ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/04/16

Masculino singular

Comentario de Vanesa Lalín Pousa



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais
 
 
“Masculino Singular” , un libro que me deixou con ganas de seguir lendo , pero non era posible , xa o rematara . Foi tan rápido lelo , que como soemos decir “nun abrir e cerrar de ollos” xa o tiña lido .
Pasoume con él algo inesperado , volvín lelo case todo de segunda , non porque non o entendera , todo o contrario , xa que no fondo era moi sinxelo , todos os poema tratan do mesmo indo dende o machismo ata o feminismo .
Este non foi para min o típico libro de poesía , os cales as veces non me gustan moito , pero aquí cada poema tiña unha forma diferente , se un me parecía orixinal o seguinte ainda era máis , onde o único que os unía era o tema en común que tiñan todos . Eran temas moi reais e que están moi próximos na nosa sociedade , como pode ser a violencia de xénero , as diferenzas , que a sociedade fai entre homes e mulleres , chegándose a crear para min roles que xa están coma preconcebidos , onde cada un é como se tivésemos un papel que facer na nosa vida non podendo cambiar , xa que eso sería o que nos toca facer por ser o home ou muller .
Pero para Carlos Negro esto non é así , eu estou moi dacordo con el , xa que para poder crear unha sociedade boa temos que empezar por admitir e respetar as diferenzas que existen entre as persoas e todo o que nos rodea . Pero esto é moi difícil conseguilo , eu penso que se tivésemos obras similares a esta fariannos polo menos pensar algo diferente .
Todos os poemas gustáronme moito , resúltame difícil elixir un , se o tivera que facer quedaríame co de Baldosas , a súa forma resultoume moi atractiva e orixinal , xunto co seu contido que é dunha muller , para min maltratada polo seu marido , que eu imaxinei que estaría como encerrada entre “catro paredes”, das cales lle resultaría moi difícil saír .
Este libro a pesar de ser tan curto deixou unha gran pegada en min.
 

29/04/16

Masculino singular

Comentario de Andrea García Méndez


Masculino singular
Carlos Negro
Xerais



Este é un libro de poesía curta, pero cun gran contido sobre o machismo e a violencia de xénero.
Nos poemas destas páxinas relátanse diversos poemas pero todos eles teñen en común unha cousa: expresar a violencia de xénero en simples cousas da vida cotiá, por exemplo a cor da roupa, os xoguetes e os seus accesorios, os tratos de homes  á mulleres, a obxectualización da muller no pasado e aínda agora, e por último o valor que se lle atribúe a un ser vivo que fixo que a humanidade estivera viva aínda agora, o ser vivo é a muller. Porque elas pensan, senten, sofren, namóranse moitas veces de quen non deben pero o máis importante é que viven.
Entre tantos poemas houbo un que foi o que máis me chamou a atención e foi este:
1.   Os nenos non choran as nenas non pegan
os padriños dan puros as madriñas dan bicos
os vampiros asustan as vampiresas seducen
os tigres dan medo as tigresas dan sexo
os vellos son verdes as vellas bruxas
os caixeiros dan cartos as caixeiras dan bolsas
os pais fan a patria as nais fan a cama
os soldados a guerra o amor a soldadeira
o mozo o coche a moza o escote
os poetas as musas as poetisas as flores
morfema o masculino o estigma o feminino.

Neste poema demóstranse os prexuízos e as distincións dos homes fronte as mulleres, como se ve que a muller é un simple obxecto e non aspira a máis que a facer a cama, cando en realidade moitas veces fan moito máis que os homes.
Este libro reflicte bastante ben a súa temática, é claro, fácil de ler e curto. Algo que tamén me chamou a atención foi a quen dedicou o libro o autor, a un home, a seu tío.
Por sorte para min miña nai foi a única encargada en aprenderme uns principios e telos claros, as nais en moitas ocasións fan de nai, pai e incluso de avós, vese aí a forza de superación das mulleres. 

