ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Infancia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Infancia. Amosar todas as publicacións

24/10/15

Marcas de nacemento

Comentario de Cristina Costela Seara


Marcas de nacemento
Nancy Huston
Rinoceronte




Este libro encantoume. É unha novela de destinos xa escritos, o destino e a sorte de cada persoa están determinados por un lunar.
Nancy Houston narra desde a perspectiva de catro nenos de seis anos, e estes non só están unidos por parentesco senón que as catro historias están enmarcadas en épocas de guerra. A través destes relatos o lector accede aos recordos persoais que forman parte da historia familiar ata descubrir o segredo que os marcou: a guerra.
Ese pasado que tanto lles pesa aos protagonistas reflíctese mediante unha marca de nacemento, un lunar que todos eles comparten e se transmite de xeración en xeración en distintos lugares do corpo como metáfora de como o pasado e a historia se transmiten ao longo dos anos a pesar de ser un pasado que só coñece o afectado por el.

O que me pareceu máis interesante do libro é o tema das guerras, xa que actualmente tamén hai conflitos deste tipo.
Unha historia emocionante, brillante... encantoume. Pareceume un pouco lento na súa parte central, mais é necesario para “unir” toda a historia que só se entende ao chegar ao final.
Penso que este libro é unha denuncia, que ao mesmo tempo relata acontecementos que probablemente marcaron a vida de moitos homes e mulleres.

Un libro que me ten en tensión e intriga durante toda a historia. E a necesidade de querer saber máis, de chegar ao fondo da marca que todos comparten fai que as páxinas voen.
 

28/12/14

Trece anos de Branca

Comentario de Álvaro Diéguez





Trece anos de Branca
Agustín Fernández Paz
Rodeira-Edebé






Este libro de Agustín Fernández Paz de todos os que lin foi o que máis me gustou a dicir verdade. O motivo polo que me gustou foi porque a min o tema das enfermidades gústame.

A parte que máis me gustou é cando conta en que se basea a súa enfermidade (Hepatitis). A min dos libros o que máis me gusta é o final, e este non me defraudou; gustoume. Do libro non teño nada malo que dicir, si hai como en todos algunha parte que se fai algo aburrida pero estivo moi ben.



Deste grandísimo autor galego xa lin máis libros que tamén me gustaron moito. Recoméndollo a persoas de máis ou menos 12-15 anos tanto polo vocabulario sinxelo como pola idade da protagonista. E tamén ós que lle interese algo as enfermedades. Noraboa, Agustín!

05/03/14

A nosa cinza

Comentario de Patricia Lázara Framiñán


A nosa cinza
Xavier Alcalá
Galaxia




Este libro cóntanos a vida de Xoán dende que naceu ata que acabou quinto de bacharelato. Xoán nace en 1947 nunha familia acomodada e galeguista e era o irmán máis pequeno, xa que a nai morrera no parto. Anos despois o pai volve casar e ten outra filla.  Cóntanos como aprende a ler e a escribir cos ensinos de seu avó na casa e máis tarde coas amigas (e algunha profesora particular) de dona Lucía, a súa avoa materna, que lle ensinan inglés, a preparación para a comuñón, etc, e  como, máis adiante, comeza o instituto e o bacharelato, onde coñece a Avelino, o seu mellor amigo e onde máis tarde coñece a Luís, un rapaz de Castela, aínda que ten un “inimigo”, o Souza. Tamén nos conta o seu primeiro amor, Miss Pamela Barklay, a súa profesora de inglés, e despois o seu gran amor Miluca Rodeiro. Este libro é bastante longo e nos dous primeiros capítulos aburrido, pero pouco a pouco vaste enganchando e termínase moi rápido. A verdade é que me gustou. Recoméndollo a aquelas persoas ás que lle interesen coñecer a vida dun rapaz que viviu no 1947.

13/12/13

Oliver Twist

Comentario de Mario Salgueiro Tallón

Oliver Twist
Charles Dickens
Galaxia


 

A historia de Oliver Twist gustoume xa que Oliver era un neno moi listo e moi independente. Non me gustou nada a forma en que trataban ós nenos no orfanato e en Inglaterra en xeral. Gustoume  cando os landróns aos que se unira Oliver por primeira vez, collen para obrigalo a roubar pero Nancy defendeuno e tamén me gustou a actitude do señor Brownlow ó adoptalo ao final da obra.
É un libro moi tráxico e realista que recomendo xa que é facil de ler e tárdase pouco en lelo

03/11/13

Morning Star

Comentario de Lucía García Rodríguez


Morning Star
Xosé Miranda
Xerais




Este libro está cheo de crueldade, brutalidade, violencia e roubos. Non me parece apropiado que o pai permita que leven consigo ao seu fillo para que participe nos asaltos.
 Fíxoseme longo e custoume acabalo, quizais porque o tema non era dos meus preferidos.
O que máis me sorpendeu foi o personaxe do cego porque tiña unha gran capacidade auditiva para, por exemplo, loitar cos inimigos. Penso que non estaba totalmente cego.
Nin me gustou nin me desgustou.