ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Enfermidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Enfermidade. Amosar todas as publicacións

14/01/18

Ás veces quero morrer coa risa

Comentario de Alba Gómez Barros

 
Ás veces quero morrer coa risa
Birgit Schlieper e Nina Stahl
Galaxia 
  
 
Conta a historia dun rapaz de 16 anos ao que lle diagnostican un cancro terminal. El, coma calquera adolescente, non entende por que ten que morrer tan novo con todo o que lle queda por vivir. Logo ten que decidir onde pasar o tempo que lle queda. Mais coñece a Helene, unha rapaza aínda máis enferma ca el. Coa aparición do amor descobre que o tempo que lle queda quere pasalo con ela.
Cómpre salientar que este libro xa me chamou a atención dende un primeiro momento, tanto o título coma a súa portada. Tamén a primeira frase coa que comeza xa é impáctante.
Este libro gustoume moito, e enganchoume na lectura del, case sen dar parado de ler xa que o tema é moi atractivo.
Ás veces quero morrer coa risa transmitiume moita tristura, é un destes libros que enchen os ollos de bágoas.
O que máis me chamou a atención dentro da trama principal foi a dificultade que tiña Nils para expresarse con claridade cara aos seus pais. Non lograba dicir o que quería nese momento, que precisaba deles.
É importante resaltar que este libro fíxome reflexionar e poñerme na pel de Nils. Pensar que hoxe en día adolescentes coma min queremos abarcar e ter todo e outros encóntranse en situacións nas que só queren estar ben e sans.
En conclusión pareceume moi fatídico e moi entretido. Ensinoume a valorar o que teño. Recomendaríao a calquera persoa, xa que é interesante e chamaría atención. Calquera podía poñerse dentro do libro, na pel dos pais ou na de Nils.


30/05/17

Ás veces quero morrer coa risa

Comentario de Miguel Lamazares

Ás veces quero morrer coa risa
Birgit Schlieper e Nina Stahl
Galaxia 
Ás veces quero  morrer coa risa é unha das mellores novelas que lin. 
Esta historia engánchate dende a primeira frase ata o final. Quedei moi abraiado co final xa que non esperaba nada así, nin coa tranquilidade que  NILS ve a morte da súa compañeira ULLA. Tamén me impresionou moito a historia do protagonista, NILS, sobre todo, a maneira que ten de pensar, reaccionar e de relacionarse coa xente ao saber que lle espera  unha morte segura. 
Gustoume moito este libro porque aínda que ao rematalo non paras de pensar na sorte que tes por non ter que sufrir esta enfermidade, faite reflexionar e, como dixen, darte conta da sorte que temos. Outra parte moi importante da historia  son os personaxes que se atopan nun segundo plano, que axudan a facela máis dura e realista, pola situación que viven os pais, os médicos, e como non, o amor, que apareceu con Helene.
O que máis me gustou do libro, aínda que por outra parte sexa o peor, foi o realismo e a dureza coa que escribe o autor , como mostra a peor cara dun rapaz de dezaseis anos. Pareceume un gran libro, xa que faiche ver a vida tal e como é, e porque te metes na pel do personaxe dende que empeza. Sinceramente, gustoume moito.

01/12/16

Un Monstro vén a verme

Comentario de Miguel Lamazares


Un Monstro vén a verme 
Patrick Ness
Kalandraka


Un mounstruo vén a verme é unha das mellores novelas que lin na miña vida. A súa historia engánchate dende a primeira frase ata a última. Quedei moi abraiado coa creuldade do final e como un neno ten que ver sufrir así a súa nai. Tamén me impresionou moito a historia do mounstruo, ademais e como se fixera a historia máis completa e dramática debido ao momento no que chega. Gustoume este libro porque aínda que ao rematar non fas máis que cuestionarte cousas e facerte preguntas, faite pensar e reflexionar sobre o que é a vida en sí, e o cruel que pode chegar a facerse. Outra parte moi importante da historia son os personaxes que se atopan nun plano secundario como son, o pai, a avoa e os seus inimigos do colexio. Do que me decatei tamén, é ,que por estar así, o seu pai e os profesores non o castigaban cando facía algo mal , por exemplo, cando destruiu o salón da casa da avoa ou cando lle pegou a un dos seus inimigos Harry. O que máis me gustou do libro, foi a relación de Conor co mounstruo , por que vai cambiando ao longo de todo o libro. Pareceume un gran libro , pero,para o meu gusto quitaríalle un chisco de sufrimento, xa que, cando acabas o libro non podes evitar chorar. Sinceramente, encantoume.

19/11/16

Un Monstro vén a verme

Comentario de Zaira Míguez


Un Monstro vén a verme 
Patrick Ness
Kalandraka









O libro trátanos a historia dun rapaz que ten a súa nai enferma de cancro. Todas as noites tiña o mesmo pesadelo que se desvela no final do libro cal é. Un día a medianoite o rapaz, Connor, ve na ventá un monstro, o texo que tiñan ao lado da casa, este dille que lle contará tres historias pero ao rematalas el teralle que dicir a súa (o seu pesadelo). Connor ademais sufría o acoso por parte dun raparigo chamado Harry na escola. No colexio nunca era castigado por pena pola enfermidade da súa nai, isto amolaba moito a Connor e o que máis desexaba era que fora tratado como un máis.  A nai sufrira unha recaída e o monstro comezou a contar as súas tres historias que conlevaban unha ensinanza.