28/04/16

Masculino singular

Comentario de Silvia Bruguera



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais
 
 
 
Este libro de poesía fai unha crítica a certos aspectos da nosa sociedade; como son; os roles asignados a cada xénero, o machismo, o uso de palabras despectivas e a violencia.
Carlos Negro divide o seu libro en varios capítulos; dándolle a cada un deles un nome que se pode atrubuir a aspectos da vida cotiá; os títulos non nos dan a coñecer o tema principal de cada capítulo.
Houbo varios poemas que me agradaron moito polo que querían expresar e tamén polo xeito de representalo.
No primeiro capítulo, atopamos un único poema, no cal fala de como se denomina el mesmo e fai unha propia pequena descripción moral. Móstranos que non é ningún príncipe, que non usa palabras despectivas contra os homosexuais, nin ten moitas dotes físicas como os homes deberían ter; ensina que non segue os roles do seu sexo, pero que por iso non deixa de ser menos home.
"Just for men" gustoume moito; porque a base das preguntas qu expón podeste facer unha idea de como pode ser a persoa a cal lle estas preguntando e tamén porque hai preguntas deste poema, que mas replantexei eu nalgún momento, así como pode ser" tes o que hai que ter?"
En "pinturas rupestres"; o seu poema non me agradou porque non o comprendín moi ben e as palabras coas que se redactou parecenme pouco usadas nos libros de poesía e que non quedan ben expostas.
O poema titulado "o muro" pareceume o máis representativo é directo na crítica dos roles asociados a cada xénero. Este é o poema que mellor mostra como en teoría teñen que actuar os dous sexos.
"Cardernos rubio" é un poema no que se nos pretende ensinar o que é ser bo pai, a base dos propios cadernos rubio; os cales usamos nunha etapa crucial da nosa vida para aprender a escribir correctamente. Estes cadernos ensinaban a mellorar a ortografía e o autor aproveitounos para ensinar como debe ser un bo home.
"A cólera de aquiles" non puiden chegar a comprender a relación entre o proceso da lavadora e aquiles. Entendín que as tarefas como lavar atribuense as mulleres, pero non entendo que ten que ver co narrado anteriormente.
Neste libro hai certos poemas con nomes de películas moi coñecidos "X-men", "Toy Store", "Batman y Robin" que me chamaron a atención. Pareceume complexo relacionar o tema principal do libro cos títulos e cos contidos de películas totalmente diferentes e con outra tese.
Pareceme que co último poema de todo o libro "Saída de emerxencia" queda perfecto para finalizar ben o libro. Fai como un pequeno comentario do que logrou realizar con este poemario.
En resumo este libro; deume moito que reflexionar aínda que anteriormente xa tiña conciencia deste tema pero non o reflexionara. Este libro lese en hora e media pero pese a súa brevidade e os seus poemas curtos expresa os sentimentos moi profundamente. Mostra o sufrimento das mulleres que son maltratadas e tamén ensina todas as accións que se lle atribuen aos homes ou as mulleres, e que non deixan de ser menos masculinos ou femeninos soamente porque non sigan eses roles.

27/04/16

Masculino singular

Comentario de Xosé Manuel Fernández



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais
 
 
"Masculino singular" o libro escrito por Carlos Negro é unha obra constituída por numeros poemas que tratan temas como o machismo, o feminismo e os diferentes estereotipos que hoxe en día predominan na sociedade.
Creo que esta foi unha das pezas que máis me gustou xa que o autor consegue que entendas todo o que intenta transmitir dunha forma moi sinxela. Trata problemas tan graves como o machismo e os estereotipos que se lle aplican as mulleres e aos homes dunha forma moi fácil. Unha das cousas que máis me gustou é a cantidade de recursos que o escritor emprega como as metáforas ou os caligramas, entre outros. Se tivese que destacar algún dos poemas ou composicións serían "Técnicas de afeitado", "Toy story 1" e "Toy story 2". A primeira porque me gusta como o autor emprega unha acción tan sinxela como o afeitado, que soemos realizar os homes, para definir a situación da muller ante o sexo masculino. Sobre todo quédome ca estrofa "Unha poética de dobre folla: suave e apurada por fóra, pero cun gume cortante por dentro". Do segundo e do terceiro poema atreveríame a dicir que son os que máis me gustaron do libro. Sen dúbida unha das cousas que máis detesto son os estereotipos que se nos aplican dende que somos nenos, comenzando pola nosa vestimenta e pasando pola nosa forma de actuar dependendo de se somos homes ou mulleres. En "Toy story 1" móstrasenos como un rapaz, ao que lle regalaron un tractor cun granxeiro, comézase a preguntar por qué as bonecas con trenzas nos conducen tractores. No poema de "Toy story 2" plantéasenos unha situación bastante similar á do poema anterior, pero neste caso dende a vista dunha rapaza á que lle regalaron unha boneca con saia e vestimenta rosa, que se comeza a preguntar por qué os granxeiros con bigote nunca visten desa cor.
Para rematar dicir que foi unha das obras que máis me gustou ao longo do curso, grazas a súa sinxeleza e á capacidade que ten para transmitir unha mensaxe tan importante como é a violencia de xénero na sociedade actual, e os numeros estereotipos que se nos aplican e que moitas veces dan lugar a esas situacións. Recomendo esta peza a todos os sectores da sociedade para que se den conta do importante que está a ser a loita contra problemas tan graves como a violencia de xénero.
 

