ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

28/02/14

As voces baixas

Comentario de Lucía García Rodríguez


As voces baixas
Manuel Rivas
Xerais




"As voces baixas é un libro precioso" foi a frase que me fixo coller este libro e comezar a ler.
Non sei se foi a maneira na que está relatado coas palabras que descoñecía ou os cambios de tempo como estar contando unha historia da infancia e pasar a outra doutro ano, pero non me quedei con moitas cousas. Unha das cousas que máis me gustou foron as fotos que ían aparecendo ao longo das páxinas.
O libro conta un pouco a vida do autor, Manuel Rivas. As anécdotas do ambiente rural no que medrou. Lendo o libro pódese apreciar a diferente infancia. Algúns dos nenos de hoxe medran con maquiniñas ao seu redor e todo tipo de cousas, e non por iso son máis felices. Perden esa época de xogar e brincar, e unha das miñas cousas preferidas: inventar os propios xogos. Isto refléxase moi ben no libro. Pareceume que estaba moi unido á súa irmá María. Estes capítulos son os que máis me gustaron.
Tamén fala algo da vida adulta, pero esa parte non me gustou moito.
É curioso ler a biografía de alguén novo, pois aínda lle quedan moitas cousas por vivir.
Este é o segundo libro de Manuel Rivas que leo, pero tampouco me enganchou. Para comprendelo mellor tería que volver lelo.

27/02/14

Servicio de urxencias

Comentario de Alba Iglesias López


Servicio de urxencias
Suso de Toro

Xerais
 
 
 
O autor deste libro cóntanos en quince minicomedias as aventuras que lle pasaban cada día nos seus turnos de garda a Chus Nespereira que é a doutora, Encarna Silva a enfermeira, Paulino Pereiro o doutor, Cipriano Vilariño o celador e Dapena o xefe de Servizo de Urxencias que son os principais personaxes. Aínda que non estou acostumada a ler os libros de teatro, este foi o que máis me gustou de todos, xa que me resultou fácil de ler e porque nalgúns capítulos fíxome rir coas situacións que estaban a acontecer no hospital como por exemplo cando Paulino intenta ligar coa enfermeira Encarna porque quere encontrar moza, ou mesmo que confunden as operacións dos pacientes, as cousas que lle di Chus a Firuco por estar con todas as mestras do instituto no que traballa el, etc. É un libro de humor para ir superando todas as cousas que nos pasan na vida. Recoméndollo a todos os lectores e tamén os que din que non lles gusta o teatro porque seguro que se van rir e que lles vai gustar.
 

26/02/14

Que me queres, Amor?

Comentario de Uxía Mosquera



Que me queres, Amor?
Manuel Rivas
Galaxia



Este non foi dos mellores libros que lin, ao ler o título imaxineime un conto cheo de amor pero non foi así, o libro estaba separado en relatos e en cada un contaba unha historia diferente. A lingua de Manuel Rivas é simple de ler, clara, con palabras da vida rutinaria, todos os relatos que conta puideron suceder en realidade, ou aínda poden suceder na vida de calquera persoa. Uns dos relatos que máis me gustaron foron o de: "Que me queres amor?", "A lingua das bolboretas" e "Só por aí". Ao estar separado en relatos o libro non me enganchou debido a que non todos me gustaron, algúns parecéronme completamente aburridos, ao mellor se o autor desenvolvese máis os relatos que comentei anteS que me gustaban, pois así seguro que sería un libro excelente baixo os meus gustos.

25/02/14

Todo ben

Comentario de Helena Pereiras Villamayor



Todo ben
Manuel Rivas
Xerais
 
 
Sendo sinceros, este libro non me gustou nada e resultoume moi difícil de ler xa que a medida que ía pasando as páxinas, íame enterando cada vez menos de que falaba.  
Quizais porque o tema do fútbol non me atrae demasiado ou simplemente pola maneira na que está escrito, que fixo que non lle prestase toda a atención para entendelo.
Tamén cabe destacar o exceso de personaxes que van aparecendo ao longo do libro que, na miña opinión, son excesivos e complican aínda máis a comprensión da historia.
Na miña opinión non é un libro nada interesante nin divertido, senón aburrido e moi difícil.
 

24/02/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Anán Ares González


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais


É un libro que me gustou moito dado que é, como o libro di, unha comedia de medo. Obra teatral, cun número de personaxes aceptable, e que unha vez o empezas a ler non podes parar. A min , persoalmente , encantoume o final no que, practicamente todos os personaxes (Pololo , Adela , Puri , Foncho e Rosiña (a sobriña) , se queren matar entre si dalgunha maneira desapercibida. 
Aínda que me pareceu inxusto que morreran... é moi bo libro, moi recomendable: póñolle un 10 por non poñer un 11!!!