ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Nai solteira.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nai solteira.. Amosar todas as publicacións

04/12/16

Nubes de evolución

Comentario de Marcos Quintana Cuñarro


Nubes de evolución
Andrea Maceiras
Xerais





Nubes de evolución é unha historia de fríos, de inestabilidades, de soidades, de encontros casuais,e de personaxes que, unidos pola frase dunha canción e tamén pola presenza de dúas persoas co mesmo nome, unha delas soamente citada ao final do relato, conseguen atoparse a si mesmas.
Esta novela  é moi boa de ler tanto para adultos como para adolescentes. A novela narra as historias de tres personaxes, que casualmente sempre se encontran nunha estación de autobuses, onde o frio e a soidade se aprecian nela con moita frecuencia.
Os personaxes son Amanda,unha moza de 19 anos que xa ten unha filla (Ánxela), pola parada tamén pasa un rapaz chamado Uxío,que trata moi mal á súa moza por mor dos comportamentos dos seus pais, e outro personaxe que se chama Luís que o está a pasar moi mal tras a morte da súa muller e parece incapaz de superalo.
A escritora do libro (Andrea Maceiras) pretende achegar ao lector como a vida de tres persoas distintas, se lles cruza no camiño e estas comezan a empatizar uns con outros. Pareceume unha gran novela que narra historias moi tristes, pero finalmente a felicidade vence á tristura e á amargura destes tres personaxes e a novela acaba cun final feliz para todos.

21/02/13

Nubes de Evolución

Comentario de Noelia Amigo


Nubes de evolución
Andrea Maceiras
Xerais




Realmente creo que este libro se converteu nun dos meus libros favoritos, ó principio non 
pensei que unha amizade entre persoas tan diferentes puidese dar fin a solucionar os problemas persoais de cada un, gustame moito como a autora fixo que o libro se dividise en diferentes partes para que así poidamos saber o que sente cada persoa por separado, é un libro que te engancha desde un principio, porque queres saber o futuro de Amanda, de Uxío, de Luís, e o das dúas Anxelas.
Eu sinceramente recomendaría este libro para as persoas que  gusten das historias de amor.