Raquel García:
1-O poema máis divertido de todo o libro foi "Hemorraxia interna"
de Lupe Gómez (Pornografía) porque me estrañou que se puidera falar de esas
cousas nos poemas.
2-O poema máis atrevido de todo o libro foi "A cousa
vermella" de Olga Novo porque me pareceu raro que falara do
sexo con esta frase "pero agora vés comer a carne do meu
sexo".
3-O poema máis sorprendente de todo o libro foi
"Escelsior" de Manuel Antonio (De catro a catro) porque non lle vin
moito sentido ao poema e tampouco sabía que un poema tan sinxelo coma ese se
puidera considerar un poema.
4-O poema
máis sentimental de todo o libro foi "O amor" de Lupe Gómez
(Pornografía) porque na miña opinión esaxera moito o que pasa cando sintes
amor.
5-O
poema máis misterioso de todo o libro foi "Autopoética" de Ronseltz
(Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados) porque non entendín a onde
quería chegar e tamén porque non soupen resolver o que pon ao final de que coas
iniciais de cada resposta podería formar o pensamente dun xogador do Deportivo.
6-O
poema máis erótico de todo o libro foi "Poemas da cidade oculta" de
Estevo Creus porque sen falar do sexo a simple vista, indirectamente
describe o acto de practicar sexo.
7-O
poema máis amoroso de todo o libro foi "Amada,labro versos para ti sen
sosego..." de Miro Villar (Abecedario da desolación) porque todo o tempo
fala da súa amada con un aquel de desesperacióm.
8-O
poema máis triste de todo o libro foi "Bando" de Manuel María
(Documentos persoais) porque todo o que di no poema desgraciadamente sucedeu na
época de por exemplo meus avós onde practicamente os privaron de liberdade.
9-O
poema máis alegre de todo o libro foi "O año pitaño" de X. M. Álvarez
(Roseira do teu mencer) porque para min non fai referencia a nada e non me ten
moito sentido polo tanto faime graza.
10-O
poema máis rítmico de todo o libro foi "Cando chove" de Antonio
García Teijeiro (Chove nos versos) porque cando o lín entráronme ganas de
entoalo.
O poema que máis me chegou ao corazón foi "Nai" de
Xohana Torres (Do sulco) porque foi un poema que me fixo
reflexionar...reflexionar sobre como pasa o tempo,sempre tan rápido,sobre como
todos nos imos facer vellos,sobre como todo chega ao seu fin...e como
consecuencia cando chega o fin de alguén que queremos e o duro que é
asimilalo.A verdade este poema fíxome reflexionar sobre algo no que
prefiro non pensar xa que para min é un tema frío e sobre do que non me gusta
nin pensar nin falar porque anque todo sobre o que me fixo reflexionar sexa
certo ás veces cústame asimilalo ou non quero asimilalo.
O que menos me gustou sinceramente foi "Follow me" de Antón Reixa
(Viva Galiza beibe) porque non entendo nada de nada.Ese poema para min está escrito
con frases sen moito sentido e que mesmo ás veces non entendo nin en que idioma
están escritas.Ás veces ata me resulta gracioso porque non lles atopo
sentido xa que as frases non me concordan moito unhas con outras,algunhas non
teñen nin sentido.
Daniel Gavieiro Suco:
1-
O poema máis divertido foi “De catro en catro” de Manuel Antonio porque no
poema utiliza catro idiomas diferentes en forma de cruz.
2-
O poema máis atrevido foi “Herba aquí ou acolá” de Álvaro Cunqueiro porque un
home quere saír cunha amiga pero esa amiga xa ten mozo.
3-
O poema máis sorprendente foi “A torre da derrotA” de Gonzalo Navaza porque
dinme conta de que se pode ler tanto como da dereita como da esquerda e iso é
moi difícil.
4-O
poema máis sentimental foi “As nosas sombras no xardín de Serralves”de Xoán
Abeleiraporque expresa a tristeza que sinte unha persoa pola falta de algo.
5-O
poema máis misterioso foi “Areados” porque é un poema que te deixa cá pregunta
de que será ao que se refire.
6-O
poema máis erótico foi “Pornografía” de Lupe Gómez porque fala sobre todo do
sexo.
