ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/10/12

Dragal

Comentario de Julián Gómez Villamayor


Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais


É un libro de misterio e intriga no que a Hadrián tócalle vivir unha aventura xunto a Mónica, unha compañeira de clase onde xuntos resolven un enigma do pasado.
Cando o empecei a ler parecéuseme a outro tipo de libros que xa lera, un misterio por resolver que xa case podía adiviñar como acababa, pero ao final soprendeume porque non era como eu esperaba.
Quedan cousas no ar como por exemplo se a policía se dará conta de que foron eles os que estiveran aquela noite nas catacumbas, se Hadrián reencarnado en dragón comerá a Mónica -quen quedou encargada de lle levar comido ao Penedo-, que pasará cando a nai de Hadrián o bote en falla, que pasará coas declaracións de Brais?
O que máis me gustou é que non ten un vocabulario complexo, polo que me foi doado de ler e de entender.
Apetéceme ler a segunda parte para atoparlle as respostas ás preguntas que fixen anteriormente.

Os fillos do mar

Comentario de Valeria Espinal Carreño


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais




Os primeiros capítulos do libro non me gustaron moito e non estaba metida na historia, pero cando apareceu Mariña no relato, empezoume a enganchar e a gustar. 
  
     Atráenme moito as historia de misterio e intriga, polo que este libro gustoume moito. 

     Unha das cousas que máis me chamou a atención, foron as escenas entre Simón e Mariña, dende que se coñeceron, ata o final. Os capítulos que  máis me engancharon, foi cando os dous protagonistas visitaron a illa, onde supostamente estaba o "tesouro". Alí coñeceron ao "dono" de dita illa. 

     Decepcionoume que ó final non houbera asasino ningún, xa que eu esperaba sorprenderme. 
 

30/10/12

Dragal

Comentario de Ana Colmeiro Corral

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais


Dende o primeiro momento fíxenme unha idea de como serían os personaxes: Hadrián, Mónica, don Xurxo... e tamén os lugares: a Igrexa de San Pedro, as pozas do Dragón... e penso que me decepcionaría que non fosen como os maxino.
O que máis me gustou do libro foi cando Hadrián rememoraba os momentos con seu pai, cando lle contou a historia de Dragal, ben, parte dela.
Tamén me gustaron os momentos de aventuras, no túnel, dentro da Igrexa.
Cun toque de misterio, o libro comezou a engancharme dende o principio da lectura.
Non era un libro previsible, coma tantos outros, senón que me desconcertou un pouco o final, verdadeiramente non agardaba que Hadrián se convertese en dragón.
O libro está ben, ao principio é bastante aburrido, e ao final está mellor.

29/10/12

Os fillos do mar

Comentario de Adrián Villar García


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais

De todos os libros que lin conducidos polo profesorado de galego, este é o mellor.
Ao principio pensei que sería coma todas as outras novelas de aventura e intriga, que sempre tratan de persecucións e pistas que xa se supoñen, pero nesta novela hai poucas persecucións e as que hai non as esperas; as pistas son intrigantes e conséguense descifrar pouco a pouco ata o final, no que se resolven todas as dúbidas e fai que se convirta a novela en impresionante.
Cando un xa leva lido bastante, parece que xa non van aparecer máis personaxes, porén si que sucede e iso fai que o libro enganche aínda máis e non se pode parar de ler; así que aínda que é un libro groso remátase deseguida.
Unha cousa que non me puxera a pensar ata rematar o libro foi na posible relación entre Mariña e Simón.
A novela é emocionante e encantoume. Agardo que o autor escriba outra tan interesante coma esta pronto. E agardo que a profe, Gracia, nos siga recomendando libros tan emocionantes.

28/10/12

Os fillos do mar

Comentario de Ana Brandariz Quinteiro


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais

Acto I:
O libro empeza ben. Por que morre a señora? Por que lle deixou o sobre a Simón? Quen era en realidade o pai de Mariña e Xulio? Moitas dúbidas sen resolver.
Acto II:
Todo segue igual, sigo sen descubrir nada novo, todo se volven dúbidas.
Acto III:
Ía sendo hora de que se descubrisen cousas, e despois de ler máis da metade do libro teño que dicir que estou sorprendida. Teño unhas ganas de sabelo todo...
Acto IV:
Quen ía imaxinar que isto comezaría a rematar así? Estou sorprendida, nunca o imaxinarna, case todo me pilla por sorpresa.
Acto V:
Quedei impresionada, vaia, onde estaba o ouro!

A verdade é que o libro ao principio é algo aburrido, pero a medida que te adentras no mundo de Mariña e Simón, engancha.

27/10/12

Dragal

Comentario de José Antonio García Morcuende

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais


É un libro  bastante bo aínda que o final é un pouco decepcionante pero ata a metade está ben, sobre todo cando empeza  a buscar o segredo do dragal  a partir dun medallón que herdou de seu pai.
A min  transmíteme unha mensaxe de perseveranza e coraxe brutais  porque non se dá por vencido ata encontrar o segredo e para iso que tivo que empregar ata a ultima gota de suor.
Tamén gústame porque é fácil de ler.
 

26/10/12

Dragal

Comentario de Mario Salgueiro Tallón

Dragal. A herdanza do dragón
Elena Gallego Abad
Xerais


Ao comezo, o libro pareceume un pouco "rollo" porque contaba toda a súa vida, o que lle pasara ao seu pai, a razón mediante a cal se mudara a Galiza... Logo comezou a pórse interesante polo movemento do dragón do medallón, a procura de información e os segredos que agochaba a igrexa de San Pedro. 
Cando baixaron ás catacumbas pola noite púxoseme a pel de galiña polo susto que levou Hadrián coa trampa e a aparición de Brais.
Enganchoume a parte final, porque non maxinaba nada do que pasou.

01/10/12

Subindo