O libro gustoume moito, é unha historia conmovedora e realista que chega aos corazóns de todos os lectores. O que máis me sorprendeu foron as historias do monstro sobre toda a primeira da que quero destacar a frase ``Non sempre hai un bo da historia. Nin tampouco un malo. A maioría da xente anda entremedias´´ considero que é unha frase potente e que ten moita razón tras dela.  Tamén quero falar sobre o comportamento de Harry, no libro non se comenta nada de porque é así pero según ía lendo a miña cabeza cavilaba, o mellor era así por envexa de que Connor non fora reprendido e a idade de 13 anos non era consciente do grave problema que el sufría no seu fogar e só quería o que a Connor se lle daba. O que nunca me gustou foi a figura do pai, xa que penso que para el era primeiro a figura da súa familia de América e que infravaloraba a figura do seu fillo Connor.
Recomendo moito este libro xa que trata unha historia realista que vai conmoverte e atraparte.  É curto pero esas poucas páxinas teñen un poder atrapante abraiante cun punto fantástico que mostra ensinanzas sobre a vida e un final que fará soltarche as bágoas.

10/11/16

Un Monstro vén a verme

Comentario de Marcos Quintana


Un Monstro vén a verme 
Patrick Ness
Kalandraka






Un monstro vén a verme é o libro perfecto que un  adolescente ou adulto pode ler. O autor describe á perfección como se debe sentir unha persoa que ten un familiar en risco de morte, tamén describe perfectamente mediante escenas no libro a sociedade de hoxe en día.
O libro narra a historia dun rapaz que ten unha nai que padece cancro. No instituto ao que o rapaz ía, había un neno (Harry) que era o mellor para as profesoras pero era o demo en persoa para Conor. Harry e os seu dous compañerios sabían da enfermidade da nai de Conor, entón estes aproveitaban para desfacer a Conor mentalmente mediante insultos, agresións…
No libro, Conor ten medo a que se faga realidade unha verdade que el non quere que se faga. Por mor dese medo ,Conor ten sempre o mesmo pesadelo e comézaselle a aparecer un monstro que quere axudar a Conor. O monstro díxolle que contaría 3 historias e que despois Conor tería que contar a última.
Pareceume o mellor libro que lin na miña vida xa que trasmite uns sentimentos de dor que ata os lectores poden percibir eses sentimentos e poden caer algunhas lagrimiñas cousa que a min me pasou. Recoméndovos que merquedes este libro se queres sentir unha experiencia como lector que nunca olvidarás.

06/11/16

Un Monstro vén a verme

Comentario de Noa Presas González


Un Monstro vén a verme 
Patrick Ness
Kalandraka





Esta novela pode parecer una historia ben simple e infantil, pero leva consigo unha seria de mensaxes e unha carga emocional incríble, que nos ensina a aceptar as cousas irreversibles e inevitables como a morte.Nas súas escasas páxinas deixa ver unha serie de sentimentos que van dende a ira e odio ata a desolación, todas as cales eu,como lectora experimentei profundamente. 

A temática vai dun neno chamado Connor cuxa nai está en tratamento de cancro, e este neno ten que asumir o inevitable a pesar da dor que iso trae.Pero non está só senón que sete minutos despois da media noite aparecerá un monstro, pero non un monstro malvado, é antigo, sabio e non busca aterrorizalo, senón que busca a verdade, algo que Connor teme contar.

O citado monstro,proponlle un trato, el contaralle tres historias e logo o neno  contaralle unha cuarta, que sería una revelación de que lle ocorre nun pesadelo que leva sufrindo dende fai un tempo, dende o meu punto de vista os relatos reflicten o carácter dos seres humanos, que non hai bos nin malos, e que todo pode verse dende outro punto de vista.Tamén temos a nai que encarna a loita e as ganas de vivir.E por outro lado a avoa, que representa una especie de “antagonista” na historia.


Na niña opinión persoal parecerme una novela que a primeira vista pode parecer simple pero é una historia incrible e emocionante, divertida e conmovedora na que o valor pode superar a dor.Dende logo identifiqueime con Connor porque aínda que non vivo a mesma situación ca el, gañou o meu corazón dende o principio da novela.En definitiva, recomendo esta novela a todos os públicos, xa que a min fíxome rir,chorar, pero sobre todo gozar.

11/10/15

O cuarto de invitados

Comentario de Cristina Costela Seara


O cuarto de invitados
Helen Garner

Rinoceronte 




O cuarto de invitados de Helen Garner é un libro que describe a relación de dúas vellas amigas. Unha delas, Nicola, que tras serlle diagnosticado un cancro terminal decide trasladarse a casa da súa amiga Helen, mentras leva a cabo un tratamento de medicina alternativa. Durante o tratamento, Nicola dase conta de que está peor do que imaxinaba e do que ela mesma estaba disposta a aceptar.
   Helen convértese na súa enfermeira, coidándoa con todo o agarimo e paciencia posibles, pero a súa desaprobación polo tratamento alternativo no que confía Nicola fai que afecte a súa amizade. Este desacordo fai que a novela entre en temas como por exemplo ata que punto están dispostas a sacrificar os seus intereses propios pola outra persoa e ata onde chega o apoio dunha persoa que non opina o mesmo ca ti.
   Nesta novela tamén se reflexa a importancia do apoio dos familiares e amigos dos enfermos e a como vivir cunha enfermida terminal, e é que Nicola a pesar do mal que estaba sempre tiña un sorriso na cara.
   Unha novela que me encantou e que che fai reflexionar sobre o sacrificio de coidar a un ser querido e que destaca a forza da amizade; polo que debemos valorar as relación que establecemos ao longo da nosa vida. O que máis me impactou do libro foi ver o egoísmo que está tan presente hoxe en día.
Unha novela que paga a pena ler !