ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/03/16

A boca chea de terra

Comentario de María Rodríguez González




A boca chea de terra
Branimir Šćepanović
Rinoceronte





“A boca chea de terra” de Branimir Šćepanović é un libro de intriga que conta unha historia dende dous puntos de vista: por un lado o protagonista (un home xove cunha enfermidade terminal) e por outro, un grupo de persoas que o perseguen (dous cazadores, un pastor, un policía...). O autor describe moi detalladamente a paisaxe e o entorno no que se move o protagonista.
O protagonista quería rematar coa súa vida pero non o consigue tal e como o esperaba (en silencio e no bosque que lle recordaba a súa infancia).  Aproveitou unha parada de tren para coller camiño cara ao bosque. Empuxado polo seu pensamento e desexo de acabar coa súa vida, corre e corre “como un animal doente e indefenso” para ningures e ao mesmo tempo é perseguido sen motivos.
Este libro aínda que é moi breve, 72 páxinas, ten a súa dificultade. O autor non só conseguiu captar toda a miña atención senón que tamén conseguiu que nalgúns momentos me estresase. O tema principal para min é a soidade.
Como di o título, o protagonista acaba “coa boca chea de terra”.
Recoméndoo.
As decisións non sempre son firmes senón que ás veces entramos en contradicións.
 

29/03/16

O afundimento do Titán

Comentario de Adrián Mato


O afundimento do Titán
Morgan Robertson
Hugin & munin 





Este libro resultoume abraiante e emocionante en moitos aspectos, entre os que destaco sobre todo a grandísima defensa que o mariñeiro lle dou á pícara, chegando a arriscar totalmente a súa vida por salvala e incluso, loitando contra un oso. Gustoume moitísimo xa desde o comezo por tratarse dunha historia naval, unha novela distinta a todas as que lin ata agora, e agradecín unha novela coma esta. O final do libro é algo que ninguén esperaría.
 En si foi das mellores historia que lin porque está nun ambiente que me encantou, cunha trama moi elaborada, un final sorprendente e uns protagonistas únicos. 
 

28/03/16

A princesa e o trasno

Comentario de Julia Cacheda Couto


A princesa e o trasno
George MacDonald
Urco 



O libro "A princesa e o trasno" de George MacDonald foi o primeiro libro de fantasía que leo neste curso,gustoume moitísimo e chamoume moito a atención.


O autor narra a historia dende duas persoaxes totalmente distintas,a princesa e o mineiro,entrelazando ambas perspectivas perfectamente e ensinándonos as diferenzas entre a monarquía e as clases baixas.

Nesta obra falase da historia de Irene e o seu amigo Curdie que tras un rápido rescate por parte deste fará que os unan uns grandes lazos de amizade.Coma calquera libro de fantasía non podía faltar a espionaxe e a loita contra os trasnos uns seres horrendos e grotescos ata non poder máis.Os protagonistas deberán averiguar que están tramando estas criaturas arriscando a súa propia vida para descubrir que se esconde detrás das pedras das minas.

O escritor ensínanos que hai cousas que unhas persoas poden ver e outras non,e que non é apropiado xudgalas por iso,que cada un de nos dedería cumplir as súas promesas por riba de todo,o importante que é a familia para sobrevivir e por último que ter medo non significa que non podes ser valente.

Se buscas algo cún pouco de arrepío,pasadizos segredos,maxía,tataravoas de máis de dous mil anos que te protexen por riba de todo,aventura,rimas,fedellos e unha gran intriga ata o final este é o teu libro.

13/03/16

Os fillos do mar

Comentario de Adrián Mato
 

Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais
 
 
 
A verdade é que non adoitaba ler libros que excedesen as 300 páxinas, e aínda menos se estes eran de novela negra, mais este libro foi distinto a todos os demais que lin, porque me atrapou na súa historia dende un comezo ata o punto de querer seguir lendo máis, sen poder determe, nin para beber auga. Resultoume fascinante toda a dificultade que ten que supor crear unha novela así, con tantas personaxes, tantos acontecementos históricos, cunha trama tan desenvolvida... Non podo imaxinar a cantidade de horas, de días e meses que o autor lle debeu dedicar a esta novela, para acadar,   sen dúbida, a novela que máis me aferrou as súas páxinas. Se teño que destacar algo da novela sería sen dúbida, os capítulos nos que o señor Neumann lle conta a Mariña e Simón, a historia de Rande, a súa propia, a do pai de Mariña ( Daniel e Eneas ) e a historia de Troia. Unha parte do relato que me pareceu extraordinaria foi a persecución por parte do enorme barco, capitaneado por Blanco, no que tamén ía Otto Wessler, a pequena planadora de Yago Ray, na que ían Mariña e Simón. Destaco sobre todo esa parte, pola descrición tan precisa que te fai sentir coma se ti tamén estiveses na persecución. Agradoume todo desta historia polo que non teño pega ningunha que lle por.
P.D.T: O único que me impresionou, foi que ao fin o asasino de dona Isabel non fose o maiordomo.

