ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Pedro Feijoo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pedro Feijoo. Amosar todas as publicacións

13/03/16

Os fillos do mar

Comentario de Adrián Mato
 

Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais
 
 
 
A verdade é que non adoitaba ler libros que excedesen as 300 páxinas, e aínda menos se estes eran de novela negra, mais este libro foi distinto a todos os demais que lin, porque me atrapou na súa historia dende un comezo ata o punto de querer seguir lendo máis, sen poder determe, nin para beber auga. Resultoume fascinante toda a dificultade que ten que supor crear unha novela así, con tantas personaxes, tantos acontecementos históricos, cunha trama tan desenvolvida... Non podo imaxinar a cantidade de horas, de días e meses que o autor lle debeu dedicar a esta novela, para acadar,   sen dúbida, a novela que máis me aferrou as súas páxinas. Se teño que destacar algo da novela sería sen dúbida, os capítulos nos que o señor Neumann lle conta a Mariña e Simón, a historia de Rande, a súa propia, a do pai de Mariña ( Daniel e Eneas ) e a historia de Troia. Unha parte do relato que me pareceu extraordinaria foi a persecución por parte do enorme barco, capitaneado por Blanco, no que tamén ía Otto Wessler, a pequena planadora de Yago Ray, na que ían Mariña e Simón. Destaco sobre todo esa parte, pola descrición tan precisa que te fai sentir coma se ti tamén estiveses na persecución. Agradoume todo desta historia polo que non teño pega ningunha que lle por.
P.D.T: O único que me impresionou, foi que ao fin o asasino de dona Isabel non fose o maiordomo.

12/03/16

Os fillos do mar

Comentario de Francisco Rodríguez
 

Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais



Este foi o primeiro libro que lin de Pedro Feijoo e debo admitir que nun primeiro vistazo o abundante número de páxinas deste libro pareceume un muro difícil de derrubar. Pero boteime a ler e as primeiras páxinas si que me engancharon bastante, sobre todo coa temperá morte de Dona Isabel, que eu pensaba que ía ser unha das protagonistas activas desta novela, pero tras a morte non perdeu o rango de protagonista pero si o de activa, intercambiándoo polo que eu chamaría protagonista de arrastre xa que a partir dela xorden numerosos dos feitos principais da historia.
Foi a partires da páxina 50 ou por aí, cando me despeguei totalmente do libro e non puiden retornar, xa que impedíamo a barreira do aburrimento. Esta barreira penso que era o que xusto quería evitar Pedro Feijoo segundo o que dixo cando nos visitou no instituto, cunha linguaxe moi sinxela e asimilable para todas as persoas pero eu creo que o único que conseguiu con ese tipo de linguaxe foi non darlle traballo ningun ó cerebro sobre os posibles siginificados de certas frases; isto arranxaríase cunha mestura entre unha linguaxe tan simple coma esta e destellos doutra con frases que fagan exercitar ó cerebro en pensar que é o que autor pretende que o lector entenda, unha cousa que, aínda que antes pensaba que era unha cousa que sobraba nos libros agora paréceme que é un recurso imprescindible en calquera tipo de novela.
Outra feito que non me gustou moito é que penso que hai unha excesiva descrición xa que ó mellor un feito que se conta en dúas páxina nesta novela esténdese ata 20, o que, polo menos a min, dificúltame bastante a lectura, esta 
redución sería un feito que axudaría totalmente á lectura deste libro.Tamén un feito agridulce foi a referencia que fai a aspectos pasados coma a Segunda Guerra Mundial, a Batalla de Rande,a Guerra Civil.... Este é un feito doce porque axúdache a coñecer un pouquiño máis estes momentos históricos xa que fai unha gran referencia a eles, e agre porque penso que algúns non teñen gran relevancia no conxunto da trama polo que se poderían suprimir, o que axudaría á concentración total na trama principal.
Por outra parte gustoume como Pedro consegue entrelazar perfectamente as escenas sentimentais e de amor como a "relación", descuberta ao final, entre o arquitecto Simón e a filla de Dona Isabel, Mariña, con feitos totalmente de acción coma a persecución que se produce por parte de Otto aos xa citados Simón e Mariña pola Ría da Vigo. Este entrelazado é un feito que me parece moi difícil de conseguir nun libro de novela negra coma este pero que Pedro  faino á perfección.
Tamén me gustou o feito de que toda a novela transcorre nunha terra veciña como é a terra de Vigo e que fai referencia a diferentes lugares como a Illa de Ons, a Ria de Vigo, A Ponte de Rande e moitos máis, e o feito de que a novela estea completamente chea de acción, e que, aínda que estea representada cunha excesiva descrición, gustame a súa presenza nun libro deste tipo, como a gran acción que hai na parte na que Daniel descubre as intencións nazis do capitán do barco " arqueolóxico" Herr Wessler e cando, posteriormente prodúcese a explosión do barco citado.
O final tamén me pareceu un pouco frouxo pese a resolver o misterio do ouro agochado e a consolidar o amor entre Simón e Mariña.
En definitiva, un libro con bastante defectos e algúns acertos que, deixando a un lado o número de páxinas, polo seu contido conxunto custaríame volver a lelo.

