ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Pobreza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pobreza. Amosar todas as publicacións

17/11/16

Memorias dun neno labrego


Comentario de Miguel Lamazares

 

Memorias dun neno labrego
Xosé Neira Vilas
Ed. do Castro
 
 
Para min, dende sempre, este foi o mellor libro de todos os tempos escrito en galego. Lino dúas veces, a primeira, era un neno máis pequeno e había algunhas cousas que non entendía o seu por qué, pero agora, ao lelo con máis idade e algo máis de coñecemento fascinoume e gustoume moito máis. É un libro que che queda gravado na memoria cando o les, acórdaste dalgunhas historias, cando case tres anos despois o volves ler. Este libro enamoroume só coa primeira frase "Eu son..Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre". Lendo este libro daste conta do dura que era antes a vida e o que había que traballar, e de como era antes a sociedade, como había que gardar moitos anos de luto cando morría unha persoa da casa e non se podía ir ás festas, como os pais lle pegaban aos fillos, como non iban á escola por que había que traballar, e ás veces, incluso emigrar como fixo Miguel, o seu irmán, ou coma Lelo de Cidre, o seu amigo.
Tamén do que me decatei foi de que Balbino escribía o seu diario pero non llo dicía a nadie gardábao para él, non levábao en secreto. Doume moita lástima o capítulo no que morre Pachín, o can de Balbino porque é un personaxe co que Balbino pasaba moito tempo. Por último, Manolito, o rico da aldea, o que manda, o que fai o que lle peta. Cando no penúltimo capítulo lle tira a pedra creo que Balbino, ainda que sabe que fai algo mal, ao mesmo tempo libérase. Despois o castigo paréceme inhumano, pero naquela época permitíase de todo, e por fin, é cando o botan da aldea e vai a servir a outra casa, que é todo o contrario. Son bos con Balbino e ata lle deixan libros. Pareceme un gran libro e cunha triste pero ao mesmo tempo bonita por detrás. Creo que Neira Vilas tivo que pasar por algo así, para contar esta historia tan ben e tan detallada.

28/02/16

Memorias dun neno labrego


Comentario de Silvia Bruguera

 

Memorias dun neno labrego
Xosé Neira Vilas
Ed. do Castro



Este libro foi doádo de comprender xa que o escritor usa un vocabulario moi sinxelo.
Balbino é un rapaz da aldea. Os seus pais son labregos, son xente que traballa para o seu señor. No libro refléxanse as desigualdades sociais: de como os señores posuían os privilexios, as terras e os cartos mentres que os labregos tiñan soamente o necesario para sobrevivir, as terras que traballaban e os cultivos que recollian nelas ían para os seus señores. As historias deste libro foron escritas por Balbino no seu diario; e posteriormente un autor coñecido publicou a súa vida, para que a xente observase a sociedade do seu tempo.
Ensina como era a vida rural hai moitos anos; as tarefas que tiñan que realizar ás tres da mañá, que os seus señores sempre tiñan razón e non se podia contradicilos porque senón castigaban aos labregos.

Unha parte do libro que me gustou foi cando Balbino decide fuxir uns días da casa porque o seu pai deulle unha somanta despois de meterse con Manolito, o fillo do seus señores. Porque Manolito anteriormente cuspírao, déralle cos zocos e ameazárao a el e á súa familia con botalos da súa casa se quixese. Pareceume ben que Balbino non quedase calado, e que se revelase en contra do que pensaba que estaba mal, pese a ser un neno de pouca idade.

Un capítulo que tamén me agradou foi " O xudío " nesta parte fala de cando Balbino foi dar ao seu terreo, na procesión da misa. O xudío concienciouno sobre que non crese cegamente na relixión, nin nos seus oradores porque mentres a xente confesa os seus pecados, os curas contannos polo pobo. Contoulle a Balbino que o chamaban o Xudío simplemente por dicir o que pensa, dicia que pensar e pidir xustiza era pecado. Tamén fai unha pequena crítica do que se lles ensinaba aos rapaces e que era realmente necesario.
Un dos capítulos que menos me agradou foi na morte do seu padriño; porque reflexa o sentimento de tristura de toda a familia de Balbino.

Nalgún capítulo fala de ir ás Américas. O seu irmán maior, Miguel, foi en busca de cartos para facerse rico; pero en realidade naqueles tempos había as mesmas vantaxes en Galicia e nas Américas. Algúns mesmo volvían máis pobres do que foron, e outros nin sequera podían volver porque os seus recursos económicos non llo permitían. Balbino tamén quería marchar para as Américas coma seu irmán, porque quería coñecer o mundo, as historias doutros puntos xeográficos e facerse rico.

O meu personaxe favorito é o protagonista Balbino, gústame moito a súa forma de ser, xa que non queda calado ante as cousas que pensa que son inxustas.

