ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/12/16

O neno do pixama de raias

Comentario de Noa Presas González

 
O neno do pixama a raias
Jhon Boyne

Faktoría K
 
 
 
Esta novela móstramos a dura realidad que se sufriu durante o holocausto nazi.


Suave en aparencia, pero moi duro por dentro, mostra a crúa realidade dun campo de concentración nazi, pero sen esquecer que o foi dende o punto de vista dun neno, que xoga a ser explorador e para quen a guerra é unha aventura sen malicia. Neste universo infantil onde este neno, Bruno, non entende por que unhos homes con pixama son considerados lixo, por que seu pai e súa nai discuten e por que a súa avoa non os visita, ou por que un home que pela patacas lle fai as curas na ferida.
Na súa curiosidade por esta xente con pixama achégase á alambrada, e forma una amizade cun neno chamado Shmuel, deseguida lévanse xenial, cando Bruno non entende  os pensamentos excluíntes que caen no odio ao diferente.

A novela pareceume conmovedora e educativa, onde a inocencia dos nenos supera o odio e nos ensina en humanidade e nos foi ver a dura situación do holocausto; sen dúbida recoméndoa  a todos os públicos xa que os lectores máis vellos verán máis alá e servirá para reflexionar sobre o a dureza das situacións que o home provoca.

 

10/12/16

Todos somos

Comentario de Lara Verde Iglesias


Todo somos
Marcos Calveiro
Xerais





Gustoume moito este libro debido a que nel se narra unha situación moi inxusta , pero que pasa actualmente , a desaparición das adolescentes,  neste caso a desaparición de Natalia.
Este relato ensinoume como toda unha cidade pode cambiar ante un suceso.  E móstranse dúas caras da traxedia:  o pouco respecto que teñen os periodistas nestes casos onde só lles interesa ganar audiencia.  Por outra parte temos os pais dos rapaces que viven nesa cidade, que cambian a súa forma de ser,  o seu carácter será moito máis  protector.  E vemos tamén como unha cidade , en casos como estes , únese .
O que máis resaltaría neste libo é que me encantou como a axente policial Lina Souto ten unha gran afinidade con Antón, debido a que se parecía moito a un alumno seu que fora asasinado nunha excursión.
Esta novela está moi ben escrita, xa que produce intriga e ganas de seguir lendo ata o final. Non  temos un final feliz polo que produce lágrimas no lector (no meu caso) pero eu penso que o autor quería mostrar unha realidade e a maioría das desaparicións teñen un final tráxico.

09/12/16

O enigma de Caronte

Comentario de Roberto Agra



O enigma de Caronte
Carlos Vila Sexto
Galaxia




Como me gustan os libros de misterio, dá gusto ler un bo libro deste xénero e sentir como o suspense se vai  impoñendo en cada xiro da novela, en cada punto crucial da mesma. Ler este libro foi un auténtico pracer, aínda que ao principio non me engachase.
A historia comeza cando un mozo está a escapar duns misteriosos homes, o mozo remata por tirarse ao mar e morrer. Logo diso os seus amigos empezan a sospeitar que a súa morte non foi un accidente senón un asasinato.
Os personaxes van evolucionando ao longo da novela, cada un co seu propio problema persoal, o cal vai desenvolvéndose en paralelo coa historia principal. Se tivese que escoller ao personaxe máis misterioso e sorprendente de todos, escollería sen dubidalo a Souto.
A novela xoga moito coa alternancia de historias, cortando a historia principal nun punto crucial para proseguir con ela máis tarde e centrarse nese momento na historia do estaleiro do pai dun dos protagonistas. Esta alternancia fai que busques seguir lendo para enterarte de que pasa logo na historia principal.
Como valoración final, teño que recoñecer que ao principio o libro non rematou de engancharme pero conforme fun lendo dinme conta de que o libro é un dos mellores que lin.

08/12/16

Marta ante o espello

Comentario de Marcos Quintana Cuñarro


Marta ante o espello
Teresa Calo Fontán
Xerais




Elixín perfectamente o libro para ler, xa que é en tan poucas páxinas narra o que ocorre cunha enfremidade tan grave como pode ser a anorexia ou a bulimia.
Neste libro,  a autora Teresa Calo Fontán, ábrenos os ollos aos lectores do efecto que a anorexia ou a bulimia pode causar nunha persoa ou lle pode afectar aos  familirares cercanos, pais…
Isto é o que lle ocorre a Marta, que é unha moza de dezasete anos e sofre anorexia. Marta faleceu por mor desta enfermidade, e tras a súa morte ela fai unha reflexión moi profunda sobre o que fixo no seu pasado,  ela lémbrase dos miles de prantos que ten botado súa nai polo mal que se estaba a facer a si mesma. 
Sorprendeume a imaxe da portada do libro, é certo o que di meu pai que “unha imaxe vale máis ca mil palabras”pois só esa imaxe estanos a dicir unha morea de cousas.
Na miña opinión, é un libro con  finalidade didáctica e tamen un libro ambientado cara aos adolescentes para intentar conciencialos dos estragos  que causa esta enfermidade no noso corpo, podería ser un pouco máis longo xa que o tema da anorexia é moi importante.
Recoméndovos mercalo se queredes facer unha reflexión sobre as persoas que sofren anorexia, ou tamén que por culpa da sociedade de hoxe en día, que lle asina alcumes ás persoas por ter distinta condición física cá dos demais, acaban por volverse anoréxicos. Unha simple broma a un amig@ utilizando a palabra gord@,pode rematar cun final moi tráxico.
 

07/12/16

O neno do pixama a raias

Comentario de Noa Villar Gallego


O neno do pixama a raias
Jhon Boyne
Faktoría K


Esta novela trasládanos á época nazi para facernos reflexionar sobre o holocausto dende o punto de vista de Bruno, un rapaz de nove anos fillo dun alto cargo das SS que deixa a súa cómoda vida en Berlín para servir en Auschwitz. Bruno enseguida comeza a sentir curiosidade pola xente que pode ver dende a fiestra da súa nova habitación, levan todos un “pixamas de raias” que el nunca antes vira. A curiosidade  que sente fai que se decida  a achercarse ao lugar onde está toda esa xente  estraña e que, separados por un valado, se faga amigo de Shmuel, un rapaz xudeu da súa mesma idade.
A historia é interesante, trasládate a outra época e faiche vivir algo tan terrible como o é un holocausto. É unha lectura case perfecta pero non podo deixar pasar por alto algúns detalles que me descolocaron un pouco, por exemplo o feito de que Bruno, con 9 anos, vivira nunha total ignorancia en canto a todo o que pasaba ao seu arredor. Un rapaz da súa idade, por moi enganado que o teñan, sempre vai tentar descubrir e preguntar sobre todas aquelas cousas que o rodean. Ou o feito de que el e Shmuel se fixeran amigos estando un a cada lado da cerca, e que incluso puideran pasar por debaixo dela; nun lugar coma o que estaban todo tería que estar un pouco máis vixiado ou polo menos a cerca electrificada. Aínda que tamén é certo que se ese pequeno detalle non se obviara o argumento da novela non se podería desenvolver dese xeito.
Recomendaría esta novela para un día tranquilo no que non che apeteza unha novela cun argumento moi denso. Non é un mal libro, pero si que é un pouco previsible.