ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Fervenza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fervenza. Amosar todas as publicacións

18/01/14

Nove

Comentario de Sonia Troitiño Loureiro


Nove
María Lado
Fervenza





Nove é un libro de María Lado que fala do desacougo, do exilio interior e da dor. Os libros de poesía son, para min, uns dos meus preferidos, e aínda máis se neles se mostra unha forma distinta de escribir poesía, como é o caso desta autora. Non o identifico como un dos meus libros preferidos, pero si debo dicir que me agradou considerablemente. Nel recóllense unha serie de poemas que xuntos conforman unha única unidade que relata unha historia. O que máis me impresionou, quizais, foi a portada tan característica que presenta este libro, a cal aínda non conseguín comprender de todo ben. Unha das cousas que realmente me agrada deste poemario que tamén aparece noutros desta mesma autora, o cal a fai única e especial dende o meu punto de vista, é a recompilación dunha serie de cancións relacionadas co título do libro: "nove". Debido ao meu gran interese polo mundo da música, véxoo como algo realmente interesante o feito de compaxinar esta coa poesía. Nel conséguese transmitir ao lector o continuo estado de desacougo que habita en cada un dos versos. Como era de esperar tratándose desta autora, o poemario componse de versos realmente fermosos entre os cales eu quero facer referenza a un:

aínda que o oculten co seu xesto
todos aquí perseguen
madrugadas sen lúa,
-cando o horizonte atrae buques silenciosos,
naves que adormecen o mar coa súa caricia de seda-.

A súa lectura resultoume un tanto complexa en certos casos e incluso estraña, pero en xeral, a súa comprensión foi bastante sinxela. O argumento principal deste libro pareceume moi interesante e conmovedor. Consegue chegar ata o máis profundo de cada quen e somerxelo nun sen parar de sentimentos. Para rematar, dicir que recomendo este libro, ou calquera dos publicados por María Lado, a todos aqueles amantes da poesía. Sen dúbida, os seus poemas son únicos e refléxase, en cada un deles, unha pequena parte da autora.
 

15/01/14

Nove

Comentario de Denise Varela


Nove
María Lado
Fervenza




O primeiro  que me chamou a atención deste libro foi a súa sorprendente e estraña portada. A simple vista, a verdade, é que non pensei que se trataba dun libro de poemas, senón dun libro xuvenil de temática fantástica ou algo polo estilo,  e non era algo que me convencese a lelo.
Nove  é un conxunto de poemas escritos por María Lado.  Notei que este libro trataba moito sobre a dor e a pena. Ó falar sempre usaba o mar, a costa, ou temas parecidos como base ou comparando con calquera cousa.
Este libro non me marcou moito a verdade, pero teño que dicir que a maneira de comezar deixoume exhausta e foi o que máis me gustou deste libro:

“Gústanme o número nove, como tamén me gustan os atardeceres de
venres da costa , as pistolas do trinque e as miradas que falan máis cás
palabras.
(...)
Gústame novembro. Gústame este mes de novembro que tes agora nas
túas mans. Aprétao forte e ignórao e devolverache o golpe, seguro.
Apréciao e descubrirache a sensación que rexe nesa rexión mínima que
é novembro. Comprenderás… (…)”