ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

29/03/12

Herba moura


Comentario de Andrea Morgade Pichel


Herba moura
Teresa Moure
Xerais


Converteuse para min nun deses libros de cabeceira que gardas con agarimo por deixar en ti unha profunda pegada.
É unha novela suxerente, filosófica, sensitiva, máxica e fóra do común onde podemos apreciar o devir das mulleres na historia e os seus sabores da vida tan pouco valorados ao longo desta. Isto unido ao seu bo argumento que engancha de principio a fin fan dela unha lectura completamente recomendable.

26/03/12

Amor dos quince anos, Marilyn


Comentario de Cristina Núñez Sanmartín


Amor dos quince anos, Marilyn
Agustín Fernández Paz
Xerais


Como son relatos curtos hai uns que me gustan máis ca outros. O primeiro gustoume porque é moi gracioso e fíxome rir, algo que se agradece nas lecturas, sempre tan tristeiras. O segundo é un dos meus preferidos, porque me transmitía o amor que sentían un polo outro e como a súa relación non puido nin poderá saír adiante e a pena que iso lles produce. "Malos tempos para as pantasmas" non me gustou, pero menos me gustou "Un templo para gatos", que non me transmitiu absolutamente nada. Porén, "Un sono que adelgaza" encántame, é o que máis me gusta de todos e iso que ao principio parecía de medo e pensei que non me ía gustar... aínda que ese final, para min, estrágao.

20/03/12

Makinaria


Comentario de Lucía González Bouzas

Makinaria
Carlos Negro
Xerais


Este libro gustoume porque pareceume que expresa moi ben mediante a poesía o resultado de beber alcol e coller o coche. A rima e o vocabulario dos poema é moi orixinal e transmiten moi ben o que sente a persoa que colle o coche ou a moto e a familia cando se enteran do accidente.
É un libro moi realista xa que os adolescentes buscan ese subidón de adrenalina, sen lles importar nada e ás veces non fai falla o efecto do alcol nin das drogas para que pisen o acelerador e acaben en calquera sitio.
O poema que máis me gustou foi "Autopsia" porque con poucas palabras di moi ben o que adoita suceder.
A verdade é que lin moi poucos libros de poesía, por iso non podo comparar este con ningún outro, pero considero que é un acerto a súa lectura.

19/03/12

Makinaria


Comentario de Ana Ferreira

Makinaria
Carlos Negro
Xerais


Este libro non me gustaba cando o terminei, porque non me transmitía nada na súa poesía. Cando empezamos a explicalo na clase comecei a entendelo e é un libro precioso. Fala de todas as cousas que se poden chegar a facer na adolescencia aínda que che digan que non, e os que te queren están sufrindo.
O poema que máis me gustou foi o de "Power Racing" porque fala do amor como algo importante.

17/03/12

Makinaria


Comentario de Tania López Varela

Makinaria
Carlos Negro
Xerais


Este libro gustoume moito, relata a realidade, o que pasa nas estradas a maioría das noites nas que os rapaces e rapazas adolescentes saen de festa, que collen o coche bebidos e nese momento vénse aproximando a morte, e todo por facerse os interesantes diante dos amigos.
A familia queda pendente de se chegan ou non á casa, e normalmente reciben unha mala noticia.
Neste libro a poesía relata moi ben e con pouco contido o que quere transmitir o autor, cóntao con moito sentimento.
Gustaríame que moita xente e sobre todo os adolescentes tomasen exemplo e lesen este libro para ver se así toman máis precaucións ao volante.
O poema que máis me gustou foi o de "Mamá Carme" porque a familia sofre moito cando alguén da súa contorna sofre un accidente, sobre todo as nais polos seus fillos.

