ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/06/08

As memorias de Sherlock Holmes


Comentario de Marcos González

As memorias de Sherlock Holmes
Conan Doyle
Galaxia



Este libro é moi parecido en canto á estrutura a As aventuras de Sherlock Holmes, os dous teñen relatos breves independentes uns dos outros. As historias son moi interesantes, a sensación de sorpresa está presente en todas elas. Tamén creo que o feito de que sexan relatos pequenos impide que haxa certos fragmentos aburridos ou sen interese, como poden existir nunha historia longa.

11/06/08

Smara


Comentario de Marcos González

Smara
Paula Carballeira
Kalandraka



Gustoume a parte da loita entre os dous magos. Os contos que sabe a Avoa Ugago son moi interesantes, especialmente os que teñen algunha ensinanza.
É un libro moi bonito, moi fácil de ler. E gusta mesmo pola súa sinxeleza.

10/06/08

Calzados Lola

Comentario de Thalía Troitiño

Calzados Lola
Suso de Toro
Xerais



Gustoume moito a historia deste libro. Empeza falando da familia do que é protagonista da historia e logo segue falando do que lle acontece en menos dunha semana.
Este libro é unha historia de amor, traizón, intriga, realismo...
Considero que a vida que ten Manuel xunto coa do seu irmán Miguel é realista, pero sobre todo moi sentida. Fan sentir ao lector os memos sentimentos ca os protagonistas, o que me dá unha idesa sobe a calidade do escritor. O amor é un camiño difícil e fermoso que hai que buscar e percorrer.
Sen dúbida, recomendo este libro. É un libro que paga a penar ler aínda que pareza groso, pois lese axiña.
Gustoume o xeito de escribir do autor, sobre todo polo realismo e sentimento que impregna a obra.
Unha historia tráxica con final feliz.

09/06/08

Smara


Comentario de Cristina Ares

Smara
Paula Carballeira
Kalandraka



Gustoume moito. Mergulleima apenas se decatarme no deserto vivindo cada palabra que os meus ollos lían. Volvín disfrutar do libro como cando era pequena.

07/06/08

O crime da Rúa da Moeda Vella


Comentario de Lorena Bibián Caramés


O crime da Rúa da Moeda Vella
Román Raña
Xerais



Aínda que ao principio non me gustou, ao final é moi interesante. Gústame sobre todo o personaxe de Leopoldo, a quen non lle gustan nin a violencia nin os problemas, e tampouco os busca. A historia en si pareceume triste, desde o momento que lle roubaron o Stradivarius a Leopoldo todo foi tristeiro. Tamén me gustou moito o intento de busca deste instrumento.

05/06/08

Smara


Comentario de Carla Gómez Ferradás
Smara
Paula Carballeira
Kalandraka



É un libro estupendo, como os que liamos de pequenos, con esas historias e esas lendas que te atrapan, e non podes parar de soñar con elas e desexas vivilas.
Encantoume

04/06/08

O crime da Rúa da Moeda Vella

Comentario de Marcos González

O crime da Rúa da Moeda Vella
Román Raña

Xerais


A verdade é que os primeiros capítulos non me gustaron moito, pero despois xa me comezou a interesar. Pouco a pouco foime gustando máis; estou acostumado a Agatha Christie e a Sherlock Holmes e este fáiseme estraño polo xeito de contar a historia.
Deume moita rabia a perda do instrumento por culpa dos camellos, aínda que creo que a verdadeira lacra radica na xente que mete droga no país. E non entendo algunhas das reaccións da xente... creo que unha mentira a tempo arranxa problemas.
Cara ao final do libro as sorpresas sucédense constantemente. Gustoume moito máis do que esperaba.

02/06/08

Xuntos e máis nada

Comentario de Carla Gómez

Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia




Que dicir deste libro... ante todo e como vén sendo habitual este curso, encantoume.
Sempre cando comezo un libro sinto que non me vai gustar e ao final gústame tanto que volvería lelo unha e outra vez. A verdade, sentía "medo" ao velo tan groso pero pouco a pouco a lectura atrápate no seu interior.
O título provén de catro persoas que comezan unha vida xuntos, de aí o título. E con elas comprendemos a situacións de dureza que nos propón a vida, e como superalas.
A verdade é que crea moitos sentimentos dentros dun, consegue cambiar o ánimo coa súa lectura, para min é moi profundo.
É un libro marabilloso cheo de historias preciosas.