ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/04/08

Cianuro espumoso

Comentario de Carla Gómez Ferradás

Cianuro espumoso
Agatha Christie
Galaxia


Que libro!!!

Ao principio é moi lioso pero despois empezas a entender todo e é moito máis difícil lelo.
A verdade, non podo dicir moito deste libro porque non transmite moito, só intriga, moitísima intriga.
Ninguén se pode maxinar quen é o asasino ata case o final que é onde se empeza a ver as cousas máis claras.
Un libro moi interesante.

O diario de Ana Frank

Comentario de Iciar

Diario de Ana Frank
Kalandraka



O diario de Ana Frank é un libro que ao lelo acabas dentro da historia, coñecendo a cada unha das persoas, eu ao acabar de ler o libro parecíame que coñecía a Ana de toda a vida.
Ao ler o libro parecíame impresionante como vivían todos na Casa de Atrás, poñendo turnos para ducharse, pasando fame, etc. e aínda así todos eran felices e intentaban seguir coas súas vidas sen pensar no seu futuro, en cando acabaría esa guerra, en se sairían adiante ou non. É moi forte como lles cambiou a vida dun día para outro. Pasar de vivir tranquilo na túa casa, cos teus amigos, toda a túa familia, o lugar onde vives... e dun día para outro ter que marchar, vivir dous anos escondéndote, con outra familia coa que sempre hai enfrontamentos e á que non soportas (nin eles a ti te soportan). A min seríame moi difícil cambiar tanto de vida.
Tamén me gustou a historia de Ana con Peter, aquel rapaciño que ao principio non soportaba, pero ao coñecérense mellor mudou a súa opinión sobre el e acabáronse namorando.
Pero sen dúbida a parte que máis me impresionou de todo o libro foi a ultima páxina, na que explica que pasou cos oito escondidos e cos que os protexían, cando os atoparon... o pai de Ana refixo a súa vida e dedicouse a publicar o diario da súa filla para que a xente soubera todo o que viviran.

26/04/08

A pensión Eva

Comentario de Cristina Ares


A pensión Eva
Andrea Camilleri
Galaxia



Este libro gustoume, é entretido, as aventuras dun adolescente que experimenta, busca e vive novas experiencias e que son contadas canda a guerra. Fai pensar.
Pero é un libro que gusta e non deixa pegadas. Non pensas nel como un libro que vas volver a ler de maior.

23/04/08

Calella sen saída

Comentario de Patricia Taboada Espiño

Calella sen saída
Omgbá, Víctor
Galaxia


Unha historia moi triste.

Pareceume moi triste e deume moita mágoa o que lle pasou a este home. Chegar a outro país, coa idea de buscar unha vida mellor e de rematar os estudos, e ter que pasar grandes penurias e non conseguir o obxectivo.
É incrible o racista que pode chegar a ser a xente; viña cos seus estudos para rematar e ninguén lle axudou, ao contrario, prexudicárono máis. Tivo que vivir unha situación que non agardaba pois o seu amigo que vivía en España lle tiña comentado que vivía ben. É moi doloroso deixar o dun para topar o inhumano fóra da casa.

20/04/08

Calella sen saída

Comentario de Cristina Ares


Calella sen saída
Omgbá, Víctor
Galaxia




A historia deste emigrante faite ver claramente as penurias que pasan ao chegar a un país descoñecido onde todos os descriminan, e tamén as condicións de vida que teñen alá.
Vexo esta historia como un libro para informarse máis que para disfrutar da súa lectura.
Creo que fai recapacitar a calquera, polo que é moi recomendable, sobre todo para aqueles máis racistas que parecen estar por riba deste tipo de historias reais.

14/04/08

A pensión Eva

Comentario de Noelia Souto


A pensión Eva
Andrea Camilleri
Galaxia


Este é un libro un tanto erótico porque conta cousas con bastante detalle, pero é moi interesante pois non maxinas como vai rematar.
Conta moitas penurias da guerra e o inxeniosos que son algúns para estar coa persoa amada ou como se amañan outros para cumprir os seus desexos sexuais ou como a adolescencia é o período para experimentar con outros corpos...
Produciume moita curiosidade por como ía cambiando os feitos. Coma sempre, preferiría un final máis "romántico", pero estivo ben.

Seda

Comentario de Noelia Souto

Seda
Alessandro Baricco

Rinoceronte


Non sei como comezar porque a verdade pareceume un libro un pouco raro á hora de expresarse o autor. A historia é bonita, aínda que un tanto triste e non te esperas o final de ningunha maneira. Creo que o libro produce máis nerviosismo que emoción. A min o final decepcionoume un pouco porque pensei que sería máis emocionante ou que causaría en min outro efecto porque quedei coas ganas de que ocorrese algo máis. Impresionoume moito máis o libro anterior que lin.

Querida amiga


Comentario de Patricia Taboada Espiño


Querida amiga
Marina Mayoral
Galaxia



Cando comecei a ler este libro pensei que sería unha historia de amor imposible, pero logo decateime de que eran historias totalmente independentes, agás a última.
Houbo capítulos que non me gustaron nada, como o segundo. O que máis me sorprendeu e gustou foi o final, xa que non mo esperaba.
É un libro doado de ler

Seda

Comentario de Patricia Taboada Espiño

Seda
Alessandro Baricco

Rinoceronte



Un libro sorprendente
Que bonita historia, unha historia de amor-aventura fascinante.
Un libro sinxelo e emotivo, moi recomendable.

A pensión Eva


Comentario de EnmaVázquez Rivas

A pensión Eva
Andrea Camilleri
Galaxia


O libro gustoume, aínda que estiven a piques de non lelo polo comentarios que me fixeran del.

Está escrito no medio dunha guerra. O protagonista do libro intente gozar da súa adolescencia, vivindo novas experiencias na pensión Eva.
O que menos me gustou do libro foi o final, xa que todo está destruído por culpa da 2ª Guerra Mundial

10/04/08

O diario vermello de Carlota

Comentario de Marcos González

O diario vermello de Carlota
Gemma Lienas
Editorial Galaxia


Como xa lin o Diaro vermello de Flanagan, sei como vai esta historia. Lémbrome moito destoutro libro. Hai informacións moi interesantes, como a da páxina 205, e outros son moi oportunas e curiosas. A páxina 286, onde Laura explica por que se producen os maltratos pareceume moi interesante, así como a reflexión de por que e onde se producen máis.
O libro gustoume moito, sobre todo para aprender o outro punto de vista, despois de lido o outro libro, teño como unha visión máis xeral. É interesante.