O comezo e parte do desenvolvemento deste libro non me
gustou, pois dábame a impresión de que o autor se enrollaba moito e o tema doas
grafitis non é algo que me apaixoe demasiado.
Pero en cambio a partir de cando Cora e Reo deciden
ir á capital comeza a gustarme máis o libro xa que existe una pequena
historia de amor e hai un pouco de intriga con saber o que lles pasará alí.
Nesta historia podemos apreciar que os grafitis son
un xeito para expresarse para Reo. Tamén nos ensina que non sempre saen as
cousas ben como por exemplo, no seu caso cando o pilla a policía.
O final que ten era algo inesperado, non me imaxinaba
que ía ocorrer algo así, creo que para o meu gusto estaría mellor acabando todo
ben e non dunha forma tráxica como é neste caso.
1 comentario:
Este libro é o que menos me gustou de todos os que lin. Non me gusta moito o vocabulario, a verdade é que o mundo do graffiti non me entusiasma.Recoñezo que me agrada a xente rebelde , que se rebela contra o que non lle gusta. No caso de Reo, para él todos están en contra, incluso del mesmo. Prefiro que as seguintes novelas sexan doutro estilo, o ambiente desta non me gustou moito
Publicar un comentario