11/03/16

Os fillos do mar

Comentario de Daniel Gavieiro Suco


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais




“Os fillos do mar” de Pedro Feijoo foi un libro que dende a charla que nos dou o propio autor, chamoume moito a atención e fixo en min ter que lelo para descubrir un montón de preguntas que tiña sobre el, que solo se podían descubrir léndoo ata o final.
Este libro ten un montón de misterio, esta chea de acción, e tamén un pouco de novela negra e historia. A historia que conta o autor esta moi ben relacionada entre o pasado e o presente, para que así o lector non poida deixar de lelo ata o final e así tamén mantén a intriga da historia. O libro conta a historia da Batalla de Rande, na que chegara unha flota có nome de Flota de Ouro dende América e a súa carga de metal prezado acabará no fondo da Ría de Vigo despois de esta batalla.
A acción e a intriga é provocada pola morte de Isabel, e por culpa desta morte o protagonista, Simón Varela, esta rodeado dunha serie de sucesos que non poderá deixar e que grazas a eles descubrirá o segredo do cofre atopado durante a restauración do estanque.
A linguaxe deste libro chamoume moito a atención xa que o autor usa un linguaxe moi común, coa que é máis fácil manter a atención ao libro e poder entendelo mellor.
En resumo foi un libro que me gustou bastante e que llo recomendo a toda a xente. Grazas a el tamén comprendín que os libros de gran tamaño tamén poden ser divertidos aínda que sexan moi longos.  
 

10/03/16

Os fillos do mar

Comentario de Xosé Manuel Fernández


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais



"Os fillos do mar" é unha novela negra escrita por Pedro Feijoo que nos fala dunha historia que lle ocorre a un mediocre arquitecto, chamado Simón Varela, ao ser contratado por unha señora da alta sociedade viguesa e descubrir un cofre pechado.
A partir de aquí comézase a desenrolar a historia. Case simultáneamente, ó descubir Simón o cofre, a señora que o contratara morre e no enterro coñece os fillos da falecida, Xulio e Mariña. Dende este punto o relato comeza a pasar por numerosas personaxes que están relacionadas. Simón reencóntrase con Bruno, un home catalán que coñecera nos seus tempos de estudante. Bruno anda detrás de Xulio, xa que sospeita de que sexa narcotraficante. Posteriormente aparecen personaxes como Jackob e Eneas que se coñeceran xusto antes da 2ª Guerra Mundial, aínda que os seus nomes verdadeiros eran Hugo e Daniel solo que os cambiaran para evitarse problemas. Jackob está algo vinculado con Mariña xa que coñecera ó seu pai cando era máis novo. E Eneas está vinculado con Simón xa que era irmán de León, o avó de Simón.
Como vemos nesta peza todas as personaxes están relacionadas xa sexan familiares, coñecidos ou incluso compañeiros e amigos. O libro presenta distintos tipos de narrador, dende o narrador omnisciente en 3ª persoa ata o narrador en 1ª persoa empregado en Simón e Mariña. Ademais empréganse flashback para contar o que pasou tempo atrás. A historia en si non é moi longa, pero cóntanse feitos de outras épocas.
A verdade e que nunca lera un libro tan longo, sempre fun de libros curtos, pero este enganchoume, aínda que o inicio da historia non me chamase moito a atención, e fíxoseme moi sinxelo de ler. Unha das cousas que máis me sorprendeu foi que o autor empregase un ton humorístico nunha novela negra, pero eso creo que foi un punto a favor. Ainda que creo que é un libro que necesitas ler con calma e non moi rápido xa que moitas veces pérdeste algún detalle importante, polo que recomendo esta peza a aquelas persoas que xa están algo acostumadas a lectura e que lles gustaría ler una boa historia.

