ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Castelao. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Castelao. Amosar todas as publicacións

25/11/15

Cousas


Comentario de Carla González Silva

Cousas
Castelao
Galaxia



Esta é a primeira ocasión na que leo un libro de Castelao, e decidín comezar por ``Cousas´´
que nos presenta 45 breves relatos humorísticos, todos eles acompañados dun debuxo.

Debo dicir que Castelao é un escritor magnífico xa que en cada un dos relatos se plasman
historias da súa época resaltando sobre todo as dificultades dos galegos e fai alusión ao regreso
dos emigrantes das América. En cada un deles Castelao fai descricións moi sinxelas sen darlle
moitas voltas ao asunto.

Destacar que non me foi tan sinxelo de ler coma outros libros pero penso que valeu a pena o
esforzo de lelo e descubrir como Castelao nos presenta os problemas de Galicia naquela época.
Por outra banda e xa para rematar, dicir que me chamou a atención que non se repetise ningunha
ación en ningún dos relatos e que non fixera resaltar en min ningunha curiosidade.

Recomendaríalle este libro a todo o alumnado de 4º da ESO xa que estamos a estudar a Castelao e
podrían sacarlle bo partido.

20/11/15

Cousas


Comentario de David González Sampayo

 

Cousas
Castelao
Galaxia



Este foi o primeiro libro que lin de Castelao e, sinceramente, gustoume moitísimo. Esta é unha obra composta por varios relatos moi breves e de carácter satírico, cheos de humor. Outra cousa que me gustou destes relatos foi a ironía coa que Castelao escribe cada un deles. Os temas principais destes contos son a emigración, a pobreza e o abuso de poder por parte dos ricos, o cal é criticado continuamente polo autor, a honra, etc. Tamén cabe destacar que é un libro moi fácil de ler e entender. Eu sempre dixen que me gustan os personaxes e ambientación ben descritos, pero neste caso gústame que Castelao omita as descricións e se centre no transcurso da acción, é dicir, é conciso. Eu recoméndolle este libro a todo o mundo, xa que é un libro que vale para persoas de todas as idades. Vou destacar dous relatos positivamente, que son "O pai de Migueliño" e "Aínda eu non nacera". Houbo tres relatos que non me gustaron nada, os cales foron "Se eu fose autor", "No mar había un afogado" e "Nunha eirexa da montaña".

"O pai de Migueliño" foi, sen dúbida, o relato que máis me gustou. Nel un rapaz que nunca vira ao seu pai mira un retrato que hai na casa, para recoñecelo, xa que ese día volta de América, tras emigrar. Xa no porto, onde desembarcará o seu pai abrázase a distintos homes, que pasan del. Cando vira a cabeza ve a un home con roupa vella, sucia e moi delgado, que está abrazado á súa nai; nese intre, decátase de que ese home é o seu pai. Neste relato, refléxase que non todo o mundo que emigraba cara América se facía rico, senón, que moitos, coma o pai de Migueliño, fracasaban.

Outro relato que tamén me gustou foi "Aínda eu non nacera", xa que me fixo rir moito. Este relato céntrase na historia dun pobo no que aparece un raio de luz, o cal sembra o pánico nesta vila. Como os habitantes deste pobo crían que este era o fin do mundo, Ramón foi á igrexa coa súa moza a suplicarlle ao cura que os casase para non morrer en pecado. Finalmente, apareceu un home que lles dixo aos habitantes do pobo que ese raio de luz era luz eléctrca, que proviña dunha fábrica. Neste relato Castelao reflexa a sociedade galega daquela época, unha sociedade moi crente ou mou supersticiosa.

