ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Graffittis. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Graffittis. Amosar todas as publicacións

09/02/15

Reo

Comentario de Ánxela Barrio Varela


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
 
O comezo e parte do desenvolvemento deste libro non me gustou, pois dábame a impresión de que o autor se enrollaba moito e o tema doas grafitis non é algo que me apaixoe demasiado.
Pero en cambio a partir de cando Cora e Reo deciden ir á capital comeza a gustarme máis o libro xa que existe una pequena historia de amor e hai un pouco de intriga con saber o que lles pasará alí.
Nesta historia podemos apreciar que os grafitis son un xeito para expresarse para Reo. Tamén nos ensina que non sempre saen as cousas ben como por exemplo, no seu caso cando o pilla a policía.
O final que ten era algo inesperado, non me imaxinaba que ía ocorrer algo así, creo que para o meu gusto estaría mellor acabando todo ben e non dunha forma tráxica como é neste caso.

Reo

Comentario de Telmo García

Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
A novela de Reo conta unha historia que me gustou. A trama é entretida cunha temática que se me fixo cercana. Non sabía case nada do mundo do grafitti e grazas a este obra coñecín moitos termos da xerga dos “escritores”.

As personaxes da narración están na miña opinión moi ben debuxadas, dende a doce e valente Cora ata o Chagui, un rapaz de vida malgastada.

A obra ten historia de amor, intriga policial cos tropezóns de Reo coa lei, crítica social e familiar e moitas outros aspectos que a fan interesante e variada. Gustoume como reflexa a importancia de ter bos amigos e de ter quen confíe nos teus soños e te apoie. O avó do protagonista e o seu profe de Arte representan a necesidade que todos temos de alguén que nos axude e anime.

A novela ten unha mensaxe positiva: persigue os teus soños,  e aínda que o final resultoume algo raro e non acaba de gustarme (pois para nada imaxinei que lle acontecese iso a Chagui  e que o inimigo graffiteiro, Oni, ao mellor foi unha alucinación de Reo) a verdade é que recomendo lela porque é unha obra que che deixa un bo sabor de boca.

08/02/15

Reo

Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 



Esta obra escrita por Xesús Fraga pareceume, na miña opinión, un dos mellores libros que lin no que vai de curso.
Esta peza deume a sensación de ser moi curta, e con isto non quero dicir que teña poucas páxinas ou que non me gustase, ao contrario, fíxoseme curta grazas á súa historia. Sentinme bastante identificado con Reo ou coa persona que así se fai chamar, e non é porque me guste o gaffiti, senón porque as situacións ás que se enfronta son moi comúns doas que están sucedendo hoxe en día entre os mozos.
Unha das cousas que máis me gustou do libro foi o ben que están interpretadas as vidas de cada personaxe, e o tema do whatsapp, xa que en moitas obras actuais non empregan as novas tecnoloxías e é algo que en moitas bótase en falta.
Pero neste libro no só hai cousas que me gustasen tamén hai cousas que non, unha delas é a falta de complexidade que se dá nalgunhas partes. O final disgustoume bastante e é algo que non me chegou, ademais de que eu non son moito de finais abertos. Gustaríame saber como acabou esa bonita "historia de amor" entre Reo e Cora, que foi dos amigos de Reo, se Rai e Sen chegaron a ser moi populares ou non, etc.
A parte diso, eu recomendo ler este libro xa que a súa historia paréceme moi boa, ademais de ser un libro moi sinxelo de ler e que seguro o rematarás sen darte conta.

Reo

Comentario de Francisco Javier Rivas Santomé


Reo
Xesús Fraga
Galaxia


Descubrín a vida dun rapaz de case da nosa idade (17 Anos), que pensa, vive, ten sentimentos;  nela aparecen a droga, a diversión, os membros da A - 100, a crise... etc.
A temática é unha crítica duns membros da sociedade, considerados vándalos, que pintan nos muros, e teñen o seu propio modelo de vida.
Reo debuxa ben, xa o seu avó facía carteis para o Cine, pero el non os asinaba, como si fai Reo, e á súa vez, o avó aconsellábao.
Para Reo os seus Grafitis son Obras de Arte, e neles debuxa o que a el lle importa.
Gústame que o final da Historia sexa aberto, para que nós os lectores poidamos poñerllo, iso si, inventado por cada un de nós.

07/02/15

Reo

Comentario de María Mato Martín


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
 
 
 
Este libro resultoume interesante, xa que fala dunha historia moi preta a nós. Aínda que algunhas partes me resultaron máis entretidas ca outras.
En xeral, o libro non me desagradou, gustoume a linguaxe coloquial coa que se tratan os amigos de Reo, os uns aos outros, tamén os coloquialismos que emprega o mesmo Reo para contar a súa historia.
A idea de que Reo vexa o graffiti como algo máis cunha simple pintada nunha parede, fai que me sinta identificada. Percibe a arte dunha maneira que nin o seu pai nin o meu entenderían.

Reo

Comentario de Katia Pereira González


Reo
Xesús Fraga
Galaxia
  
 
 
A forma de comezar Xesús Fraga o libro de Reo fíxoseme moi coñecida, porque Xosé Neira Vilas tamén empeza máis ou menos desa maneira o libro de Memorias dun neno Labrego.
Ao principio custoume moito engancharme a el… pero a verdade é que non me rendín en ningún momento xa que dende o principio algo me chamou a atención;  non sei moi ben o que pero creo que foi o tema do graffiti.
Por outra parte contén interesantes reflexións sobre as realidades dos mozos de hoxe en día. Reo comparte ese sentimento de verse á marxe, de que as regras impostas pola sociedade, moitas veces, semellan indiferentes e inxustas. El observa o mundo dende un punto de vista particular e así o conta en primeira persoa, e sabe que pode aspirar a algo mellor, pero non ten moi claro o camiño para acabalo.
Gústame moito a súa positividade en cando o seu graffiti: Reo. Porque ten a intención de encher a cidade cos seus deseños e as súas firmas. Sabendo que o seu nome non é importante, pero o seu alcume si. Reo é un rapaz convencido do que quere facer, utiliza o graffiti como medio de expresión, pero no é un vándalo (non pinta en monumentos).
Este libro fíxome reflexionar sobre o tema do graffiti porque ten razón en de que o graffiti non debería ser ilegal porque é algo moi bonito que as veces te fai encher por dentro. A min por exemplo, encántanme os graffitis porque me fai sentir como feliz.
Finalmente este libro a verdade é que me fixo reflexionar moito, como xa dixen antes.