09/03/16

Os fillos do mar

 

Comentario de Anxo Gil Figueiras



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 



Este libro gustoume aínda máis que A memoria da choiva. Non me tivo toda a noite en vela, pero case. Aínda que me guste durmir, lendo este libro puiden botar horas ante a soidade e o silencio da noite, querendo saber que pasaba a continuación.
O personaxe de Xulio gustoume moito, porque a pesar de ser narcotraficante e de estar en contacto con Wessler, a el aínda lle importa a súa familia, porque cando se decata de que Wessler e os seus compinches mataron á súa nai el matou aos axudantes, aínda que acabou morto. Para o meu gusto, aínda que ten sentido a morte de Xulio, gustaríame que puidera haber sobrevivido para quedar con Mariña, que é outro personaxe que me gustou moito.
Gústame que introduza o pasado nas súas obras, porque en A memoria da choiva tamén introduciu elementos como o de Rosalía.
Gustaríame que o autor fixese máis libros, porque me encantaron ambos pola súa acción e intriga, e polos seus personaxes, que acaban facendo un oco no teu estante.
A relación entre Simón e Mariña pareceume fermosa, pero gustáronme máis Sofía e Aquiles como parella porque teñen unha relación de amor-odio, que me parece moito
máis entrañable, xa que ao final da historia acaban queréndose a pesar de que ao principio a profesora era unha borde.
O final da historia pareceume moi emocionante, con toda a persecución por aire e o tiroteo entre Xulio e Wessler e os outros axudantes.

08/03/16

Os fillos do mar

 

