O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Pasqual Alapont
Xerais
O inferno de Marta, o libro escrito por Pasqual Alapont é
unha peza na que se representa o machismo na sociedade actual.
Nesta obra pódese observar como a nosa protagonista
(Marta) acaba e perder parte da súa vida ao decidir estar con Héctor, a persoa
que a maltrata e a insulta con tal de facer o que el quere, e que lle regala
detalles para que ela o perdoe e a historia se volva repetir. Neste caso o
libro case non se afasta da realidade, xa que na actualidade a maioría dos
casos de machismo ou violencia de xénero non son denunciados e por iso cada ano
hai un elevado número de vítimas. Moitos pensan que é tan sinxelo coma irse do
carón do maltratador pero dende o meu punto de vista isto non é así.
Durante o curso da historia descubrimos que Héctor
tiña máis mozas coas que facía o mesmo. Tras saber isto, o libro (na miña
opinión) deu un xiro completo xa que Marta comezaba a "abrir os
ollos" pero iso non impedía de todo que Héctor a seguise torturando.
Finalmente grazas as súas amigas Marta conseguiu
escapar del e salvar a súa vida máis a do seu fillo.
En xeral, gustoume moito xa que se mostra
perfectamente o que é o machismo, ademais de que finalmente conseguiuse facer
xustiza e Marta conseguiu escapar dese inferno. É unha obra que eu recomendo xa
que a súa historia paréceme moi boa e interesante ademais de que son casos que
suceden na vida real.
Sen comentarios
Publicar un comentario