12/03/16

Os fillos do mar

Comentario de Francisco Rodríguez
 

Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais



Este foi o primeiro libro que lin de Pedro Feijoo e debo admitir que nun primeiro vistazo o abundante número de páxinas deste libro pareceume un muro difícil de derrubar. Pero boteime a ler e as primeiras páxinas si que me engancharon bastante, sobre todo coa temperá morte de Dona Isabel, que eu pensaba que ía ser unha das protagonistas activas desta novela, pero tras a morte non perdeu o rango de protagonista pero si o de activa, intercambiándoo polo que eu chamaría protagonista de arrastre xa que a partir dela xorden numerosos dos feitos principais da historia.
Foi a partires da páxina 50 ou por aí, cando me despeguei totalmente do libro e non puiden retornar, xa que impedíamo a barreira do aburrimento. Esta barreira penso que era o que xusto quería evitar Pedro Feijoo segundo o que dixo cando nos visitou no instituto, cunha linguaxe moi sinxela e asimilable para todas as persoas pero eu creo que o único que conseguiu con ese tipo de linguaxe foi non darlle traballo ningun ó cerebro sobre os posibles siginificados de certas frases; isto arranxaríase cunha mestura entre unha linguaxe tan simple coma esta e destellos doutra con frases que fagan exercitar ó cerebro en pensar que é o que autor pretende que o lector entenda, unha cousa que, aínda que antes pensaba que era unha cousa que sobraba nos libros agora paréceme que é un recurso imprescindible en calquera tipo de novela.
Outra feito que non me gustou moito é que penso que hai unha excesiva descrición xa que ó mellor un feito que se conta en dúas páxina nesta novela esténdese ata 20, o que, polo menos a min, dificúltame bastante a lectura, esta 
redución sería un feito que axudaría totalmente á lectura deste libro.Tamén un feito agridulce foi a referencia que fai a aspectos pasados coma a Segunda Guerra Mundial, a Batalla de Rande,a Guerra Civil.... Este é un feito doce porque axúdache a coñecer un pouquiño máis estes momentos históricos xa que fai unha gran referencia a eles, e agre porque penso que algúns non teñen gran relevancia no conxunto da trama polo que se poderían suprimir, o que axudaría á concentración total na trama principal.
Por outra parte gustoume como Pedro consegue entrelazar perfectamente as escenas sentimentais e de amor como a "relación", descuberta ao final, entre o arquitecto Simón e a filla de Dona Isabel, Mariña, con feitos totalmente de acción coma a persecución que se produce por parte de Otto aos xa citados Simón e Mariña pola Ría da Vigo. Este entrelazado é un feito que me parece moi difícil de conseguir nun libro de novela negra coma este pero que Pedro  faino á perfección.
Tamén me gustou o feito de que toda a novela transcorre nunha terra veciña como é a terra de Vigo e que fai referencia a diferentes lugares como a Illa de Ons, a Ria de Vigo, A Ponte de Rande e moitos máis, e o feito de que a novela estea completamente chea de acción, e que, aínda que estea representada cunha excesiva descrición, gustame a súa presenza nun libro deste tipo, como a gran acción que hai na parte na que Daniel descubre as intencións nazis do capitán do barco " arqueolóxico" Herr Wessler e cando, posteriormente prodúcese a explosión do barco citado.
O final tamén me pareceu un pouco frouxo pese a resolver o misterio do ouro agochado e a consolidar o amor entre Simón e Mariña.
En definitiva, un libro con bastante defectos e algúns acertos que, deixando a un lado o número de páxinas, polo seu contido conxunto custaríame volver a lelo.