Comentario de Silvia Bruguera



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 



Esta novela ao comezo pareceume aburrida, cando falaba da vida dun simple arquitecto, Simón. Pero ao seguir leendo apareceron misterios, e istes engancharonme á lectura deste libro.
Os fillos do mar é unha novela de amor e misterio.
O protagonista de toda a historia é Simón Varela.
O libro comeza cando o secretario Ernest Rovira, chama a Simón para encargarlle que arranxase o manancial para a familia Llobet-Dafonte porque tiña moito valor sentimental para dona Isabel Llobet. Simón acepta o traballo e el e o seu compañeiro Carlito comezan a traballar na casa dos Llobet-Dafonte na restauración da fonte. Investigando o por que non flue auga do manancial atoparon unha estraña caixa de madeira, ao anoitecer deciden seguer outro día. A mañá seguinte Ernest anucialles que dona Isabel Llobet está morta, pero que hai uns indicios que demostran que non foi unha morte natural. Este suceso e o desencadeante de novos misterios.
Posúe cinco actos e neles varía continuamente a trama. Todo o libro ten un argumento en sí, pero en cada acto centrase máis nalgún acontecemento, ou nalgún persoaxe.
No primeiro centrase na vida de Simón, explicando un pouco o seu traballo e a súa formación profesional.
No segundo fala de Mariña e da relación que tivo co seu pai ata que morreu, cando soamente tiña 8 anos.
No terceiro acto fala sobre Daniel un neno que intentou axudar a Fausto Wessler e os seus homes a atopar o tesouro afundido do Santo Cristo de Macaraibo.
A cuarta parte trata sobre Eneas Dafonte, pai de Mariña e de Xulio, sobre quen era en realidade.
E a última parte centrase en Troia os negocios familiares de Llobet-Dafonte.
Houbo algún capítulo que me desconcertou debido a que non lle atopei moito sentido, pero ao seguir lendo logrei comprendelo.
Se tivese que escoller un capítulo como o que máis me gustou escollería no cal se narra o afundimento do Santo Cristo de Maracaibo, xa que me gustan moito as historias dos barcos e dos tesouros.
Algúns capítulos que non me agradaron foron no medio do libro; cando o autor fala da herdanza de dona Isabel cara Simón, cando observa que é unha carta cifrada con varios epígrafes resaltados.
Un dos persoaxes imprescindibles sería Ernest o secretario, xa que é o enlace entre a familia Llobet-Dafonte e Simón. Outro persoaxe que non podería faltar ao comezo do libro sería dona Isabel, porque foi a que quixo recuperar o recordo de Eneas Dafonte, o seu defunto marido, volvendo a por en marcha o manancial e prescindindo así dos servicios de Simón.
Gustame a relación que hai entre Mariña, a filla de dona Isabel, e de Simón xa que intentanse axudar mutuamente e o arquitecto intentouna defender ante calquer perigo.
Un persoaxe moi desagradabel é Xulio Ascanio, outro fillo de dona Isabel que según Bruno, un antigo amigo policía de Simón, era a mafia local e estaba metido en todas as leas.
Sen duda o persoaxe que máis me gusta e Simón, polas cualidades que ao longo do libro demostrou; intelixencia, valentía, protexía a Maríña, gran sentido da responsabilidade e sobre todo un bó corazón.
Este libro foi moi interesante e entretido, gustaríame que houbese máis libros coma iste.

07/03/16

Os fillos do mar

 

Comentario de Vanesa Lalín Pousa



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 


Cando vin este libro, que gordo era…!, aínda que tiña un título que me resultou interesante “Os fillos do mar”, pero coma sempre , eu cando leo un título dun libro penso en algo, pero que o poñerme a ler normalmente distanciase do primeiro que amin me veu a cabeza, aquí pasoume o mesmo, aínda que cando rematei o libro deime de conta que o que pasara non estaba tan lexos, xa que puden comprender que en certo modo nesta historia en realidade si había moitas persoas que de certa maneira tiveran que ver moito co mar e todo o que se esconde nos nosos océanos e mares, que moitas veces son historias ou lendas, pero que no fondo eu penso que teñen algo sempre máxico aquí en Galicia, que a min me fan pensar de como serían as cousas na realidade.
Esta novela aínda así a pesar do seu tamaño resultoume moi doada de ler, enganchándome fácil, xa que estaba chea de intriga con moita aventura, co cal asua lectura resultabame moi agradable e entretida, por un lado falaba de cousas como podería ser a batalla de Rande, os nazis…, que dito doutra maneira resultarían aburridas ou como unha clase de historia, pero a maneira que ten o autor de contalas resulta doada e con certo humor, para min, en moitos momentos.
No libro falasenos de moitas cousas diferentes, tan ben nos conta cousas da cidade de Vigo, que para min e unha protagonista da novela, hoxe en día como de un momento a outro nos atopamos ala polo ano 1700, coa batalla de Rande na sua ría, ou na guerra Civil Española ou mesmo no tempo dos nazis, para min este viaxar no tempo foi algo que me gustou moito, xa que nunca sabía onde podería continuar a historia.
Outra cousa que a min o ler me entusiasmaba era que a intriga se manteña ata o final e aquí Pedro Feijoo conseguiuno, xa que por exemplo no caso da morte de Dona Isabel deixabate pensando, ata que por fin podes darte de conta do que pasaba.
Por outro lado esta novela leva envolta en si unha grande historia de amor como foi a de Simón e Mariña, que no medio de tantas cousas quere pasar coma desapercibida, onde non é o importante do libro pero que cando eu estaba lendo decateime que esto tamén me facia ler mais apresa, as veces, para saber o que pasaba con eles, xa que de repente cambioulles a vida dun momento a outro, e sobre todo a Simón que era como calquera de nos pero de repente a sua vida cambiou.
Fixome ver asi que calquera cousa que aínda que non pareza importante pode facer cambiar o rumbo da nosa vida, e que certas situacións ou vivencias nos van deixar marcados .
Como resumo podo dicir que amin este libro me gustou, xa que conta unha historia realista, que lle podería pasar a calquera, e por outro lado a maneira de nos contar como eran os sitios de Vigo, fai achegarte a eles, como se os coñecera, aínda que alguns non os coñezo, pero pensó que cando volva ir a Vigo que me vou fixar nos nomes deses lugares, rúas… xa que deixaron en min moita curiosidade.