Os tres relatos que menos me gustaron foron "Se eu fose autor", "No mar había un afogado" e "Nunha eirexa da montaña", xa que, desde o meu punto de vista, estes relatos carecen de humor e sobre todo emoción, que é, na miña opinión, a base dun conto, o que fai que un relato sexa divertido e ameno. En "Se eu fose autor", tan só entendín que os pobres choraban por unha vaca e os fidalgos por unha cadela. En "No mar había un afogado" e en "Nunha eirexa da montaña", non entendín nada, e parecéronme aburridísmos. Os tres relatos que nomeei anteriormente, parecéronme as "ovellas negras" deste magnífico libro, e considero, que non deberían estar neste libro.

16/11/15

Cousas


Comentario de Vanesa Lalín Pousa

 




Cousas
Castelao
Galaxia




Este é o primeiro libro que leo de Castelao. Cada historia vai acompañada dun debuxo moi concreto sobre ela e pareceume moi especial xa  que nunca lera un libro tan curto no que había tantas historias diferentes e o que máis me sorprendeu foi que ninguna delas tivera nada que ver unha con outra, cada unha delas contaba algo distinto, tan ben trataba sobre a pobreza nos galegos, a morte, o amor, a emigración como pasaba por lendas antigas a cousas da natureza. Pero o que si cadraba en todas era que o relato era breve, contaba algo preciso, sen moitas descricións, onde normalmente en cada relato había só un persoaxe principal que era o protagonista.
Por outro lado eu non souben con certeza en ninguna das historias a que sitio concreto se refería Castelao o que si penso e que todas elas trataban do rural pero un rural costeiro de Galicia .
Para min con este libro Catelao quérenos contar os problemas que nesa época sufría a sociedade galega onde os máis importantes eran a pobreza e a emigración como deixa ver en varias das historias.
Trátanse temas que foron moi importantes para entender mellor a vida neste caso do pobo galego, pero pensó que podería valer para describir a de calquera outro pobo que pasara polas mesmas situación. É dicir, debo destacar a súa universalidade.
Como resumo podo dicir que foi un libro que me resultou fácil de ler, pero non me enganchou demasiado porque era empezar un relato e remátalo xa, sen ter nada que ver co anterior, non había intriga, eu penso que canta máis intriga teñan os libros me están a gustar máis.

28/06/14

Os Dous de Sempre



Comentario de Uxía Mosquera Castro

 
Os Dous de Sempre
Castalao
Galaxia


Pareceume un libro bastante interesante, pero non moi doado de ler, xa que está en galego antigo e ten as súas complicacións entendelo, pero ten unha ventaxa xa que os capítulos eran bastante curtos e isto facíao máis ameno. Este libro reflexa a vida de hai moitos anos, cando ter traballo para manter a unha familia era moi complicado e por iso moita xente emigraba cara a outros países, para así poder axudar a súa familia. Por outra parte no libro vese un gran contraste entre Pedro e Rañolas, que tiñan vidas moi diferentes, xa que a vida de Rañolas foi moi dura, tivo que emigrar de Galicia para ter unha mellor vida e Pedro tivo unha vida privilexiada dende que naceu ata que casou. 
Por último, quero recomendar este libro a todas as persoas, adolescentes e persoas de maior idade, xa que creo que lles vai recordar moito os tempos vividos na súa infancia.

07/02/14

Os Dous de Sempre


Comentario de Alberto García Fernández

Os Dous de Sempre
Castalao
Galaxia 







   Este libro pareceume moi bonito e entretido, xa oíira falar del e hai tempo que tiña ganas de lelo.
  Cóntanos a historia de dous amigos galegos: Pedriño, que come o que lle poñan diante, e Rañolas, un rapaz eivado das pernas que anda en crequenas. Conforme van medrando vanse separando, e o narrador conta como lle vai a cada un deles. Pedro non serve para traballar e Rañolas percorre medio mundo e aprende moitas cousas, entre elas o oficio de reloxeiro.
   Ao final os dous reencóntranse e viven no mesmo lugar durante os  últimos anos.
   Houbo partes que me gustaron moito, o final sorprendeume, non o esperaba e decepcionoume un pouco. O que máis me gustou foi como o autor describe a viaxe de Pedro a América. Pedro volve máis pobre do que foi e a súa sogra bérralle máis que de costume.  Eu estudara que moita xente que emigrara a América volvera pobre e que a minoría volveran con cartos ou ricos, pero neste caso cheguei a pensar que Pedro sería afortunado e voltaría rico.
   O libro en si está ben, paseino ben lendo e acabeino en tres días. Xa me dixeran que o final era o mellor, e imaxinárao doutra forma, por iso me decepcionou. Polo demais está moi ben e recoméndollo a calquera.
 

