Este foi o
primeiro libro que lin de Carlos Negro é a verdade e que foi un libro que me
entretivo máis do que esperaba. “Masculino singular” é un libro perfecto para
as persoas que queiran saber máis sobre a lírica.
Fixeime
tamén que os poemas non son os poemas típicos e iguais, é dicir, ca mesma
métrica, rima... senón que é un libro no que cada poema ten unha estética
diferente e única.
Neste libro
Carlos Negro rompe os roles entre as mulleres e os homes, como por exemplo de que os homes teñen que ser educados dunha
maneira e as mulleres doutra, que os homes non choran, que as mulleres teñen
que estar na casa e coidar dos seus maridos, etc. E para romper estes roles fai
todos estes poemas nos que critica sutilmente a violencia de xénero e ao
machismo, e dicíndolle a xente que el é feminista, que é como deberiamos ser
todos na actualidade e non permitir que máis mulleres morran a mans dos seus
homes.
Sen comentarios
Publicar un comentario