26/04/16

Masculino singular

Comentario de Carla González Silva



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais
  


Masculino Singular do noso autor Carlos Negro debo dicir que me pareceu fascinante. Nunca imaxinei que através de algo tan fermoso como é a poesía se puidese reflexar o tema da violencia de xénero e o feminismo do xeito en que o fai o escritor.
Nesta ocasión Carlos Negro penso que pretende rachar coas ideoloxías que ten a sociedade á hora de definir home e muller e iso non é tan sinxelo.
Destacaría dous poemas que me gustaron moito que foron os de `` Toy Story´´ porque nos amosan unha boa reflexión referente aos estereotipos que se nos amosan na sociedade. O porqué as bonecas non poden conducir tractores e porque os granxeiros non visten nunca de rosa
Pareceume un libro moi sinxelo de ler e ao mesmo tempo entretido.
Gustaríame que todo o mundo que puidese, lera este libro porque é realmente bo e unha vez que rematas de lelo penso que moitas persoas pensarían de xeito distinto.

Todo OK

Comentario de Francisco Rodríguez



Todo OK
Diego Ameixeiras
Xerais



Este xa é o terceiro libro que leo do autor Diego Ameixeiras, e a verdade é que segue a conseguir algo que poucos autores son quenes de producir en min, ese algo son esas gañas de introducirme nas novas estancias do mundo que este autor vai creando cos seus libros. Esta vez foi Todo Ok a estancia na que me introducín; esta novela negra era xa bastante famosa entre os meus compañeiros e debo dicir que a maioría animáranme a lanzarme cara esta trama e en verdade debo agraderlle ese ánimo que me deron xa que este libro no seu conxunto agradoume moito por ter todas as cousas que busco nun libro de novela negra coma este: moitísima acción, unha trama que desenvolva un tema atractivo, certos pequenos chiscos de humor que sempre fan ben....
Gustoume moito a idea de que todo o libro, todos os personaxes e case todas as accións xiran entorno a un personaxe principal, entorno a unha muller narcotraficante, Inés Lavandeira. Á súa vez puiden percibir que todos os personaxes forman unha especie de cadea que o lector vai entrelazando a medida que se sumerxe no libro, por exemplo: o inspector Gutierrez era a persona á que a protagonista Inés lle contaba todos os trapos sucios dos que se enteraba para librarse da carcel, á súa vez Inés era a compañeira de tráfico de drogas de Xairo, que ó final é pillado cando estaba xusto a piques de escapar, logo a estes personaxes os seguen outros, tamén entrelazados, como o Sarxento Cabanas, Maria, a moza de Xairo, ou Maseda, o dono do bar onde trasncurren varias accións do libro; desta forma todos eles forman unha cadea que axuda á lectura xa que fai exercitar a imaxinación, facendoa pensar en cal será a relación que entrelace un novo personaxe que Diego introduce no libro con todos os anteriores.
Outra cousa que debo destacar é o gran detallismo nas descricións que podese apreciar neste libro, este é un rasgo que xa vira nos dous libros que lera deste autor e a verdade é que me perece que non é algo nada doado de plasmar xa que tes que expresar os detalles o xusto para que o lector se vexa a el mesmo na escena pero tamén o xusto para non desesperar ó lector e non facerlle aburrida a lectura, e creo que de momento Diego consigueuno nos tres libros.
Se lle tivera que poñer algunha pega a este libro é que hai tramos da novela que, persoalmente, creo que hai demasiada lentitude na acción, detalle que pode vir dado por un excesivo diálogo, e que, nun libro de novela negra coma este onde desborda a acción por todas partes, penso que debería haber menos, aínda que algún é necesario, momentos de "stop", para que o lector despexe un pouco a mente, pero non demasiado para non sairse da trama, antes de volverse meter noutra maratón de acción que lle require un gran esforzo ao maxín.
En definitiva un libro ó que non lle poría nada, o único que faría sería quitarlle uns poucos paróns de tanta acción porque as veces, en partes moi determinadas, pareceume que non estaba lendo un verdadeiro libro de novela negra, pero se tivera que valorar o conxunto do libro a verdade é que aprobaría e cunha notaza polo que o volvería a ler sen ningún problema.
 

