ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/10/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Iciar Rodríguez Novoa

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sostelo Blanco



Gustoume moito. Algo longo de máis para o meu gusto pero está moi ben. Fala da presión que ten un mozo punxabi por parte da súa familia. A súa relixión e costumes esínxelle facer cousas que el non aproba, por exemplo casar e ter que formar unha familia cunha moza que non coñece. Por outra parte séntese moi desprezado e infravalorado polos seus, e decide darlles onde máis lles doe e pagarlles coa mesma moeda (se se lle pode chamar así). Ao ler este libro ao principio cóstache un pouco meterte na pel do protagonista, pero cando fas, resulta impresionante.
Repito, gustoume moito.

20/10/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Thalía Troitiño


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sostelo Blanco



Este libro gustoume moito. Amósanos a historia dun rapaz que é punxabi; vainos relatando a historia da súa vida, pero sobre todo fai fincapé nos catro últimos anos, antes de cumprir os 17. A esta idade el terá que someterse a unha voda concertada pola súa familia, tal como manda a tradición.
Veremos como ten que sufrir as palizas do seu pai e seus irmáns maiores, ademais da chantaxe psicolóxica da súa nai para que acepte a voda sen remordementos.
Pero el non quere aceptar o ter que facer o que seus pais lle digan, xa que ten a idade suficiente para saber que non ten que casar cunha rapaza a que nin sequera coñece, nin atura os insultos racistas que botan en contra do seu amigo Adrián.
Neste libro amósanos os valores que teñen impostos moitas crenzas con respecto á tradición.
Considero que o que fixo o protagonista era o axeitado e o máis xusto para el, pois non ten por que facer o que outras persoas lle manden por simple capricho.
Sei que tamén hai que entender a postura da súa familia, pero creo que por todo o que lle fixeron non teñen perdón, xa que eu non podo pretender que o meu fillo faga en contra da súa vontade o que eu queira. Ademais, a un fillo non se lle pega, non se deixa abandonado emocionalmente.
Considero que os que máis valor teñen no libro son o protagonista e o seu tío, xa que é o único que lle deixa elixir o seu camiño.

Recomendo este libro pois non é a típica historia, pero dinos o que pasa nalgunhas culturas alleas a nós. É moi interesante e fácil de ler, porque a pesar do tamaño e das palabras noutro idioma, enténdese perfectamente.

19/10/08

Crime e castigo

Comentario de Carla Gómez Ferradás

Crime e castigo
Galaxia


Este libro é estupendo e xa o recomendo dende antes de escribir o que sinto con el e o que me pareceu.
É un libro que descoloca moito porque non es quen de meterte nos personaxes, é moi difícil traspasalos, sobre todo, o protagonista. Ten moitos sentimentos que lle doen e que nolos transmite pero dun xeito moi complicado, xa que hai que se poñer no lugar dun criminal atormentado polo pasado pero orgulloso del no presente.
O que máis me gustou do libro é o xeito de relatar o crime porque parece coma se un mesmo o estivese vivindo e é moi emocionante.
Algo que me chamou moito a atención é a frase "o que máis teme a xente é dar un paso novo". Reflexionei moito sobre ela, e creo que ten razón.

13/10/08

Ler en 1º de Bacharelato

Este curso sigo con parte do meu alumnado lector de 4º de ESO. Hai un ano comentaba as miñas expectativas sobre eles e a lista de libros que lles propuxen. Os resultados tédelos aquí. Hogano, xa nun Bacharelato que nada ten que ver co ensino obrigatorio, sigo crendo que a lectura é parte fundamental da súa formación, e seguirei ofrecendo libros para subir a nota. Por suposto, sempre a partir do aprobado e cun máximo de dúas lecturas optativas por avaliación.


Aquí tedes a lista:




  1. Alcalá, Xavier: A nosa cinza. Galaxia
  2. Amis, Martin: A casa dos encontros. Galaxia
  3. Auster, Paul: Mr. Vértigo. Sotelo Blanco
  4. Balzac, Honoré de: O tío Goriot. Galaxia
  5. Berger, Jhon: Porca terra. Rinoceronte
  6. Blanco Amor, Eduardo: A esmorga. Galaxia
  7. Bradbury, Ray: Crónicas marcianas. Xerais
  8. Calveiro, Marcos: Festina lente. Xerais
  9. Cunqueiro, Álvaro: Merlín e familia. Galaxia
  10. Diéguez, Lois: O canto do Muecín. A Nosa Terra
  11. Dorfman, Ariel e Joaquín: A cidade en chamas. Xerais
  12. Dostoievski, Fiodor: Crime e castigo. Galaxia
  13. Ferrín, Méndez: O crepúsculo e as formigas. Xerais
  14. Flaubert, Gustave: Madame Bovary. Galaxia
  15. Frank, Ana: Diario. Kalandraka
  16. Hesse, Herman: Baixo as rodas / / Siddartha. Galaxia
  17. Huxley, Aldous: Un feliz mundo novo. Xerais
  18. Kafka: A metamorfose / O proceso. Sotelo Blanco
  19. Malvar, Aníbal C.: Unha noite con Carla. Xerais.
  20. Miranda, Xosé: Morning Star. Xerais.
  21. Moure, Teresa: Herba moura. Xerais
  22. Murado, Miguel Anxo: Fin de século en Palestina. Galaxia
  23. Navaza, Gonzalo: Erros e Tánatos. Xerais.
  24. Neira Vilas, Xosé: Querido Tomás. Ediciós do Castro
  25. Otero Pedrayo: O Fidalgo e outros relatos. Galaxia
  26. Pavese, Cesare: Oficio de vivir. Galaxia
  27. Piñón, Nélida: A casa da paixón. Galaxia
  28. Pratt, Hugo: Corto Maltés. Balada do mar salgado. Galaxia
  29. Pullman, Philip: A aurora boreal. Faktoría K
  30. Queizán, Mª Xosé: A Orella no buraco. Galaxia
  31. Rei Núñez, Luís: O señor Lugrís e a negra sombra. Xerais
  32. Reimóndez, María: O club da calceta. Xerais
  33. Risco, Vicente: O porco de pé. Galaxia
  34. Rivas, Manuel: Que me queres, Amor?. Galaxia
  35. Riveiro Coello: As rulas de Bakunin. Galaxia
  36. Salinger: O vixía no centeo. Xerais
  37. Shakespeare, William: Otelo. Macbeth. Galaxia
  38. Smith, Zadie: Da beleza. Galaxia
  39. Stein, Gertrude: Tres vidas. Galaxia
  40. Stoker, Bram: Drácula. Xerais
  41. Sumai, Anxos: Anxos de garda. A Nosa Terra.
  42. Süskind, Patrick: O perfume. Sotelo Blanco
  43. Tabucchi, Antonio: Tristano morre / Afirma Pereira. Galaxia
  44. Tolkien: O señor dos aneis. Xerais
  45. Valenzuela, Ramón de: Non agardei por ninguén. Xerais
  46. Villar, Domingo: Ollos de auga. Galaxia
  47. Woolf, Virginia: As ondas. Galaxia

09/10/08

Siddhartha


Comentario de Andrea Díaz


Siddhartha
Herman Hesse
Galaxia



Disfrutei moito con este libro e aprendín moito del, sobre o camiño cara ao coñecemento de nós mesmos e as nosas relacións coa natureza, o que ela nos ensina. A historia de Siddhartha, a historia da súa vida, dende a súa infancia ata a súa morte resulta un camiño cheo de bifurcacións e pedras nas que o protagonista tropeza e das que reflexiona e aprende.