ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Fútbol. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fútbol. Amosar todas as publicacións

26/03/14

Todo ben

Comentario de Carla Filloy



Todo ben

Manuel Rivas
Xerais
 
 
Este libro de Manuel Rivas non me gustou moito e resultoume pouco doado de ler, prolongándose isto a medida que avanzaba a trama, quizais pola abundancia de personaxes e lugares que ían aparecendo.
Respecto aos temas atópase por un bando o periodismo, que é unha profesión que me atrae moítisimo e á que me encantaría adicarme, e polo outro o fútbol, que pola contra non me chama nada.
En xeral non me pareceu interesante e non o recomendaría.
 

22/03/14

Todo ben

Comentario de Andrés Salgueiro



Todo ben
Manuel Rivas
Xerais
 
 
Este libro de Manuel Rivas gustoume bastante, aínda que non lle comprendía o título, ata que o comecei a ler e comprendín que o titulo estaba moi ben pensado por parte de Manuel. Desta estupenda obra tamén me gustou o sitio onde a sitúa, Brasil, e o protagonista, que é galego.
O que máis me atraeu deste libro foi o tema do fútbol, sobre todo porque a min encántame o fútbol.
O libro gustoume moito como case todos os de Manuel Rivas e recomendaríallo aos rapaces e rapazas que lles guste o fútbol.
 

18/03/14

Todo ben

Comentario de Carmen Blanco


Todo ben
Manuel Rivas
Xerais
  
 
 
Este libro foime bastante complicado de ler e de comprender a maneira na que está escrito dado que ten bastantes fragmentos en portugués. Non me gustou que tivese tantos personaxes porque había momentos nos que me perdía e tiña que volver atrás. Recoméndolle este libro ás persoas as que lle gustan os libros nos que se traten temas como a política, o futbol…

16/03/14

Todo ben

Comentario de Diana Méijome


Todo ben
Manuel Rivas
Xerais
 



A verdade é que este libro non me gustou demasiado… Resultoume bastante difícil de ler, e íame perdendo coa saída dos personaxes, e o tema, non sei, será porque trata de fútbol e non me interesa demasiado, non lle dei prestado moita atención e non me enteraba moito da historia…
    Non o recomendo porque a min non me gustou e fíxoseme aburrido, pero seguro que a alguén a quen lle guste o fútbol o atopa divertido.

14/03/14

Todo ben

Comentario de Rubén Lanzó Estévez



Todo ben
Manuel Rivas
Xerais


Sinceramente o libro non me gustou nada, xa que se supón que trata do asasinato de Leia, pero realmente o que conta é a historia de Brasil durante as guerras a principios do S.XX  e como o fútbol era un deporte que non só era un deporte, senón que actuaba máis como medio para a procura da paz.
Polo resto, o libro está ben escrito aínda que os cambios de tema para explicarte outras cousas enredaban e a min non me gustaron. O que máis me gustou foi que Rubens era moi compresíbel e simpático