Comentario de Roberto Agra
O enigma de Caronte
Carlos Vila Sexto
Galaxia
Como me gustan os libros de misterio, dá gusto
ler un bo libro deste xénero e sentir como o suspense se vai impoñendo en cada xiro da novela, en cada
punto crucial da mesma. Ler este libro foi un auténtico pracer, aínda que ao
principio non me engachase.
A historia comeza cando un mozo está a escapar
duns misteriosos homes, o mozo remata por tirarse ao mar e morrer. Logo diso os
seus amigos empezan a sospeitar que a súa morte non foi un accidente senón un
asasinato.
Os personaxes van evolucionando ao longo da
novela, cada un co seu propio problema persoal, o cal vai desenvolvéndose en
paralelo coa historia principal. Se tivese que escoller ao personaxe máis
misterioso e sorprendente de todos, escollería sen dubidalo a Souto.
A novela xoga moito coa alternancia de
historias, cortando a historia principal nun punto crucial para proseguir con
ela máis tarde e centrarse nese momento na historia do estaleiro do pai dun
dos protagonistas. Esta alternancia fai que busques seguir lendo para enterarte
de que pasa logo na historia principal.
Como valoración final, teño que recoñecer que
ao principio o libro non rematou de engancharme pero conforme fun lendo dinme
conta de que o libro é un dos mellores que lin.
Sen comentarios
Publicar un comentario