01/06/13

Os Dous de Sempre

Comentario de Javier Barreiro Rey


Os Dous de Sempre
Castalao
Galaxia



Os Dous de Sempre trata de dous nenos, un pobre e outro rico, que acaban emigrando (un dos temas típicos de Castelao). É un libro que recomendo porque é fácil de ler, curto e resulta unha lectura moi entretida.

23/02/13

Titoán

Comentario de Rubén Cacheda


Titoán
Inacio
Demo editorial


Un libro sinxelo e agradable de ler, que demostra que os intelecturais daquela época non vivían tan ben como os de actualidade. É un libro moi recomendable porque explica un anaco da vida de Castelao dun xeito moi levadeiro.

22/02/13

Titoán

Comentario de Marina Miguélez


Titoán
Inacio
Demo editorial



É un libro que me gustou bastante xa que é curto e conta a vida de Castelao con humor e moitos debuxos para axudar a comprendelo mellor. Castelao foi un home recoñecido polo gran escritor que foi, entre outras cousas, pero algo importante que a xente parece pasalo por alto é que tivo o inmenso valor de facer un cabezudo a modo de burla igualiño que o seu veciño. Iso non o fai calquera por medo ás consecuencias ou o que sexa. El ademais loitou polo galego e iso é algo admirable nel, xa que preferiu abandonar o país a deixar de defender o galego. O libro está moi ben feito e debuxado e Inacio pareceume unha gran persona.

21/02/13

Titoán

Comentario de Ion Doval García



Titoán
Inacio
Demo editorial

O libro de "Titoán" pareceume un dos máis bos e levadeiros de ler que vin en galego na miña vida, grazas aos debuxos e ao aspecto cómico que o autor introduce no texto. Gustoume moito o tema do conflito entre Castelao e o cabezudo. 
Agradezo a visita de Inacio antes de ler o libro, porque animoume a lelo. Igual que o obradoiro de cabezudos. Un libro que non defrauda.

Titoán

Comentario de María Florencia Agión



Titoán
Inacio
Demo editorial


Este libro gustoume moito, por ser diferente e orixinal. A idea de contar unha biografía ou aspectos descoñecidos do personaxe, a través do cómic, foi un descubrimento para min porque a súa lectura é fácil e entretida, á vez que interesante, ao descubrirnos anécdotas, costumes e personaxes de Galicia.
O autor vai unindo as historias segundo vai pasando o tempo, a través de Titoán, un veciño de Rianxo e a relación que mantén este con Castelao; como inician a súa amizade e as cousas que lles van pasando.

Titoán

Comentario de Anastasiya Toumach



Titoán
Inacio
Demo editorial


Neste libro cóntanse fragmentos da vida de Castelao. Gustoume moito, xa que conta anécdotas de Castelao bastante divertidas e infórmate de como era a sociedade daqueles tempos e de como era Castelao, dunha maneira entretida.
Moi recomendable.

07/02/13

Titoán

Comentario de José Manuel Vila Fondevila




Titoán
Inacio
Demo editorial




A verdade é que ao principio o de ler un cómic non me parecía unha gran idea, pero ao comezar a lelo deime de conta de que era unha maneira entretida de lectura.
 Gustoume a forma na cal estaba escrito, que contaba anécdotas da vida de Castelao, e tamén me gustaron moito os debuxos.
 Este cómic é unha maneira entretida e diferente de saber como foi a vida deste intelectual comprometida coa súa terra e co seu país.