.
-Marta e Tomás: son dous educadores amigos de Víctor.
-Nuria: unha rapaza que estaba pillada por Víctor. Ao final acaba sendo unha afamada resposteira.
-Inés: ex educadora. Foi compañeira de Victor no Internado. Decidiu ir para Malawi axudar aos nenos máis desamparados.
 Non teño ningunha pega.

25/11/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Alberto Blanco Iglesias 
 
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
  

De todos os libros que lin ata agora este é o primeiro que rematei en dous días. E iso que nun principio pensei que sería a típica historia de amor entre adolescentes, pero equivoqueime porque  nesta novela , ademais do tema do amor, tamén están presentes a amizade, a astronomía e sobre todo ten moita importancia as redes sociais e dos seus perigos.
Creo que esta obra quere ensinar os perigos que podemos correr nas redes sociais se non somos responsables.