ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.
Amosando publicacións coa etiqueta Exilio b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exilio b>. Amosar todas as publicacións
28/02/17
A neta do señor Linh
Esta historia
revélanos unha serie de sentimentos e circunstancias asociados coa perda, coa
perda do fogar, das novas sensacións ao chegar ao un novo destino, tan
alleo ao lugar onde viviu sempre, como nos numerosos recordos que o asolan da
terra onde naceu e na que foi feliz ata que a guerra destruiu toda esa
felicidade acabando con todos os seus seres queridos excepto esa pequena neta
coa que unha vez, perdido todo, decide marchar moi lonxe, para darlle unha nova
oportunidade na vida.
Tamén nos ensina que a amizade é pura e xenerosa, cando coñece ao
señor Bark, cuxa muller falecera recentemente, un afecto espontáneo xorde entre
estos dous, que aínda que falan diferentes linguas unha expresión ou unha
intención transmite máis que unha hora de charla.
Ambos encóntranse regularmente nun banco do parque ata que, unha mañá, os servizos sociais conducen ao señor Linh a un
hospicio que non está autorizado a abandonar. Este
consegue escapar e toparse co seu amigo Bark, pero desafortunadamente
atropéllano coa súa neta nos brazos, e é entón aquí cando chegamos a unha revelación ao
sorprendente final, onde o autor nos di que a neta é unha boneca. Esta nena tan
silenciosa que nunca chora, esas miradas na xente, a negativa do médico a
atendela… Pero soamente Bark síguelle o xogo dende o proncipio, xa que entendeu
que o seu amigo Linh tiña unha razón moi poderosa para facer o que fai.
Esa razón é a dor do avó, e tal o desgarramento que, en nese
preciso momento onde ve ao seu fillo esnaquizado pola malicia da guerra, para
poder sobrevivir e aferrarse a algo que dea sentido a súa vida colle a boneca e
convértea en neta.
Para min esta foi sen dúbida unha das novelas máis conmovedoras
que lin, e onde apreciamos que ás veces é preciso mentirse a un mesmo para
esconder a dor, onde a amizade xoga un papel clave e onde a se aprecia que a
terra onde un, o seu berce lévase de por vida no corazón.
Atoparalo en Amizade, Exilio, Incomunicación, Nostalxia, Rinoceronte, Soidade, Tradución
12/02/17
A neta do señor Linh
Quen dixo
que para poder escribir unha boa novela era preciso ser moi rebuscado nos recursos
lingüísticos? Ou que había que buscar unha gran cantidade de palabras
complicadas para poder presumir de culto? Ou que facía falta utilizar trinta
mil adxectivos cada vez que quixeramos explicar como era algo? Pois nada máis
lonxe da realidade, e iso é o que nos demostra esta novela.
O señor Linh viaxa na popa dun barco mirando
cara ao horizonte, deixando atrás o país que o vira nacer. Un país que quedou
asolagado por culpa da guerra, un país no cal só queda pena e desgraza, un país
que el levará sempre no corazón. Consigo, soamente leva unha pequena maleta con
algo de roupa, unha fotografía, un saquiño con un pouco de terra e, o máis
importante, acompáñao a súa neta, a
pequena Sang Diu. É por ela que decide subirse a ese barco, precisa marchar
para que a súa queridísima neta poida medrar e ter unha boa vida. Tras semanas
de viaxe no barco, o señor Linh chega a unha cidade na que non coñece a
ninguén, nin tampouco a lingua; unha cidade na cal vai moito frío e a cal non cheira
a nada. Unha cidade na cal coñece a Bark, un home solitario co que establece
unha amizade fóra do común, unha amizade rara pero tamén esperanzadora e
necesaria.
Esta novela
é unha desas lecturas que, unha vez rematada, non deixa indiferente a ninguén.
Unha novela que nos mostra a mirada amable, limpa e bondadosa dun home que ten
que pasar moitas adversidades. Unha novela chea de pequenos detalles que a fan
moito máis especial. Unha novela que nos mostra a realidade tal como é, sen
adornos. Unha novela entrañable que transmite tenrura en cada páxina. Unha
novela intensa, cun final moi difícil de esquecer e que recomendo ao cen por
cen.
Atoparalo en Amizade, Exilio, Incomunicación, Nostalxia, Rinoceronte, Soidade, Tradución
22/10/16
A neta do señor Linh
Comentario de Ana Santalla Garrido
A neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte
A primeira impresión
que me deu este libro foi a dunha realidade moi clara e moi habitual do século
XIX, a emigración, pero neste caso, algo que non é habitual, os emigrantes
(protagonistas) non son os que sempre imaxinamos cando falamos da emigración,
non son os homes de familia; senón que é un avó que se ve obrigado a marchar do seu
país por mor das guerras internas, pero sobre todo para protexer a súa neta Sang
Diu, xa que toda a súa familia morrera e quedara sepultada baixo a terra da súa
aldea.