16/11/15

Cousas


Comentario de Vanesa Lalín Pousa

 




Cousas
Castelao
Galaxia




Este é o primeiro libro que leo de Castelao. Cada historia vai acompañada dun debuxo moi concreto sobre ela e pareceume moi especial xa  que nunca lera un libro tan curto no que había tantas historias diferentes e o que máis me sorprendeu foi que ninguna delas tivera nada que ver unha con outra, cada unha delas contaba algo distinto, tan ben trataba sobre a pobreza nos galegos, a morte, o amor, a emigración como pasaba por lendas antigas a cousas da natureza. Pero o que si cadraba en todas era que o relato era breve, contaba algo preciso, sen moitas descricións, onde normalmente en cada relato había só un persoaxe principal que era o protagonista.
Por outro lado eu non souben con certeza en ninguna das historias a que sitio concreto se refería Castelao o que si penso e que todas elas trataban do rural pero un rural costeiro de Galicia .
Para min con este libro Catelao quérenos contar os problemas que nesa época sufría a sociedade galega onde os máis importantes eran a pobreza e a emigración como deixa ver en varias das historias.
Trátanse temas que foron moi importantes para entender mellor a vida neste caso do pobo galego, pero pensó que podería valer para describir a de calquera outro pobo que pasara polas mesmas situación. É dicir, debo destacar a súa universalidade.
Como resumo podo dicir que foi un libro que me resultou fácil de ler, pero non me enganchou demasiado porque era empezar un relato e remátalo xa, sen ter nada que ver co anterior, non había intriga, eu penso que canta máis intriga teñan os libros me están a gustar máis.

16/06/13

A miña planta de laranxa lima

Comentario de Alba Moreira Suárez


A miña planta de laranxa lima
José Mauro de Vasconcelos
Primera Persona





Este libro conta a historia dun neno chamado Zezé, que sendo pobre pero é quen de atopar diversión en calquera cousa sen precisar bens materiais, mesmo nunha planta de laranxa lima coa que se imaxina aventuras. Este neno a min paréceme admirable, agora a sociedade non somos quen de conformarnos, sempre queremos máis do que temos ou podemos ter e Zezé sendo pequeno conformase, como deberiamos facer moitos. 
Recomendo este libro dende logo, incluso a aqueles que non lles guste moito ler, a min gustoume moito.

16/12/10

Cousas


Comentario de Eduardo Villaverde Iglesias

Cousas
Castelao
Galaxia


Deste libro o que máis me gustou foi a crítica qeu fai Castelao das persoas que maltratan, humillan e desprezan os galegos. Aos galegos que con tanto esforzo, con tanta dor por abandoar as súas casas, as súas familias, marchaban de Galicia para o estranxeiro.
E marchan por tentar dar unha vida mellor á súa familia e impedir que pasen fame.
Este libro é fácil de ler porque está dividido en pequenos contos, en pequenas historias independentes. Deberiamos tomar exemplo deste libro para tratar ben aos inmigrantes que veñan buscar vida con tanto esforzo e traballo.

15/12/10

Memorias dun neno labrego


Comentario de Aroa Espiña

Memorias dun neno labrego
Xosé Neira Vilas
Ed. do Castro

Este libro gustoume, hai moitas palabras que me soan de oírllas aos meus avós e fíxome graza.
Dábame un pouco de pena mentres lía polo pobres que din que eran pero ten outras cousas boas como por exemplo un capítulo que me gustou moito: "O meu amigo".
O primeiro capítulo para min é o mellor.
Ten un texo que di: "Teño pensamentos que non lle podo contar a ninguén. Algúns non me entenderían e outros chamaríanme tolo. Por iso escribo. E despois durmo como unha pedra. Quedo desafogado, libre, coma se me quitase de enriba un bocoi." Neste texto vinme reflectida, en certo modo.
Gustoume

13/12/10

Memorias dun neno labrego


Comentario de Bruno Rivas Fernández

Memorias dun neno labrego
Xosé Neira Vilas
Ed. do Castro


Este libro gustoume moito porque Balbino é un rapaz da aldea coma nós, que nos conta, dunha maneira sinxela, a súa infancia e preocupación de todo rapaz da nosa idade con ganas de saber o que lle depara a vida. A súa linguaxe é sinxela, o que axuda á súa fácil lectura.
Ao mesmo tempo está cargado de emocións, explícanos a sorte que temos por non vivir nunha época tan complicada. Hoxe en día permítimonos o luxo de nos enfadar cando non nos mercan un antollo mentres que se nos comparamos con estes nenos de hai un século témolo todo. A vida de Balbino é a de un máis daquela época, un rapaz que traballa moito, estuda o que pode e vive terribles inxustizas por ser un ninguén ao lado dos que tiñan cartos.

12/12/10

Cousas


Comentario de Alejandro Villanueva

Cousas
Castelao
Galaxia

É un libro fácil de ler e gustoume porque non hai que lelo deseguido senón que como está dividido en historias pódese reflexionar sobre cada unha delas por separado. As historias tratan da emigración dos galegos: os galegos marchaban ao estranxeiro por culpa das penurias que pasaban por causa dos fidalgos e a igrexa.
Aconsello ler este libro porque é moi interesante.

11/12/10

Cousas da vida


Comentario de Daniel Sánchez Iglesias

Cousas da vida
Castelao
Galaxia

Paréceme un libro que reflicte moi ben como eran antes os galegos e o que pensaban. O feito de falar galego xa facía que unha persoa fose máis parva, só era lista a xente que falaba en castelán. Ironicamente, claro. Tamén reflexiona sobre a pobreza que había e a forma de vivir da xente que non tiña cartos.

06/12/10

Memorias dun neno labrego


Comentario de Carmen Campos García

Memorias dun neno labrego
Xosé Neira Vilas
Ed. do Castro


Neste libro explica moi ben o que lle ocorre a un neno labrego, que por non ter cartos ten que estar sometido a outro que si os ten.
Paréceme unha inxustiza que polo simple motivo de que un rapaz sexa máis rico que poida mandar nalguén.
Tamén nos conta como Balbino ten que traballar no campo e todo o que pensa facer cando sexa grande e poder gañar cartos.
O libro trata tamén da emigración, sobre todo a América. Algúns emigrantes tiñan sorte e conseguían cartos pero outros non, entón non podían volver á súa terra.