22/02/16

Os fillos do mar

Comentario de MAría Rodríguez



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 
 
 
Os fillos do mar de Pedro Feijoo é unha novela de intriga  e con certo toque humorístico.
Cando vin o grosor do libro botoume un pouco para atrás. A min, ao principio non me gustou moito pero segundo o ía lendo e coa aparición de novos personaxes que van contando cada un a súa historia, íame gustándome máis de tal xeito que conseguiu engancharme.
Na visita que nos fixo Pedro Feijoo ao noso centro, non nos desvelou nada deste libro pero deixounos claro que o que pretendía era empregar unha linguaxe sinxela para que o entendésemos mellor. Para min, conseguiuno.
Simón Varela,  un arquitecto, é o protagonista.  Non ten moito traballo, sempre que o chaman é para facer algunha chapuza. Pero un día recibe unha chamada dunha señora de alta sociedade,  Isabel Llobet, para realizar unha reforma nunha fonte no pazo de Canido. Aínda que, sorprendido, Simón acepta a realización das obras.
Isabel morre ao día seguinte dun ataque ao corazón e a partires de aquí empezan os problemas para Simón e para a familia da muller morta.
Os seus fillos, Mariña e Xullo, herdan unha gran fortuna, incluída unha moeda de ouro que, ao querer saber máis sobre ela, van informarse a un anticuario e ao saír, son atracados. Pasados unhos días, Simón é informado de que tamén é un dos herdeiros.
Esta novela está ambientada en Vigo e arredores, como na praia de Samil, a praia de Canido, bares da zona, A Ponte de Rande ... A descrición dos espazos faina tan ben e con tantos detalles que dá a sensación de estar diante daquela paisaxe,  bar ou  praia.
Nesta obra desborda  moita acción, intriga, romance, asasinatos, historia e aventura. É un libro moi sinxelo de ler e remátase rápido, a pesar da súa extensión. Moitas dos feitos que ocorren, non se desvelan ata o final do libro.
Gustoume moito. Recoméndoa.
 

21/02/16

Os fillos do mar

Comentario de David González Sampayo



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 


"Os fillos do mar" é unha libro de novela negra, que me enganchou, intrigou e me divertiu coma ningún outro. Esta novela está chea de emoción e misterios que me mantiveron lendo ata altas horas da noite durante as vacacións do entroido. Nela trátanse temas cheos de acción como o narcotráfico ou os asasinatos. Cando Pedro Feijoo, o autor do libro, veu ao noso instituto a falar do seu libro, dixo que chegara á conclusión de que tiña que sacar unha segunda parte do libro con somníferos. Agora tras ler esta obra, podo confirmar que o autor estaba totalmente acertado e encantaríame que sacara unha segunda parte, aínda que mellorar esta novela xa sexa moi difícil. Nesta obra, o seu autor proporciónalle aínda máis misterio aos asasinatos, do que por si sós eles teñen; o que fai desta obra unha das mellores que lin ata agora. Outro aspecto que me gustou moito do libro é que é moi realista. A pesar da súa longa extensión é un libro moi rápido e sinxelo de ler e para min esta novela foi todo un éxito. Outro aspecto que me gustou moito da novela, foi que a súa linguaxe está chea de retranca. Como ben dixen antes este libro enganchoume de principio a fin pero desde a morte de Isabel, a historia intriga aínda máis ao lector. Sen dúbida recoméndolle este libro a todo mundo, xa que vale para todas as idades e, na miña opinión, esta obra non defraudará a ninguén.

