ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Triloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Triloxía. Amosar todas as publicacións

03/11/16

As Crónicas de Bran I: A Revolta dos Mestres

Comentario de Silvia Soutro Froján


As Crónicas de Bran I: A Revolta dos Mestres
Xosé Duncan
Urco





Escrita por Xosé Duncan, é unha novela de fantasía que se desenvolve nunha cidade construída dentro da Montaña Sagrada chamada Elawei. Dividida en tres grandes partes: o barrio dos explotados mineiros, dos comerciantes e, separados por unha barreira natural, os habitantes do palacio. Alí residía o Gran Forxador e a súa familia. El gobernaba a cidade e tamén posuía grandes coñecementos sobre maxia que o seu fixo Bran algún día aprendería. Tamén estaban os seis mestres, que tiñan un gran papel dentro da cidade e que en secreto conspiraban para porder gobernar eles coa axuda dun novo Gran Forxador.
Gustoume o libro, está cheo de segredos e a fantasía desátase no momento de loitas. Encántame como desenvolveu as loitas que se producían, como utilizaban os mestres esas invocacións onde todo ocorría grazas á maxia. Quizais non me gustou que metese tantas conspiracións polo medio pero en si o libro estivo ben. Mantén un certo punto de realidade e todo ocorre dentro do común aínda que é un libro de fantasía. Non lle falta emoción e como primeira novela da trioloxía, teño ganas de ler a seguinte.

18/12/13

Bágoa de Lúa

Comentario de Julián Pereiro Rozas



Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia

Excedeu as miñas expectativas iniciais, posto que ao principio do libro tiña todas as miñas opinións en contra. Eu pensei que non ía ser do meu  gusto, pero non esperaba  nin moito menos o enganche que me produciu. Supoño que sería  debido á pouca acción dos primeiros capítulos.
O factor que segundo a miña opinión máis me empuxou a seguir lendo foi o enigma e a alternancia entre as historias; as cales me parece que están moi ben situadas na lectura.
 A sensación que máis me transmitiu o libro foi  o ser impacente (refírome os ultimos capítulos), a mellor parte para min foi o final ``aberto´´ que deixa a autora para o próximo libro.

12/12/13

Bágoa de lúa

Comentario de Sergio Calviño


Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia



O libro non me gustou moito, ten cousas positivas, pero ten máis negativas.
Positivas, gústanme as dúas historias de diferentes épocas que ao final se acaban unindo.
Negativas, ás veces faise pesado ler o libro e outras gústache moito o que estás lendo. Outra cousa que non me gustou moito, é que ao principio o libro ten pouco enganche, aínda que despois vaia incrementando.
O final foi o que máis me gustou xa que se unen as historias, e vese que está ambientando un novo libro.

11/12/13

Bágoa de Lúa


Comentario de Nicolás Rivera Mallo


Bágoa de Lúa
As Crónicas de Landereina
Sabela González
Galaxia



Ésta é a historia da Pedra de Lúa, unha pedra máxica que lle confire poder a quen a posúe, e de Berenguela, posiblemente a elixida para salvar o reino de Landereina.
Neste libro mestúranse dúas historias, por un lado a da Dinastía dos Gheiroez: o rei Argún II arrebátalle a Pedra de Lúa a Wiasmau “o feiticeiro” e acaba con 46 anos de dominio, recuperando o reino de Landereina. A partires de aí a súa familia terá que gardar a pedra en segredo, protexela e conseguir información que lles permita destruíla (porque lle confíre a quen a ten dominio sobre os guerreiros escuros das montañas Kaii, os Kaihunn). Benergard xunto con Bendiargo, descendentes de Argún II, case conseguen acabar co poder da pedra, lograron que se rompera en cinco anacos, catro deles están espallados en distintos lugares do reino e o quinto quedará na familia é será coñecida como Bágoa de Lúa.
Por outro lado, está Berenguela, esta rapaza non sabe que é descendente dos Gheiroez nin que o colgante que lle regalou a súa nai é a Bágoa de Lúa. Cando un novo exército de Kaihunn ataca ás Amazonas e lle da morte a súa nai, Güennaela chegará a súa cabana con ordes de Maëriss, a rexedora de Gabaia, para levar a cabo un plan trazado anos antes. Na viaxe descubrirá quen é ela, que significa o seu colgante e que quizais sexa a elixida para destruílo.

         Ao principio, pareceume algo confuso, pero a medida que avanzaba na lectura todo se aclaraba e cobraba sentido.