ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

04/06/18

Poetízate


Comentario de  Lucía Fernández Cuíña



Poetízate
Fran Alonso
Xerais



"Poetízate" é unha compilación de poemas de Fran Alonso de todos/as os/as poetas galegos/as. A verdade é que paréceme que facer un único comentario de tantos poemas é moi difícil, pero vou intentar dar a miña opinión xeral.
Este libro agora mesmo é un dos meus preferidos, xa que aparte de darme conta do fermosa que é a poesía, fíxome rir, pensar e ás veces incluso me deu ganas de chorar. Porque este libro ao ser de temática tan variada mostra as diversas mentalidades que ten a xente, (sobre todo ao ser dende a época de Rosalía ata agora) e polo menos a min dáme a entender o que máis lle preocupa ou preocupaba a cada autor.
Bueno, en conclusión, recomendo moito este libro, xa que aínda que non sexa o más seinxelo de ler, é moi fermoso e axuda a reflexionar sobre todo dependendo da época da que sexa o autor. E creo que é moi necesario ler este libro, aínda que só sexa para enriquecerse culturalmente.

03/06/18

Normal, diferente



Comentario de Noelia Ferreiro Reboredo





Normal, diferente
Kristina Dunker

 

Normal, diferente é unha novela da escritora Kristina Dunker. Naceu en Alemaña o 15  de xuño de 1973. 
En canto a esta novela, trata sobre unha moza de 17 anos, chamada Vera, tamén coñecida como Speedy. Ela esta namorada dun mozo da súa idade chamado Jan. Coñécense dende a infancia. De pequenos xogaban a ser exploradores ou veterinarios.
Ela fai todo o que esta na súa man para chamar a atención do mozo, pero este semella non captar as sinais dela.
Un día na clase de bioloxía, o mestre ten que repartir os traballos e hai un para unha parella. Jan quereo , e polo tanto ela ofrecese voluntaria para axudarlle. O profesor acepta.
Grazas a este traballo comeza a xurdir a confianza entre ambos. Eles empezan a facerse bos amigos e ata semella que algo máis. Speedy está moi contenta xa que cre que xa o ten namorado dela.
É importante indicar que Jan é unha rapaz tímido, non ten amigos e tampouco moza. Os compañeiros do instituto métense con el as súas costas pola súa maneira de ser. Por outro lado , el ten unha maneira distinta de vestir cós demais. Por todo isto, hai algún que comeza a pensar que é homosexual, mais Speedy ignora todos estes comentarios, pero o mesmo tempo tamén ten curiosidade por saber por que el é así. Un día decide  preguntarllo e a el aféctalle a pregunta e ela enfadase con rapaz.
Chega o día da exposición, el tarda en aparecer, pero ven. Ao rematar vai xunto a ela e dalle un regalo de aniversario e dille que a vai convidar a un concerto. Speedy xa pensa que o ten engaiolado, mais cando chega o día da “cita”, el lévaa a un concerto gay. A moza enfadase , está decepcionada e dase de conta de que el nunca a vai querer como parella. Aqueles compañeiros estaban no certo, Jan é homosexual.
A partir desta parte do libro, vemos como ela o acepta tal e como é , e se converte nun gran apoio para el.
Esta novela amosa moitos conceptos que hai na sociedade sobre este tema, como por exemplo, a burla de algúns cara os homosexuais e incluso o rexeitamento por parte dalgunhas persoas. É importante indicar ese cambio moral que se produce na moza, xa que o comezo ela tampouco os aceptaba moito, mais cando descobre que Jan pertence a eles, ela cambia a súa actitude e dase de conta de que eles son iguais cos heterosexuais. Eles seguen sendo persoas.
Finalmente , este libro pareceume interesante e incluso divertido. É unha novela que capta a atención do lector desde o principio e ademais trae unha mensaxe moi importante para poder convivir : hai que aceptar as persoas tal e como son.

02/06/18

Amor é unha palabra coma outra calquera


Comentario de Carlota Vázquez Pacheco


Amor é unha palabra coma outra calquera
Francisco Castro
Galaxia




Para comezar,como podemos observar,este libro fálanos do amor... pero non do amor que estades a pensando, non é o amor romántico nin o que estamos acostumados a ver e ler nas novelas románticas, senón que nos fala do amor que Carla, a protagonista neste caso, sente, vive, soña, e sobre todo o amor que lle falta.
Carla é unha rapaza moi insegura, que a partir de coller os seus cascos e saír a camiñar polas rúas de Vigo, escoitando música, vólvese máis forte. Carla sentíase moi protexida pero no momento que perde o seu punto de gravitación, neste caso o seu marido, empeza a sufrir.
En tres días imos coñecer unha Carla totalmente distinta, xa que se converteu nunha persoa moi independente.
Gustoume moito este libro, porque Carla amosa o poder que temos a mulleres, o poder que temos a elixir con quen queremos estar e tamén o poder de facer o que realmente queremos facer, xa que somos LIBRES.
Por último, quero recomendar este libro a todas as mulleres que nalgún momento se sentiron mal e sufriron por culpa da súa parella, e tamén a todas as rapazas que están a tempo de cambiar a súa vida e empezar a crer en si mesmas.

01/06/18

O principiño



Comentario de  Lucía Fernandez Cuiña


O principiño
Saint-Exupery
Galaxia


Ao ler este libro, unha dáse conta das diferenzas que hai entre vivir no mundo dos nenos ou dos adultos, e aínda que non sexa vivir, a ter ese pensamento.
Porque este libro fíxome darme conta de que  non pasa nada por fracasar, ou simplemente non ser a mellor en algo, xa que simplemente temos que valorar as pequenas cousas e os pequenos momentos, pero sobretodo que non sempre somos o centro do mundo,  que temos que mirar non só para nos, se non para os demais ou polo menos a xente que nos necesita.
Para rematar solo quero deixar claro que aunque non sexa o libro máis difícil do mundo, na miña opinión é un dos que máis ensinanzas ten, xa que da igual en que etapa da túa vida o leas, xa que sempre terá sentido. Sobretodo se o les cando eres adulto, xa que che vai facer abrir os ollos e vaste dar conta de que aunque te chamen infantil, pensar coma un neno non é o malo. Xa que cada un ten a súa personalidade, e aunque non sempre sexamos os mellores en algo o caso é intentalo, xa que o marabilloso de vivir é as diferenzas que hai entre cada un de nos.