O feito de que o autor relacione o mundo actual co feitos do pasado gústoume moito e, esta evasión no espazo cara a épocas pasadas coma a Batalla de Rande permítenche obter gran información sobre datos históricos de Galicia. Ademais de datos histórcos de Galicia trata temas históricos en Europa, coma o Terceiro Reich, e tamén temas presentes na actualidade europea como é o asunto dos refuxiados.

Por outra parte o autor consegue que o lector non coñeza aos autores dos asasinatos, coma o de Isabel; se chegará a algo a relación, nun principio de amizade, pero que remata cun profundo beso entre Mariña e Simón, en definitiva todos causantes dos diferentes feitos que envolven a historia non se descobren ata o final do libro.

Tamén creo que o autor ten un gran mérito, xa que para escribir un libro coma este, precísase moito tempo, xa que hai que informarse de datos históricos e pensar moito o trancurso da acción.

Para min a parte máis interesante da historia foi o momento no que Mariña e Simón van á Cova do Inferno, onde se decatan de que o tesouro da Batalla de Rande xa non está alí e descobren que Xulio e Otto Wesler os perseguiran ata alí. Tras un tiroteo Mariña e Simón escapan nunha planadora e Xulio e Otto van detrás deles. Esta persecución prodúcese por varias zonas da ría de Vigo e, finalmente os perseguidores baten contra unha batea. Este foi, sen dúbida, a parte máis emocionante da novela, xa que me recordou a unha das miñas series favoritas, "Alerta Cobra".

O final gústoume, xa que é cerrado e, en canto aos personaxes, o meu preferido, foi Simón, xa que me pareceu moi simpático, intelexente e encantáronme eses momentos, nos que di, que cando está Mariña, para el o tempo e todo o que está ao seu redor, detense. O momento do final da historia no que Mariña e Simón se bican, foi moi bonito.

14/02/16

Os fillos do mar

Comentario de Cristina Costela Seara



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 



“Os fillos do mar” de Pedro Feijoo doi un libro que me enganchou dende a primeira páxina que comecei a ler, no único que pensaba era en descubrir se pasaba algo entre Simón e Mariña, que pasaría con Ascanio, quen matou á señora Isabel Llobet… Unha serie de preguntas que só se resolverán ao acabar o libro.
 Esta novela está chea de acción, de misterio, con tintes de novela negra e histórica, unha acción na que non faltarán os narcos e os nazis. Uns narcos entre os que se sospeita de Xulio Ascanio, e uns nazis cuxas carpas chagan ao Burato do Inferno, para recuperar todo o ouro que levaran ata alí os piratas.
Pedro Feijoo mestura moi ben a historia do pasado e o presente de forma que mantén a intriga ata ao final, ademais é unha novela moi recomendable a aqueles que non coñezan nada sobre a Batalla de Rande.
A trama da novela enganchoume ata o final. E o mar, como ben di o título, é unha parte fundamental da novela. A el chegará unha flota de galeóns chamada a Flota de Ouro, co metal prezado procedente de América. A súa carga acabará no fondo da ría de Vigo tras a Batalla de Rande, e a lenda di que baixo as súas augas se atopa soterrada unha gran fortuna.
O desecandeante da acción e da intriga é a morte de Isabel e será a causa pola que Simón Varela, o protagonista, se verá metido nunha serie de acontecementos dos que non poderá saír e grazas a eles poderá descifrar o contido do cofre atopado durante a restauración do estanque.
O protagonista, Simón Varela, tenro e delicioso, "un miñaxoias", conquistoume dende un principio. Porque é un máis, un coma nós: nada ten de heroe nin de valente; sente, padece, e ama.
É un libro fácil de ler, que está cheo de ironía e retranca.