Comentario de Sonia Troitiño Loureiro
Isto é un poema e hai xente detrás
Lucía Aldao
Espiral Maior
Así de Lucía Aldao foi un libro que me resultou realmente fermoso. A pesar
ter unha extensión máis ampla do que eu podería esperar, este único poema
pareceume impresionante. Ademais, nel fálase do meu tema preferido a hora de ler
poesía, o amor. Pero este non é un amor calquera, é un amor distinto, relatado da
mellor maneira. Aínda que debo dicir que non o entendín completamente, pareceume
un poema incrible. Está cheo de tenrura e de paixón. En ocasións fai que eu mesma
me sinta identificada con el; e coma min, penso que moitos dos lectores tamén
poderían chegar a sentirse así (nunca mellor dito). Na miña opinión tanto o
principio coma o final, foron os momentos que máis me impresionaron, aínda que
debo dicir que un dos fragmentos que máis me engaiolou se sitúa entre as
páxinas do medio. Este é:
Eu xa perdín por ti a cabeza
naqueles xogos de bonecas onde agora invoco crenzas
que esta mente insá pretende confesar.
E penso que o noso amencer foi
unha muller espida no inverno dunha cidade con xeo e vaso alto
Todo o poema, en cada unha das súas páxinas presenta versos destes que vale
a pena recordar. E sobre todo, aquel verso que máis recordarei será o último. Ese
verso que remata cuns puntos suspensivos que, para min, din máis ca mil
palabras. Para rematar, dicir que recomendo o libro Isto é un poema e hai xente
detrás, que é onde se atopa recollido este poema de Lucía Aldao e moitos outros
de outros autores galardoados no certame galego de creadores novos de poesía, a
todos aqueles e aquelas amantes da poesía en xeral. Penso que é un libro que vale
a pena ler para pasar un bo momento entretido como non podería ser doutra
maneira, da man da poesía.