25/04/16

Masculino singular

Comentario de Cristina Costela Seara



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais
 
 
 
Masculino Singular de Carlos Negro é un libro de poesía moi sinxelo de ler e moi entretido, xa que os poemas son moi diferentes entre si, hai caligramas, poemas escritos en prosa…Todos os poemas teñen temas comúns, moi presentes na sociedade, como o machismo, o feminismo e denuncia moitos estereotipos de xénero que nacen co bebé, como que “as nenas visten de rosa e os nenos de azul”, “os nenos xogan con tractores e as nenas con bonecas”.
Neste libro, Carlos Negro fai unha crítica do que está a pasar, mulleres asasinadas polas súas parellas e a cantidade de machismo que existe.
A voz poética é unha voz masculina que se declara feminista e fala dunha igualdade entre homes e mulleres.
Os poemas que máis me gustaron foron Baldosas, Toy Story e Anatomía Semántica.
Baldosas foi un poema que pola súa forma xa me chamou a atención e despois de lelo souben porqué Carlos Negro o fixo así. Este poema conta como unha muller vive co seu marido machista e mentras ela frega el está sentado no sofá vendo o fútbol. Ao final do poema deducín que el a maltrata xa que se nombran as palabras “sangue e bágoas”.
Toy Story é un poema que crítica os estereotipos. Neste poema regálanlle a un neno un tractor cun granxeiro e o neno pregúntase porque as bonecas poden non poden conducir os tractores.
Por útlimo, Anatomía Semántica, este poema trata dunha muller sumisa e maltratada que finalmente se rebela.
Oxalá libros coma estes nos fagan reflexionar e sirvan para solucionar estas situacións e non haxa tanto machismo.

Morning Star


Comentario de Vanesa Lalín Pousa

 
 
Morning Star
Xosé Miranda
Xerais 


Morning Star foi un libro que lin moi pronto , ainda que nun principio era un pouco monótono , sen moita acción , pero pouco a pouco foi pasando a ser unha historia repleta de emoción onde todo estaba cheo de tiros, persecucións , coiteladas , mesturadas co amor e u odio a vez .
O protagonista principal é Lourenzo , un rapaz , que podería ser calquera de nos , ainda que debido a época que lle tocou vivir non sabía ler e tiña que traballar cos seus pais , pero por circunstancias pasadas da vida do seu pai e dun amigo deste que chegou de repente , a súa cambiou por completo . Acontecementos como a morte da súa nai fixeron que pouco a pouco fose cometendo erros que o levaron a situacións moi complicadas e arriscadas , poñendo a súa vida en perigo . Pero a pesar deso Lourenzo era valente e o amor cambiouno para ben .
Outra cousa que me gustou moito no libro é cando fala de lugares de Galicia , xa que esta obra desenvólvese nela , sobre todo en Pontevedra , pero nombra moitos máis lugares , que as veces é como se me transportara a eles a historia .
O longo da obra había moita intriga levándome a un final que non esperaba que fose tan claro , onde o comprendín , que non todos os persoaxes e todas as historias do libro eran reais , senón que algunha era inventada , pero sempre con esa creenza galega que temos a cerca dos tesouros .
Por outro lado fíxome ver como era outra parte da sociedade galega , onde a vida da xente debido os conflictos , bandoleiros….. pode cambiar , xa que había persoas que eu pensó que para poder saír da pobreza na que vivían recorrían a delincuencia como era o caso dos bandoleiros .
Como resume , o final do libro onde Lourenzo e Helena poideran ser felices gustoume moito e comprendín de onde saiu o título do libro “Morning star”

24/04/16

Masculino singular

Comentario de Paula Vázquez



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais
 
 
 
Este libro resultoume fascinante, xa non porque me guste ler poesía, porque axúdame a que ver as cousas doutro xeito e a entender a lectura dende outros campos de visión. Pero Carlos fai da lectura moito máis doada, tiven a oportunidade de coñecelo hai tempo coas clases dos relatos do concurso Coca-Cola e pareceume un gran escritor así coma poeta, xa non polos exercicios que che platea para que entendas os poemas e che gusten, se non pola súa forma de relatar a realidade a través dos seus poemas. E iso foi o que me aconteceu con este libro, xa que todo o que nel conta, parece mentira pero está moi presente na vida real, a súa sinxeleza con que nolo transmite a través dos xogos de palabras, fai que te decates de que todo iso é real, e moitos dos versos dos seus poemas encantáronme, xa que me fan ver a vida doutro xeito, coma este: "Sinto o útero e non son muller, gústame o rosa e non son gai, amo o fútbol e non son un home, levo pendente e non son moza, odio as bonecas e non son nena, son feliz se me admites diferente". Iste é un dos poemas que máis me gustou do seu libro, así coma moitos outros, polo que estou desexando ler máis libros del e recoméndollo aos meus compañiros para que vexan como reflicte os problemas de hoxe en día nos seus marabillosos poemas.