7-O
poema máis amoroso foi “Lapidarias.Os versos escuros” de David Rodríguez porque
o autor representa o amor que sinte por unha muller.
8-O
poema máis triste foi “Nós nus” de Olga Novo porque é un poema no que un home
morre pero el non quere morrer por non separarse da muller a que ama.
9-O
poema máis alegre foi “Sucede” de Daniel Salgado porque conta o que significa o
verán para case todas as persoas,que é unha estación do ano na que suceden
moitas cousas divertidas.
10-O
poema máis rítmico foi “Ausencias pretéritas” de Miro Villar porque utiliza
unha rima asonante con palabras non moi di fíciles.
O
poema que máis me gustou foi “Nós nus” de Olga novo porque é un poema, que me
imaxino que moitas persoas o entenderan, no que unha persoa moi querida para ti
morre e ti queres facer todo o posible para impedilo pero non podes facer nada.
“Prometo a flor de loto” foi o poema que menos me gustou xa que non o
entendín moi ben.Solo me dín conta de que tiña forma de ave pero non me enterei
de nada máis.
Andrea Rodríguez Dobarro:
|
|
1.O poema máis divertido de todo o libro foi Marihuana , de Manuel
Rivas porque a falta de saber de alguén ás veces resulta entretido para outra
persoa que si que sabe do que está a falar e ten coñecementos sobre iso.
2.O poema máis atrevido de todo o libro foi os Líquidos íntimos , de Olga
Novo porque fai una crítica hacia a xente e di verdades que a veces se agochan
ainda que sexan obvias.
3.O poema máis sorprendente de todo o libro foi Autopoética , de Ronseltz
porque fala de cousas que non teñen nada que ver unas coas outras pero ao final
todo está relacionado.
4.O poema máis sentimental de todo o libro foi Quérote coma o meu bisavó ,
de Raúl Gómez Pato porque en tan poucas liñas expresa todolos sentimentos que
pode ter alguén comparándoo con algo distinto.
5.O poema máis misterioso de todo o libro foi E na paixón sorprendeuse , de
Ana Romaní porque mestura a loucura coa sorpresa , algo pouco habitual estraño.
6.O poema máis erótico de todo o libro foi Domingo,18 , de Kiko Neves
porque utiliza unha linguaxe moi sútil que incluso aínda que o poema
non tivese moito sentido , sempre tería un punto erótico.
7.O poema máis amoroso de todo o libro foi Ás veces digo amor , de Pilar
Pallarés porque define de distintas maneiras a palabra amor dándolle moitas
acepcións facilitando así a súa utilización.
8.O poema máis triste de todo o libro foi Lume no pazo , de Ramón
Cabanillas porque expresa a falta de ganas da xente e as consecuencias que isto
trae.
9.O poema máis alegre de todo o libro foi Sempre se agarda o verán , de
Daniel Salgado porque di todas as cousas boas que poden acontecer nun pequeno
período de tempo como é o verán e o moito que se agradece iso.
10.O poema máis rítmico de todo o libro foi Abecedarios baleiros , de
Yolanda Castaño porque utiliza moitas repeticións de sonidos , o que colle
moito ritmo ao ler.
O poema que máis me gustou de todo o libro foi Os domingos,maiormente , de
Kiko Neves porque , principalmente , transmite o significado da felicidade pero
exemplificado en acción tan simples como pasear con algué a quen queres.
O poema que menos me gustou de todo o libro foi Follow me , de Antón Reixa
porque non acabo de entender o que quere transmitir e aínda sen entendelo non
me gusta o seu contido.
María Rodríguez:
1.
O
poema máis divertido de todo o libro foi “O POEMA É UNHA
PEDRADA NA CABEZA” de Ronseltz, porque compara os versos dun poema cunha
pedrada.
2.
O
poema máis atrevido de todo o libro foi "QUÉROTE COMO
AQUEL HOME” de Raúl Gómez Pato, porque é demasiado atrevido matar por un marco.
3.
O
poema máis sorprendente de todo o libro foi “HEMORRAXIA
INTERNA” de Lupe Gómez, porque ten unha
lectura, para min, un pouco machista.
4.
