ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Portas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Portas. Amosar todas as publicacións

02/12/15

Amor en alpargatas

Comentario de Alba García


Manuel Portas
Xerais
 
 
 
 
O libro  Amor en alpargatas de Manuel Portas, foi una historia  moi interesante, no que o título engana xa que o tema  principal non é o  que parece, senón que só o a idea do amor está  presente nun segundo plano.  
Non me resultou un libro fácil de ler, xa que o vocabulario era complexo, pero por outra parte a historia era fácil de entender, quero dicir, de seguirlle o fío. Xa que nos contaba dúas historias de amor diferentes cun único protagonista, Senén.  Para o meu parecer o autor utiliza os dous personaxes, Amalia e Xian, e as súas dúas esposas para caracterizar ao protagonista e a sociedade na que vivía.
A historia tivo partes tristes que se che poñía o corazón nun puño, como a enfermidade de Senén. A verdade é que nalgunhas partes desta narración sentinme identificada porque (como di o autor do libro non é una historia real pero podería selo) en moitas situación cotiáns obrígannos a ser fortes e a afrontar situación complicadas e dolorosas como neste caso a morte.
 

25/10/15

Amor en alpargatas

Comentario de Vanesa Lalín Pousa


Manuel Portas
Xerais

 

Un título que me fai pensar que vai ter algo que ver con este sentimento do amor, pero nunca o que en realidade está escrito no libro, xa que aínda que ten que ver co amor vai moito máis alá, con outros temas que poderiamos identificarnos e meternos nas situación dos personaxes, xa que esta historia como nos di na contaportada non é real pero eu penso que podería chegar a selo en calquera momento, dándose unhas circunstancias concretas que a min me parece que poden ser moi próximas a calquera.

Non me resultou un libro fácil de ler, xa que o vocabulario e certas estruturas eran como rebuscadas, pero polo contrario era fácil de entender, xa que nos contaba como dúas historias de amor diferentes cun único protagonista, Senén, quen ás veces era coma se estivese confuso coas súas vivencias, pero nunca cos seus idealismos, dende que foi un neno ata o seu fin.
Penso que o autor a través das dúas esposas que tivo o protagonista e dos seus fillos Xian e Amalia nos quere contar como era este home e a sociedade na que vivía, onde cada un nos di un pouco máis de como era Senén.
Nalgúns momentos a historia resultoume triste, xa que era moi fácil identificarse cos sentimentos dos protagonistas  e puiden ver a forza que tivo Senén ante a súa enfermidade que o levaría á morte moi pronto.
Cando rematei de ler o libro pareceume que toda a historia transcorría nese cemiterio onde rematou todo, como se o autor fose unindo e enlazando os acontecementos que parecían de toda unha vida, pero que transcorrían nun tempo moi pequeno, non sei, produciume unha sensación rara, penso que non somos donos da nosa vida, senón as circunstancias que nos toca vivir son as propiamente donas.
Este libro fíxome pensar moito sobre a importancia das nosas vivencias e como inflúen en nós, que nos obrigan a ser fortes en situacións moi complicadas como é a morte .

13/05/15

Faneca Brava

Comentario de Noelia Blanco 


Faneca Brava
Manuel Portas
Xerais




É un libro cunha historia que me resulta moi familiar, pois os meus avós cóntanme cousas así de cando eles eran pequenos. Son situacións que naquela época eran normais, a pesar de que a familia aparentemente fora a mellor, por exemplo: a falta de cartos, problemas co abuso e coa bebida, problemas coa herdanza,... Grazas a que escoitei historias así cercanas á familia dende que fun pequena cústame moi pouco poñerme na pel de cada un dos personaxes. Nunha familia sempre hai unha ovella negra, que neste caso lle tocou a Concha. Iste foi o tema que me enganchou dende un principio e me fixo ler este libre cheo de suspense. Estou segura que se o ledes vos gustará e engancharédesvos moi pronto. Que o nome do libro non vos leve a non lelo!

20/02/13

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Lucía Silva



Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais


Este libro gustoume a pesar de que non me enterei de moito, a verdade é que me gustou moito máis o libro de Pedro Feijoo.
Non é o tipo de novela que eu lería, porque me gustan máis outro tipo de libros, pero aínda así recoméndoo a todo aquel que me faga caso: está ben, pero é difícil seguir o fío das historias e atopar o nexo de unión entre todas elas.

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Rebeca Broemser



Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais


Non encontro palabras para definir este libro. Sei que normalmente comézase a falar de algo polo inicio pero eu vou falar do final.