23/04/16

Un amante fantasma

Comentario de Silvia Bruguera


Un amante fantasma 
Vernon Lee
Hugin e Munin



Esta novela curta comeza falando do bosquexo que fixo un pintor e que non logrou rematar pola complicación daquel cadro.
Para contar a súa historia ten que remontar ao día en que lle encomendan retratar a Alice Oke e o seu marido William Oke. Para este traballo o artista tívose que trasladar a casa dos Okehurst. Unha vez instalado alí, o pintor comeza a estudar psicoloxicamente a Alice, porque lle parece unha muller dificil de retratar.
Alice é caracterizada por ser unha muller exótica, cunha gran elegancia e pola súa perversidade; non lle dá moita importancia ao seu marido ou as súas visitas que recibe na súa casa; o único polo que mostra interese é unha lenda dos seus antepasados.
O marido de Alice, William paréceme un personaxe que quere profundamente a súa esposa, pese que saiba que ela nunca o quixo. Sospeita de que a súa esposa estea con outro home, pero non a culpa a ela, culpa ao seu suposto amante, soamente desexa o benestar da súa muller. Tamén é moi forte psicoloxicamente xa que atura todos os comentarios que fai Alice para facerlle tolear co fantasma de Lovelock.
O meu persoaxe favorito sen dúbida é Alice; xa que é unha muller moi misteriosa que ao longo da novela dános a coñecer novos rasgos do seu carácter.
Pese que a historia sexa contada polo pintor, penso que vai enfocada a Alice e a lenda que coñece dos seus antepasados.
O narrador non revela moitos datos sobre el mesmo, narra o que sucede e dá a súa opinión do que ve reflexado na casa, e fala do comportamento que adoita ter a parella entre sí. Pero en ningún momento da historia nos aporta datos sobre a súa vida persoal, salvo que é pintor e ise dato é o que dá pe a historia.
Unha das partes que me gustou foi cando chegan os familiares dos Oke a Okehurst, e un deles propón disfrazarse coas vestimentas das antigas xeracións que tiñan gardados nun cobertizo. Cada un escolle un traxe e Alice vístese coa roupa de montar da súa atepasada deixando así aos seus invitados abraiados.
Se tivese que escoller a miña parte favorita do libro; sería cando Alice decide ir a montar a cabalo e lle ofrece ao pintor que vaia con ela; pasan toda a tarde cavalgando a gran velocidade ata chegar ao campo onde mataron a Lovelock, alí é cando lle acaba de narrar a historia da súa morte.
Ademáis de haber partes que me agradaron tamén houbo algunhas que non o foron tanto; como no comezo do libro; xa que ao meu parecer a historia desenvolveuse moi lentamente.
Outra parte do libro que non me gustou foi no final do libro cando narra o comportamento de Alice que intenta sacar de sí ao seu marido, facendo comentarios con respecto aos seus antepasados sabendo que non lle agrada ese tema de conversación.
Na descripción da mansión chamoume a atención unha estancia; a sala amarela, na que ningún familiar dos Oke estivo só naquela habitación polo temor de que aparecese o fantasma de Lovelock.
En resumo este libro dá a entender que Alice estivo namorada dun fantasma, que seguía rondando a súa casa, e que por iso non estaba pendente do que sucedía aos seus arredores. Estaba metida nos seus pensamentos con Christopher.

22/04/16

Masculino singular

Comentario de Daniel Gavieiro



Masculino singular
Carlos Negro
Xerais
 
 
 
Este foi o primeiro libro que lin de Carlos Negro é a verdade e que foi un libro que me entretivo máis do que esperaba. “Masculino singular” é un libro perfecto para as persoas que queiran saber máis sobre a lírica.
Fixeime tamén que os poemas non son os poemas típicos e iguais, é dicir, ca mesma métrica, rima... senón que é un libro no que cada poema ten unha estética diferente e única.
Neste libro Carlos Negro rompe os roles entre as mulleres e os homes, como por exemplo  de que os homes teñen que ser educados dunha maneira e as mulleres doutra, que os homes non choran, que as mulleres teñen que estar na casa e coidar dos seus maridos, etc. E para romper estes roles fai todos estes poemas nos que critica sutilmente a violencia de xénero e ao machismo, e dicíndolle a xente que el é feminista, que é como deberiamos ser todos na actualidade e non permitir que máis mulleres morran a mans dos seus homes.