O
poema máis sentimental de todo o libro foi “AGORA” de Xoán
Abeleira, porque mostra os sentimentos dun amor pasado a historia.
5.
O
poema máis misterioso de todo o libro foi “COÑEZO UN LUGAR E
NON É LENDA” de Eva Veiga, porque é todo un misterio que ós cans lle medre o
rabo cando a lúa empreña.
6.
O
poema máis erótico de todo o libro foi “POWER RACING LOVE” de
Carlos Negro, porque compara o amor coas películas porcas dos sábados.
7.
O
poema máis amoroso de todo o libro foi “CON AUGA DE SEDA VELLA”
de Álvaro Cunqueiro, porque consigue namorar con cantigas na primavera.
8.
O
poema máis triste de todo o libro foi “AUTOPSIA” de Carlos
Negro, porque fai referencia a morte dunha persoa de 19 anos nun accidente de
coche.
9.
O
poema máis alegre de todo o libro foi “BOLBORETA” de Francisco
X.Fernández Naval, porque o faro ilumina aos mariñeiros.
10.
O
poema máis rítmico de todo o libro foi “A QUE COÑECE OS NOMES,
A QUE DISPÓN O MUNDO” de María do Cebreiro, porque utilizan rima no diálogo amoroso.
11. O meu poema preferido é MARÍA, de Manuel M. Romón, porque cando o leo
fai alusión ó meu nome, o cal está espallado por toda Galicia, faime sentir a
gusto. Lévame a pensar que teño un nome bonito, o cal estou orgullosa de
levalo, grazas a miña avoa, xa que miña nai pensara en poñerme o nome de Xiana.
12. O que menos me gusta é SOSTÍVENTE NUNHA GASA DE ÁS DE GAIVOTA, de Olga Novo,
porque foime complicado de entender e non significa nada para min, non me
transmite nada.
Paula Vázquez Vázquez:
O poema máis
divertido de todos foi "Sombras" de Xosé María Álvarez Cáccamo,
porque parec un xogo de palabras ou mesmo un mini relato para asustar aos nenos
pequenos.
O poema mñais
atrevido de todos foi "Vou escribir un poema de amor" de Kiko Neves,
porque comeza sendo unha conversa erótica entre unha parella e remata sendo
unha pelexa entre eles, o cal os separa.
O poema máis
sorprendente de todos foi "Sempre se agarda o verán" de Daniel Salgado,porque
expresa á perfección as emocións das persoas ante o desexo da chegada do verán.
O poema máis
sentimental de todos foi "O amor" de Lupe Gómes, porque expresa o
sentimento triste dunha persoa ante a roptura dun amor e as súas consecuencias.
O poema máis
misterioso de todos foi "Autopoética" de Ronseltz, porque son frases
soltas sen máis e ao final diche como saber a resposta ás frases, pero non
cales son, co cal dacge unha pista pero déixate coa intriga de saber o final
que terás que resolver ti só.
O poema máis
erótico de todos foi "Cerámica" de Lupe Gómez, porque usa termos
eróticos referindose concretamente ao que desexa expresar.
O poema máis
amoroso de todos foi "Voz sen verbas:" de Antonio García Teijeiro,
porque paréceme precioso e expresa o amor que sente un namorado ou unha naorada
ante a súa parella.
O poema máis
triste de todos foi "Ollando o mar" de Antía Otero, porque fala do
cambio dunha paisaxe dunha rapaza a cando se volve muller e os seus sentimentos
cara ela.
O poema máis
alegre de todos foi "Quérote como aquel home" de Raúl Gómez Patao,
porque causame gracia leelo e sabes que me recorda a contos que me contaba meu
avó.
O poema máis
rítmico foi "O que amo é o amor" de María Xosé Queizán, porque
expresa o sentimento amoroso de xeito metafórico con musicalidade e ritmo.
O poema que máis me gustou de todos foi "Dixo:Voumme" de Eva
Veiga, porque conmóveme, xa que expresa o sentimento doído de alguén ante a
perda dun ser querido e isto faime pensar en sucesos que me ococrreron a min
mesma e gústame a súa forma de expresalo, ainda que tamén me gustaron outros
poemas do libro de temática amorisa sentimental, este creo que é o meu
preferido.
