ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/12/14

O principiño


Comentario de Guillermo Fernández Portas


O principiño
Saint-Exupery
Galaxia





Esta novela de Antoine de Saint-Exupéry foi un libro, que aínda que xa o tiña lido de hai anos, volveume a gustar moito. A verdade é que non me acordaba da maioría dos detalles como o do raposo ou de todos os homes que habitaban nos diferentes planetas. Esta vez, entendín no libro un significado máis profundo que a outra vez, por exemplo, como reflexiona sobre varios temas como o amor, a morte, a amizade... Non me sentín identificado con ningún personaxe pero si que me resultou interesante o papel do aviador, que era o narrador. Teño que admitir que me resultou bastante repetitivo tantos planetas que visitou O Principiño antes de chegar ó noso planeta. Para acabar tamén admito, que o final, como creo recordar que me pasara da outra vez, non foi moito do meu agrado, porque quedei con moitas dúbidas sobre o que intenta darnos a entender o autor.

29/12/14

Tres pasos polo misterio

Comentario de Raquel García


Tres pasos polo misterio
Agustín Fernández Paz
Xerais








   Este libro pareceume bastante interesante e calquera das tres historias me gustaron. Dicir que o xeito de que os feitos das tres historias se desenvolvan en vilas ou cidades de Galicia xa fai que teña máis interese por lelas.
   A primeira historia, a dun home que lle gusta a arqueoloxía e se dedica a iso no museo de Lugo e fai unha investigación na Roza das Modias, é dicir, nas mámoas que alí se atopan non me parece moi interesante  ata que profana as mámoa. Cando máis tiven curiosidade foi nos raros misterios que ocorrían no museo coa serpe de pedra e as outras cousas achadas no mesmo lugar. Gustaríame que non tivera un final tan aberto xa que me gustaría saber que relación tiñan aquel home e aquela muller coa serpe de pedra e tamén me gustaría que se describise o que lle sucede ao final ao narrador.
   Con respecto á segunda historia non parece unha historia de misterio ata o final, no que Branca se atopa cun rapaz por sorpresa e mantén durante un indefinido tempo unha conversa e logo os dous quedan de volverse a ver. Ata que Branca descobre a verdadeira realidade. Para min ese transcurso da historia foi o único interesante.
  Por último, a terceira historia e a máis larga de todas foi a que máis me gustou. Na miña opinión suprimiría algunhas partes para non facer tan longa a historia e centrarse algo máis nos feitos importantes. Pareceume bonita a relación un tanto tímida que os protagonistas mantiñan entre eles. Por outra parte a min gustaríame que tratara algo máis do vello faro. Quedei coa curiosidade de saber que serían aquelas sombras pero a verdade polo menos este é un final pechado no que si sabes como termina a historia.

A conclusión é que é un libro que si que paga a pena lelo.

28/12/14

Trece anos de Branca

Comentario de Álvaro Diéguez





Trece anos de Branca
Agustín Fernández Paz
Rodeira-Edebé






Este libro de Agustín Fernández Paz de todos os que lin foi o que máis me gustou a dicir verdade. O motivo polo que me gustou foi porque a min o tema das enfermidades gústame.

A parte que máis me gustou é cando conta en que se basea a súa enfermidade (Hepatitis). A min dos libros o que máis me gusta é o final, e este non me defraudou; gustoume. Do libro non teño nada malo que dicir, si hai como en todos algunha parte que se fai algo aburrida pero estivo moi ben.



Deste grandísimo autor galego xa lin máis libros que tamén me gustaron moito. Recoméndollo a persoas de máis ou menos 12-15 anos tanto polo vocabulario sinxelo como pola idade da protagonista. E tamén ós que lle interese algo as enfermedades. Noraboa, Agustín!

Cartas de Amor

Comentarios de Katia Pereira

 

Cartas de amor
Fran Alonso
Xerais


A verdade é que eu pensaba que ían ser cartas de amor, pero ao ler  “As dúas palabras do autor” xa me decepcionei un pouco. Eu estaba case realmente segura de que eran cartas de amor pero en realidade non. Despois, en si o libro non me defraudou; todas as historias contadas son moi diferentes, pero todas fascinantes. Na que nos narra as vivencia de nove mulleres verdadeiras. Emocioneime moito con este libro, non esaxero. Fíxome abrir os ollos e ver que neste mundo non podemos saber o que nos vai pasar e moito menos o que lle pode estar ocorrendo a outras persoas que non teñen a miña mesma sorte e non poden dicir un “felices para sempre”.  Lamenta  moito ver que todos neste mundo non poidamos se felices, pero é o que toca.
Por outra parte, non teño ningunha preferencia das cartas porque con todas me quedei sen palabras.

Fran Alonso, encantoume este libro, non é para botarlle flores pero é toda á verdade.