Esperaba outro tipo de contacto entre as historias, e se ben nunha houbo o que agardaba (Cristina e Bruno), sorprendeume a maneira en que se atoparon a vida de cada un deles. Facíaseme estraño, aburrido e totalmente inverosímil o personaxe que estaba a maxinar exactamente a vida daquelas persoas que escollía; aparte captaba perfectamente a atención do lector.
No final, o autor fixo un xogo tanto entre o lector e el como el e os personaxes protagonistas, dándolle un toque pouco utilizado, que para o meu gusto, deulle chispa á obra xa que a min ler as historias de por si non me gustou moito.
Admito que houbo momentos nos que aquelas historias sen moito sentido e interese para min terminaron por engaiolarme, pero era moi fácil escapar polo pesado que se me facía a maioría do tempo.
En xeral, Portas deulle un bo final, aínda que creo que haberá moitas persoas que non sexan capaces de ler o libro completo.

19/02/13

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Esperanza Rodríguez



Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais


Este libro ten un final impactante.

As historias contadas por separado non están mal. Son historias que che dan moito no que pensar, de preocupación e moita empatía.
Para min o mellor foi "IB-547". Creo que cando disparan a Chus e logo todos lle botan a culpa, é unha reivindicación, como unha sublevacións na que os personaxes reclaman que non queren esas historias para eles, e moito menos a morte dunha personaxe.
Pero é raro e difícil de interpretar, e esta é a miña maneira de facelo, que non sei se é a que o autor quería pero se o seu obxectivo era facer pensar e cada un dos lectores tivese unha opinión, conseguiuno.
Creo que o final é o axeitado pois a vida de Chus era demasiado axetreada e ese final víase vir.
Vaia, que me gustou moito o final.
 

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Eloi Fidalgo



Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais




Unha novela que contén interiormente seis contos.

A min o libro persoalmente gustoume por unha razón en concreto, os personaxes son moi realistas, é dicir, métente na historia con gran facilidade, calquera deles podes imaxinar un día que o topas polas rúas. 
Tamén me gustou porque é unha novela de situacións nas que prima a visión do sentimento e, tamén se fala moito da soidade da sociedade actual .

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Adrián Villar


Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais




O libro gustoume bastante, aínda que me gustou máis o de Pedro Feijoo. O malo deste libro é que un pérdese na lectura porque se lía un no fío da historia, sobre todo cando Gonzalo se enredaba contando hipóteses e non acababa de explicar o que estaba contando.
O personaxe principal, Gonzalo, parecéuseme ao meu avó porque tamén é moi testán.

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Fátima Valladares


Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais




Este libro é especial, non se podería clasificar nun xénero como o da novela. O autor cóntanos unhas historias de diferentes persoas, per dunha forma peculiar. Son persoas que viven en Santiago, xente da rúa coa que poderiamos atoparnos todos os días, pero que teñen cousas en común ao final do libro.
Gústame a lectura, pareceume moi entretida e distinta a todo o que lin antes. Ademais, coñezo Compostela e imaxinei que eu mesma ía percorrendo os lugares dos que fala e coñecendo os protagonistas.
Fíxome reflexionar sobre iso, que todos temos a nosa propia vida e experiencias, diferenciándonos dos demais.
Recomendo a lectura porque conecta facilmente

Un dedo manchado de tinta

Comentario de Paula Gamallo


Un dedo manchado de tinta
Manuel Portas
Xerais




A miña crítica cara a este libro é bastante variada, aínda así, quizais non poida estenderme demasiado. É unha desas obras nas que para dicir o esencial, precisas demasiadas cousas. Na miña opinión estes seis contos ou historias teñen un vínculo en común, e non me refiro a que todas teñen a cidade de Santiago como fondo senón algo máis sinxelo e elemental como é a realidade mesma, a realidade da inxustiza e da inmoralidade da sociedade.
A simple vista, a obra preséntase como un conxunto de vidas inconexas que, a medida que nos imos somerxendo na lectura, van cobrando sentido e orientación entre si. É certo que o final resulta inesperado e incluso orixinal pero, baixo o meu humilde punto de vista e baseándome no gran extensión do libro, opino que  foi un pouco decepcionante.
Realmente a mensaxe que tenta transmitir o autor é moi boa: “ a casualidade non é casualidade” , o xeito de unir aos personaxes, poderíamos falar incluso dunha mesma historia dende diferentes perspectivas, unicamente para amosar a vida mesma: o sentimento humano, a loita dos máis débiles por aqueles que abusan do seu poder, os malentendidos coas súas consecuencias prexudiciais, as inxustizas… todas esas deformidades das que carece a sociedade e que están aí, diante dos nosos ollos, nada máis saír a rúa podemos atopar miles, millóns de relatos interesantes que contar.
Supoño que Portas pretendía plasmar estes feitos dun xeito orixinal e diferente, baseándose na idea de que as historias máis interesantes e sedutoras as podemos ter nun simple chasqueo de dedos ao noso redor. Quizais a súa intención fora boa pero considero que debería estruturala e expresala dunha forma máis sinxela e comprensible, dado que moitos lectores non aprecian este tipo de composicións.
Antes de rematar, debo dicir que aínda que non acabase de convencerme a totalidade da obra, algún dos contos captou moito o meu interese.