Comentario de Anxo Gil
A noite que Wendy aprendeu a voar
Andreu Martín
Xerais
A noite que Wendy aprendeu a voar
Andreu Martín
Xerais
Foi unha cousa moi curiosa, xa que eu xa tiña
lido anteriormente novelas policíacas, pero ata entón ningunha me gustara. Sen
embargo, este libro gustoume moito máis ca os outros, xa que neste libro hai
momentos de humor, e ademais a trama avanza moito máis rápido ca noutras
novelas policíacas, así que non te aburres tanto. O problema foi que ao
principio non entendía nada, pois falaba de sectas como os masóns, os
illuminatti... destes últimos xa tiña algún coñecemento, pero sabía que eran
unha secta e pouco máis, e aos masóns xa nin os coñecía, así que me documentei
na Wikipedia para poder saber de que falaban, e entender mellor a historia.
O
personaxe de Wendy encantoume porque, en canto saeu da auga, estando a punto de
morrer afogada, deulle unha venada e empezou a actuar coma unha maníaca,
descubríndose a sí mesma. O meu momneto favorito do libro foi cando Roger lle
dixo o equivocado que estaba e lle dicía que era auténtica, ao que ela lle
contestou que sen el a súa vida era mellor, decindo que prefería ver como Mon
ía ao baño que quedar con el, deixándoo só, xa que a Andrea non lle interesaba
Roger.