Este libro amósame o esforzo -o amor inconmensurable- que fai un avó pola súa neta, ese esforzo
de enfrontarse a un novo país, a unha nova xente, todo o que ten que sufrir ese
home e moitos outros por mor da sociedade. Colle un barco, as poucas pertenzas
que lle quedan e marcha. Chega ao país e tense que adaptar ao cheiro, ao clima, os costumes e sobre todo a xente tan distante e fría que habita nesoutro lugar, ten
que aprender a vivir nun apartamento pequeno e escuchumizado, cunha familia
nova e maleducada, que tan só lle dá de comer, pero aínda que haxa xente fría e lerchana tamén existe xente amable, coma o amigo que o
acompaña todos os días naquel banco enfronte ao parque.
Outra lección que me
deu este libro foi a capacidade de poder falar con alguén sen tan sequera saber
o seu idioma, pero aprendín que o idioma mais importante non é o da lingua
senón o dos xestos e o dos sentimentos; como o ancián se enfronta a ter que
vivir nun “cárcere”, por mor da súa idade, aprender a escapar de alí polos
sentimentos que lle atan á súa neta e ao seu amigo, a ser ceibo, ademais de como se lle fai imprescindible a compaña do novo amigo...; pero ao final todo se acaba nun segundo, todo polo que loitaches,
todo polo que sufriches.
Aínda que para min este foi un desenlace feliz debido a que o
noso protagonista marchou daquel país e daquela terra sabendo que a súa real e pequeniña “boneca” quedaría nas
mellores mans, nesas mans grosas pero á vez delicadas, nas dun home que verdadeiramente
podería ser transparente, nas do seu amigo gordo e con cheiro a menta, nas do
señor Bark.
Atoparalo en Exilio, Guerras, Incomunicación, Nostalxia, Rinoceronte, Soidade, Tradución
14/06/16
A neta do señor Linh
A neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte
"A neta do señor Linh" a obra escrita por Philippe Claudel é unha historia na que se nos mostra a situación dun vello chamado Linh tras a guerra.
Esta obra conmocionoume moito xa que tras comezar a ler a peza deume moita pena a situación de Linh. Tras a guerra perdeuno todo e só lle quedaba a súa pequena neta, polo que decide emigrar para que a rapaza teña máis oportunidades. Despois disto o vello atópase rodeado dunha atmosfera chea de soidade e tristeza, na que ao mirar para a súa neta só se lle veñen a cabeza os malos recordos da guerra. Tras emigrar coñece un home, o señor Bark. Este nunha situación similar a de Lihn comeza a entablar unha amizade, a pesares de que non falan o mesmo idioma e a penas se entenden. Intercambian sorrisos, xestos e de vez en cando soltan unha frase no idioma do outro, algo que me causou certa gracia. Isto fai que o país estranxeiro ao que emigrou Linh empece a ter unha cara máis familiar e acolledora.
Unha das cousas que máis me gustou da peza, a parte da amizade entablada por Linh e Bark, foi o ben que trata o avó a súa neta, cantándolle nanas, abrazándoa para que non tivese frío, entre outras accións que mostraban o moito que quería o vello á rapaza.
Un libro que recomendo xa que nos mostra as consecuencias que pode ter unha guerra e nos mostra situacións que moitas veces se dan na realidade. Ademais de que nos ensina o moito que poden chegar a querer os avós aos seus netos, e máis aínda se é unha situación como a de Linh, e o valor da amizade, que moitas veces nos axuda a superar situacións difíciles e a olvidarnos dos problemas. Un libro curto e sinxelo de ler que ten unha historia que engancha. Sen dúbida unha gran obra.
Atoparalo en Amizade, Exilio, Incomunicación, Nostalxia, Rinoceronte, Soidade, Tradución
30/11/15
A neta do señor Linh
A neta do señor Linh
Philippe Claudel
Rinoceronte
O libro A neta do señor
Linh, de Philippe Claudel, cóntanos a soidade do señor Linh, un señor maior
que perdeu toda a súa familia, agás a súa neta, por mor da guerra. Esa soidade
e esa tristeza é soportada con menos dureza grazas a esta pequena.
O señor Linh abandona o seu país e coñece ao señor Bark, encontrándose ambos
en semellante situación, a pesares de
falar distintas linguas, xorden entre os dous homes solitarios unha gran comprensión en silencio,
con pequenos xestos, miradas, sorrisos...
Este libro describe, por un lado, o sufrimento, a resignación
e a tristeza das secuelas da guerra ao arrebatar das mans os seus seres máis
queridos. Por outro lado, a dozura e o gran amor que teñen os avós polos netos;
encántame o momento no que lle
tararea unha nana para adormecela.
