Comentario de Noelia Blanco
Faneca Brava
Manuel Portas
Xerais
É un libro cunha historia que me resulta moi
familiar, pois os meus avós cóntanme cousas así de cando eles eran pequenos. Son
situacións que naquela época eran normais, a pesar de que a familia
aparentemente fora a mellor, por exemplo: a falta de cartos, problemas co abuso
e coa bebida, problemas coa herdanza,... Grazas a que escoitei historias así
cercanas á familia dende que fun pequena cústame moi pouco poñerme na pel de
cada un dos personaxes. Nunha familia sempre hai unha ovella negra, que neste
caso lle tocou a Concha. Iste foi o tema que me enganchou dende un principio e
me fixo ler este libre cheo de suspense. Estou segura que se o ledes vos
gustará e engancharédesvos moi pronto. Que o nome do libro non vos leve a non
lelo!
Sen comentarios
Publicar un comentario