11/03/16

Os fillos do mar

Comentario de Daniel Gavieiro Suco


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais




“Os fillos do mar” de Pedro Feijoo foi un libro que dende a charla que nos dou o propio autor, chamoume moito a atención e fixo en min ter que lelo para descubrir un montón de preguntas que tiña sobre el, que solo se podían descubrir léndoo ata o final.
Este libro ten un montón de misterio, esta chea de acción, e tamén un pouco de novela negra e historia. A historia que conta o autor esta moi ben relacionada entre o pasado e o presente, para que así o lector non poida deixar de lelo ata o final e así tamén mantén a intriga da historia. O libro conta a historia da Batalla de Rande, na que chegara unha flota có nome de Flota de Ouro dende América e a súa carga de metal prezado acabará no fondo da Ría de Vigo despois de esta batalla.
A acción e a intriga é provocada pola morte de Isabel, e por culpa desta morte o protagonista, Simón Varela, esta rodeado dunha serie de sucesos que non poderá deixar e que grazas a eles descubrirá o segredo do cofre atopado durante a restauración do estanque.
A linguaxe deste libro chamoume moito a atención xa que o autor usa un linguaxe moi común, coa que é máis fácil manter a atención ao libro e poder entendelo mellor.
En resumo foi un libro que me gustou bastante e que llo recomendo a toda a xente. Grazas a el tamén comprendín que os libros de gran tamaño tamén poden ser divertidos aínda que sexan moi longos.  
 

10/03/16

Os fillos do mar

Comentario de Xosé Manuel Fernández


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais



"Os fillos do mar" é unha novela negra escrita por Pedro Feijoo que nos fala dunha historia que lle ocorre a un mediocre arquitecto, chamado Simón Varela, ao ser contratado por unha señora da alta sociedade viguesa e descubrir un cofre pechado.
A partir de aquí comézase a desenrolar a historia. Case simultáneamente, ó descubir Simón o cofre, a señora que o contratara morre e no enterro coñece os fillos da falecida, Xulio e Mariña. Dende este punto o relato comeza a pasar por numerosas personaxes que están relacionadas. Simón reencóntrase con Bruno, un home catalán que coñecera nos seus tempos de estudante. Bruno anda detrás de Xulio, xa que sospeita de que sexa narcotraficante. Posteriormente aparecen personaxes como Jackob e Eneas que se coñeceran xusto antes da 2ª Guerra Mundial, aínda que os seus nomes verdadeiros eran Hugo e Daniel solo que os cambiaran para evitarse problemas. Jackob está algo vinculado con Mariña xa que coñecera ó seu pai cando era máis novo. E Eneas está vinculado con Simón xa que era irmán de León, o avó de Simón.
Como vemos nesta peza todas as personaxes están relacionadas xa sexan familiares, coñecidos ou incluso compañeiros e amigos. O libro presenta distintos tipos de narrador, dende o narrador omnisciente en 3ª persoa ata o narrador en 1ª persoa empregado en Simón e Mariña. Ademais empréganse flashback para contar o que pasou tempo atrás. A historia en si non é moi longa, pero cóntanse feitos de outras épocas.
A verdade e que nunca lera un libro tan longo, sempre fun de libros curtos, pero este enganchoume, aínda que o inicio da historia non me chamase moito a atención, e fíxoseme moi sinxelo de ler. Unha das cousas que máis me sorprendeu foi que o autor empregase un ton humorístico nunha novela negra, pero eso creo que foi un punto a favor. Ainda que creo que é un libro que necesitas ler con calma e non moi rápido xa que moitas veces pérdeste algún detalle importante, polo que recomendo esta peza a aquelas persoas que xa están algo acostumadas a lectura e que lles gustaría ler una boa historia.