Para min, o máis bonito que atopei nesta historia foi o valor
da amizade e entre os dous señores e o afán
de superación, maneira na que conseguen ambos aliviar as penas e os
sufrimentos.
Este libro engancha, unha vez que comezas apetéceche seguir
ata o final. Pareceume moi fácil de ler. Véxoo como unha historia real que
posiblemente moitas das nosas familias
sufriron e que hoxe en día aínda
ocorre como consecuencia das guerras.
É un libro que paga a pena lelo.
Atoparalo en Amizade, Exilio, Incomunicación, Nostalxia, Rinoceronte, Soidade, Tradución
06/11/15
A neta do Señor Linh
O título do libro “ A neta do señor Linh “ con só lelo produce en min un sentimento moi forte, penso que é debido o que significan para min os meus propios avós. Pero aquí atopei algo que me conmocionou e que ía moito máis alá dos sentimentos que en mi puideran xurdir cara aos avós, así compredndín a forza que pode causar en calquera de nós ese sentimento que é o amor e o cariño que o señor Linh tiña cara á súa neta, as forzas messturadas coa dozura que xurdiron nel para coidar a única cousa que lle quedou importante, despois dun gran sufrimento como foi perder toda a súa familia, debido a algo tan inxusto como son as guerras.
Con todo ese sufrimento que apareceu no seu interior sacou forzas para exiliarse, converténdose nunha persoa moi forte onde o único que lle producía esa forza era aquel ser pequeno e indefenso, como era a súa neta, que tiña que coidar a toda costa, incluso coa súa propia vida .
Por outro lado algo moi bonito que atopei nesta historia foi o valor da amizade , que pode chegar a ser moi forte e necesaria entre estes dous homes xa curtidos polos seus traballos conseguirán aliviar as penas e o sufrimento que levaban por dentro, grazas ao seu apoio aínda que os seus idiomas fosen diferentes.
Para min este libro foi fácil de ler, xa que é curto e a historia enganchábame, gustábame saber o que ía pasar coa nena ten pequena, pero por outro lado pareume moi triste e moi real, xa que esta situación seguro que lle pasou a moitas persoas, ou o peor de todo que aínda nos tempos de hoxe poida pasar .
Atoparalo en Amizade, Exilio, Guerras, Incomunicación, Nostalxia, Rinoceronte, Soidade, Tradución
20/10/15
A neta do señor Linh
A neta do Señor Linh foi un libro
que me encantou e que me chegou a emocionar. É unha historia moi conmovedora e
sentimental que trata sobre a soidade e o valor da amizade.
Este libro fálanos da soidade do
señor Linh, un vello asiático que o perdeu todo, o seu fogar, o seu fillo e a
súa vida por mor da guerra. Unha guerra que arrebatou das súas mans a todos os
seres queridos e que tan só lle deixou a súa
pequena neta, polo que abandona o seu país. Na cidade que o recibe,
atópase co señor Bark, outro home que vive en soidade. Estes, a pesar de falar
distintas linguas, son quen de comunicarse e facer que entre eles xurda unha
gran amizade. E é que as miradas e sorrisos moitas veces transmiten máis cás
palabras. Ata se me escapou algún sorriso cando pronuncian a única expresión
que aprenderon no outro idioma.
O que máis me gustou do libro foi
a amizade que xorde entre os dous señores, que son persoas que se atopan soas
no mundo e que intentan aliviar a súa dor estando xuntos, na súa cita no banco. Esta convértese nun feito agradable e necesario para eles, un momento no que
disfrutan de compartir tempo xuntos. Danse moito apoio e para o señor Linh o
país estranxeiro comeza a ter unha cara e voz familiar.
Este libro describe moi ben a
dozura e o amor que teñen os avós polos netos, neste caso vemos como o señor
Linh se preocupaba por ela, mastigáballe el a comida, abrazábaa para que non
tivese frío...
Achéganos ao drama das guerras,
do exilio e dos refuxiados, unido á desesperanza das persoas e á necesidade dos
humanos por agarrarnos a algo para sobrevivir.
É un libro no que constantemente
tes os sentimentos a flor de pel, tanto o lector, coma os protagonistas; os
tremendos sentimentos do señor Linh que despois dunha vida chea de fuxidas, na
que se viu obrigado a afastarse de moitas cousas, sente nostalxia, tristeza e un
gran baleiro no seu interior, no que o seu único alivio é a súa neta, que lle
recorda a súa nora, fillo e incluso á súa muller.
Un final moi sorprendente que me
conmoveu e me entristeceu.
Recoméndoo sen dúbida, a esa
xente que queira sentir ao señor Linh un pouquiño máis cerca e coñecer a súa
emotiva e triste historia.
Atoparalo en Amizade, Exilio, Incomunicación, Nostalxia, Rinoceronte, Soidade, Tradución
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)