11/03/12

Makinaria


Comentario de Cristina García Cortizo

Makinaria
Carlos Negro
Xerais


Este libro é un pouco raro, pero é moi rápido de ler, fala das loucuras qeu pode facer unha persoa e despois cando é demasiado tarde danse de conta que non se pode pasar o límite nin da bebida nin da droga... A xente advirte sobre este tipo de comportamentos pero hai que non fai caso e pasa de todo. Despois, a morte non ten solución e só quedan lamentos e choros.

10/03/12

Makinaria


Comentario de Almudena Otero Bello

Makinaria
Carlos Negro
Xerais


Este libro gustoume moítisimo porque fala de moitos accidentes de tráfico, de drogas e da morte á que todo iso conduce.
O poema que máis me gustou foi "Mamá Carme" porque me recorda a unha amiga que morreu nun accidente e despois cando os policías preguntaron onde era a casa para anunciar a morte da filla nun accidente ás 6 da madrugada... foi terrible.

09/03/12

Makinaria


Comentario de David Macía

Makinaria
Carlos Negro
Xerais


Este libro gustoume bastante porque fala da velocidade, que se te pasas da raia vas para o tanatorio.
O poema que máis me gustou foi "Autopsia" porque é moi real, a euforia de ir moi rápido, co mínimo descoido tes un accidente e morres.
É un libro moi interesante, e di o que pasa normalmente cando os mozos collen o coche bebidos.

08/03/12

Makinaria


Comentario de Andrea Mijares

Makinaria
Carlos Negro
Xerais


A min este libro gustoume moito porque é moi diferente aos demais, pola súa maneira de estar escrito. O seu contido é tamén diferente ao resto dos libros, exprésase con palabras como as que utilizamos os mozos para nos relacionar, é fácil de comprender. As cousas que di son típicas dun adolescente.
As partes que máis me gustaron foron "Need for speed" e "Game over".

07/03/12

Makinaria


Comentario de Cristina Núñez Sanmartín


Makinaria
Carlos Negro
Xerais


Non me gustou demasiado porque só fala dos mozos, de que corren co coche e crense moito.
O que si me gustou foi que nalgúns poemas transmitía moita pena, porque amosaba perfectamente a dor que senten os pais ou os avós deses mozos cando saben dos accidentes e mesmo da súa morte.
Houbo un poema que me encantou, o que se titula "Power Racing Love". Transmíteme moi ben como o rapaz sente algo que nunca sentira antes, cando a moza lle di que lle gusta, amor.

06/03/12

Makinaria


Comentario de Martín Arosa Sineiro

Makinaria
Carlos Negro
Xerais


Vin a portada e pensei que sería un libro de amor pero ao rematalo comprendín que estaba enganado.
É o único libro de poesía que non me transmitiu ningún sentimento. Todas as estrofas trataban do acol, droga, velocidade... Son termos actuais pero a xente non pensa nas consecuencias e despois...
Eu calificaría o libro como unha rutina de velocidade e alcol.
Non me gustou.

03/03/12

Makinaria


Comentario de Andrea Raínda Míguez


Makinaria
Carlos Negro
Xerais


Sempre pensei que nunca sería capaz de ler un libro de poesía ata o final, porén, este libro lino dun tirón, enganchoume desde o comezo.
É fácil de ler e é coma unha viaxe nun coche tuneado a toda velocidade. Chamoume a atención o triste final de moitos dos mozos mortos en accidentes por non pensar nas consecuencias de mesturar drogas, alcohol, festa e velocidade, tamén coido que é importante que non fagamos caso dos consellos das persoas maiores e só pensamos no momento que estamos vivindo procurando facelo a tope e sen pensar nas consecuencias.


01/03/12

Makinaria


Comentario de Noelia López


Makinaria
Carlos Negro
Xerais


Este libro gustoume moito porque relaciona o amor e a adolescencia, e deume algo de pena o final porque se corres moito e te fas o chulito co coche despois veñen as consecuencias.... Eu creo que este libro gústalles a todos pero aos homes recomendaríallo especialmente porque normalmente gústanlles os coches e hai vocabulario que eles dubido que saiban.
Espero ler máis libros destes.