09/03/16

Os fillos do mar

 

Comentario de Anxo Gil Figueiras



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 



Este libro gustoume aínda máis que A memoria da choiva. Non me tivo toda a noite en vela, pero case. Aínda que me guste durmir, lendo este libro puiden botar horas ante a soidade e o silencio da noite, querendo saber que pasaba a continuación.
O personaxe de Xulio gustoume moito, porque a pesar de ser narcotraficante e de estar en contacto con Wessler, a el aínda lle importa a súa familia, porque cando se decata de que Wessler e os seus compinches mataron á súa nai el matou aos axudantes, aínda que acabou morto. Para o meu gusto, aínda que ten sentido a morte de Xulio, gustaríame que puidera haber sobrevivido para quedar con Mariña, que é outro personaxe que me gustou moito.
Gústame que introduza o pasado nas súas obras, porque en A memoria da choiva tamén introduciu elementos como o de Rosalía.
Gustaríame que o autor fixese máis libros, porque me encantaron ambos pola súa acción e intriga, e polos seus personaxes, que acaban facendo un oco no teu estante.
A relación entre Simón e Mariña pareceume fermosa, pero gustáronme máis Sofía e Aquiles como parella porque teñen unha relación de amor-odio, que me parece moito
máis entrañable, xa que ao final da historia acaban queréndose a pesar de que ao principio a profesora era unha borde.
O final da historia pareceume moi emocionante, con toda a persecución por aire e o tiroteo entre Xulio e Wessler e os outros axudantes.

08/03/16

Os fillos do mar

 

Comentario de Silvia Bruguera



Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais 



Esta novela ao comezo pareceume aburrida, cando falaba da vida dun simple arquitecto, Simón. Pero ao seguir leendo apareceron misterios, e istes engancharonme á lectura deste libro.
Os fillos do mar é unha novela de amor e misterio.
O protagonista de toda a historia é Simón Varela.
O libro comeza cando o secretario Ernest Rovira, chama a Simón para encargarlle que arranxase o manancial para a familia Llobet-Dafonte porque tiña moito valor sentimental para dona Isabel Llobet. Simón acepta o traballo e el e o seu compañeiro Carlito comezan a traballar na casa dos Llobet-Dafonte na restauración da fonte. Investigando o por que non flue auga do manancial atoparon unha estraña caixa de madeira, ao anoitecer deciden seguer outro día. A mañá seguinte Ernest anucialles que dona Isabel Llobet está morta, pero que hai uns indicios que demostran que non foi unha morte natural. Este suceso e o desencadeante de novos misterios.
Posúe cinco actos e neles varía continuamente a trama. Todo o libro ten un argumento en sí, pero en cada acto centrase máis nalgún acontecemento, ou nalgún persoaxe.
No primeiro centrase na vida de Simón, explicando un pouco o seu traballo e a súa formación profesional.
No segundo fala de Mariña e da relación que tivo co seu pai ata que morreu, cando soamente tiña 8 anos.
No terceiro acto fala sobre Daniel un neno que intentou axudar a Fausto Wessler e os seus homes a atopar o tesouro afundido do Santo Cristo de Macaraibo.
A cuarta parte trata sobre Eneas Dafonte, pai de Mariña e de Xulio, sobre quen era en realidade.
E a última parte centrase en Troia os negocios familiares de Llobet-Dafonte.
Houbo algún capítulo que me desconcertou debido a que non lle atopei moito sentido, pero ao seguir lendo logrei comprendelo.
Se tivese que escoller un capítulo como o que máis me gustou escollería no cal se narra o afundimento do Santo Cristo de Maracaibo, xa que me gustan moito as historias dos barcos e dos tesouros.
Algúns capítulos que non me agradaron foron no medio do libro; cando o autor fala da herdanza de dona Isabel cara Simón, cando observa que é unha carta cifrada con varios epígrafes resaltados.
Un dos persoaxes imprescindibles sería Ernest o secretario, xa que é o enlace entre a familia Llobet-Dafonte e Simón. Outro persoaxe que non podería faltar ao comezo do libro sería dona Isabel, porque foi a que quixo recuperar o recordo de Eneas Dafonte, o seu defunto marido, volvendo a por en marcha o manancial e prescindindo así dos servicios de Simón.
Gustame a relación que hai entre Mariña, a filla de dona Isabel, e de Simón xa que intentanse axudar mutuamente e o arquitecto intentouna defender ante calquer perigo.
Un persoaxe moi desagradabel é Xulio Ascanio, outro fillo de dona Isabel que según Bruno, un antigo amigo policía de Simón, era a mafia local e estaba metido en todas as leas.
Sen duda o persoaxe que máis me gusta e Simón, polas cualidades que ao longo do libro demostrou; intelixencia, valentía, protexía a Maríña, gran sentido da responsabilidade e sobre todo un bó corazón.
Este libro foi moi interesante e entretido, gustaríame que houbese máis libros coma iste.