O poema que
menos me gustou de todos foi "Abecedarios baleiros" de Yolanda
Castaño, xa que para min son frases sen máis, que non expresan ningún
sentimento nin teñen un significado, o único é que coa primeira letra de cada
frase, fórmase o abecedario, pero on me gustou o poema xa ben poruqe non o
entendo moi ben e ademáis non me chegou ao corazón nin me exprsou ningúnha
sensación ao lelo.
Telmo García:
1.1. O POEMA MÁIS DIVERTIDO…
Foi
o de Eduardo Pondal que fala da seu
propio e enorme nariz. Titúlase “Cando Eduardo Pondal” (p.25) . É gracioso que
o mesmo autor descríbase coma un narizón.
Tamén
foi gracioso o da p.157 de Ronseltz que se titula “O poema é unha pedrada na
cabeza”. É coma un chiste malo, pero é curioso definir así un poema para
despois aconsellarnos o uso dun casco.
1.2.
O POEMA MÁIS ATREVIDO…
“Cerámica” (p.
184) de Lupe Gómez. É breve, pero moi suxerente…
Tamén o de Olga
Novo “Xalundes”( p.187). Mezcla a descrición dunha cidade cos recordos de O
Courel que garda na costura das bragas.
1.3.
O POEMA MÁIS SORPRENDENTE…
Na p.43 o poema de
Manuel Antonio titulado “Escelsior”, por
esa forma que recorda aos catro puntos cardinais e por empregar catro
linguas diferentes.
Os de Gonzalo
Navaza na p. 128-129 na que se len os versos de dereita a ezquerda e de
ezquerda a dereita. Aprendín que se chaman Palíndromos.
1.4.
O POEMA MÁIS SENTIMENTAL…
“Por que miña
almiña” de Rosalía de Castro. Gústame como expresa o sentimento de tristeza de
amor.
O de Celso Emilio
Ferreiro (p.59) “El hermosos rostro del país” é un poema cheo de sentimentos
fermosos e tristes sobre Galicia. Gustoume o contraste entre todo o bo que ten
a terra galega e o final tan triste que fai referencia á emigración.
1.5.
O POEMA MÁIS MISTERIOSO..
Porque nono
entendín é o de Antón Reixa “Follow me”(p.133) Non sei cal é o seu sentido.
1.6.
O POEMA MÁIS ERÓTICO…
O poema “Cerámica” (p. 184) de Lupe Gómez do
que falei antes. Refírese aos primeiros pasos que unha persoa da no sexo.
“Tríptico” de Lucía Novas (p. 196)
tamén pareceume erótico porque describe unha caricia con moita pasión e ao
mesmo tempo elegancia.
1.7.
O POEMA MÁIS AMOROSO…
O de David
Rodríguez “E se o meu amor fose excesivo”. É breve, pero expresa un amor moi grande.
O namorado conformaríase só coa metade con tal de poder seguir amando. (p.190)
1.8.
O POEMA MÁIS TRISTE…
“Non coidarei xa
os rosales” de Rosalía de Castro. Expresa a amargura e tristeza que está a
sentir a poeta. (p.24).
Tamén o de Carlos
Negro (p.179) “Autopsia” xa que describe a morte dun xoven nun accidente de
tráfico poñendo primeiro datos que soan ben, positivos para despois dar a
noticia da morte no último verso.
1.9.
O POEMA MÁIS ALEGRE…
O de “Subióte” de
Xosé Neira Vilas (p. 79) porque describe con moita graza e alegría como é o seu
chifre.
1.10.
O POEMA MÁIS RÍTMICO…
O de X.M. Álvarez
Blázquez “O año pitaño”. Pareceume moi rítmico coma unha canción de nenos. É
pegadizo.
O de Antón Reixa
“Follow me”(p.133) tamén me parece moi rítmico porque case non ten comas e iso
dalle velocidade.
O que máis me gustou foi o de “Cando Eduardo Pondal”. Fíxome rir
coa súa ocurrenza. É un poema moi sinxelo, pero a min gustoume.
O que menos me gustou foi o de “Polpa” de Claudio Rodríguez
Fer porque non entendín case nada. Non
conseguín nin siquera saber do que falaba en xeral.