A novela de Reo conta unha historia que me
gustou. A trama é entretida cunha temática que se me fixo cercana. Non sabía
case nada do mundo do grafitti e grazas a este obra coñecín moitos termos da
xerga dos “escritores”.
As personaxes da narración están na miña
opinión moi ben debuxadas, dende a doce e valente Cora ata o Chagui, un rapaz
de vida malgastada.
A obra ten historia de amor, intriga policial
cos tropezóns de Reo coa lei, crítica social e familiar e moitas outros aspectos
que a fan interesante e variada. Gustoume como reflexa a importancia de ter bos
amigos e de ter quen confíe nos teus soños e te apoie. O avó do protagonista e
o seu profe de Arte representan a necesidade que todos temos de alguén que nos
axude e anime.
A novela ten unha mensaxe positiva: persigue os
teus soños, e aínda que o final
resultoume algo raro e non acaba de gustarme (pois para nada imaxinei que
lle acontecese iso a Chagui e que o inimigo graffiteiro, Oni, ao mellor foi unha alucinación
de Reo) a verdade é que recomendo lela porque é unha obra que che deixa un bo
sabor de boca.
Sen comentarios
Publicar un comentario