ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Fascismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fascismo. Amosar todas as publicacións

17/10/21

Un animal chamado néboa

Comentario de Laura Cacheda Fernández


 

Un animal chamado néboa

Ledicia Costas

Xerais

 

É complicado comentar este libro porque houbo momentos nos que non podía articular nin unha palabra.

É un libro no que se narran os feitos que sucederon arredor da Segunda Guerra Mundial, pero non nos comunica datos como a materia de Historia. Redáctanos a capacidade tanto física como mental das persoas que vivían naquela época.

Hai partes do libro moi acertadas pero hai outras que non tanto. Os diferentes relatos nos que se divide este libro están tan resumidos que cando realmente lle colles afecto aos personaxes principais, a historia remata e quizais da maneira que menos desexaría.

Pero tamén podo comentar que tanto o primeiro capítulo como o quinto foron os que máis me removeron, chegando a ter que pousar o libro e continuar noutro momento. Non me parece tarefa doada narrar a fame que pasaban en Leningrado, chegando a ter que devorarse uns aos outros. Pero como non, non podía faltar unha parte dedicada a sociedade completamente machista daquela época, contando unha historia que chega a poñer a pel de galiña, e que incluso fai reflexionar sobre o progreso que experimentaron as persoas o longo do tempo.

Na miña opinión non é o mellor libro desta autora, pero tamén temos que recoñecer que non é nada fácil redactar un libro histórico, polo feito de que precisa un gran traballo de investigación. Pero si consegue crear unha gran mestura de sentimentos interiores provocando o florecemento de pensamentos sobre a gran calidade de vida que a día de hoxe temos en comparación á daqueles anos. E por suposto apórtame unha gran cantidade de datos que para min eran completamente descoñecidos.

Un animal chamado néboa, libro que provoca unha profunda dor á hora de lelo, e supoño que á de redactalo, por isto quero darlle os meus máis sinceros parabéns a Ledicia Costas.

 

11/06/16

Resistencia

Comentario de Daniel Gavieiro Suco


Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais



Resistencia de Rosa Aneiros é un libro baseado na vida real dunha parella que loita pola súa relación, aínda que sexan de distinta clase social.
Esta historia transcorre en Portugal que nesa época atopábase nunha situación de ditadura, exercida por Salazar e Marcelo, e por culpa da cal a parella protagonista non pode gozar desta relación. É unha historia bonita, pero ao mesmo tempo triste pola loita imposible para conseguir o amor e a felicidade desta parella.
Durante o libro tamén está presente as diferencias sociais e tamén a situación cruel que existía naquela época, xa que os familiares dos presos tiñan que dicir que estes estaban mortos, mentres estes vivían illados da sociedade e nunha situación totalmente pésima.
O que máis me sorprendeu desta historia e que o amor desta parella está por riba de todo o demais, e que a parte de que eles non sabían nada un do outro, aínda que Filipa lle escriba cartas a Dinís pero estas cartas nunca chegarían e este, seguíanse queréndoo con loucura.
En canto ao léxico, ten algunhas palabras difíciles de comprender pero pódense sacar fácil polo contesto no que esta.
É un libro que llo recomendaría ler a toda a xente a que lle guste o amor e a loito por este.

27/05/16

Resistencia

Comentario de Cristina Costela Seara


Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais





Resistencia de Rosa Aneiros foi un libro que me enganchou dende o primeiro momento e que me pareceu un libro moi realista.
Este libro entrelaza unha historia de amor, baseada no sufrimento, sufrimento marcado pola loita dos protagonistas, xa que a pesar de ser de distintas clases sociais, apostaron pola súa historia dende o comezo coa  situación social e política de Portugal, das Ditaduras Fascistas do Estado Novo.
É unha obra apasionante aínda que tremendamente triste, por mor da imposibilidade de conseguir o amor e a felicidade da parella protagonista.
O título de Resistencia, vén da resistencia dos vencedores que o perderon todo, menos a dignidade na defensa dos seus ideales. Resistencia dos personaxes nos seus sentimentos, nos seus soños, nas súas promesas e no seu futuro.
Durante o libro, tamén aparacen as diferenzas sociais e a crueldade daquela época, xa que aos familiares dos presos dicíalle que estes morreran. Ademais, os presos, vivían illados e en condicións infrahumanas, polo que tal crueldade conmoveume.
Pareceume moi bonita a historia de amor entre Dinis e Filipa, xa que o seu amor perdura por riba de todo, e a pesar de estar separados e non saber se o outro está vivo ou morto séguense querendo, por exemplo Dinis dende o cárcere escríbelle cartas a Filipa, cartas que non chegarán nunca ao seu destino e que Filipa acabará descubrindo máis tarde.
Un libro precioso e que recomendo ler.
 

29/10/15

Resistencia

Comentario de Noelia Blanco Pájaro


Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais



un libro que volvería ler unha e outra vez. Enganchoume dende un principio coa historia de Isaura e Antonio, e logo xa coa de Dinís e Filipa. A min gústanme moito as historias de amor difíciles, pero este en especial chamoume a atención porque entrelaza estas coa situación de Portugal por aquel entón (ditaduras de Salazar e Marcelo), cousas inimaxinables para min. Xa que non me esperaba ese pasado, porque meus avós téñenme contado cousas moi duras, pero nunca tanto.
A de Dinís e Filipa é unha historia moi sorprendente, porque comenzou sendo mozos, e a pesar de todas as circunstancias que se lle puñan por diante, loitaron contra vento e marea polos sentimentos acadados polos dous.
É un libro que ten algunha que outra palabra non moi fácil, pero deducible polo contido. Que sexan historias reais dálle bastantes puntos positivos.

01/03/10

Resistencia

Comentario de Alba Fernández Caderno


Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais

Gustoume o libro porque conta unhas historias de amor moi bonitas cunha paisaxe de fondo: a situación política e social de Portugal durante as ditaduras de Salazar e Marcelo Caetano, en especial a de Dinís, un obreiro dunha fábrica de vidro, e Filipa, filla dun rico comerciante, que namoran perdidamente.
O que máis me gustou foi cando a Dinís o meten no cárcere e durante todos eses anos en prisións escribe cartas que nunca chegan ao seu destino. Anos despois, Filipa descobre estas cartas.
Algo que me pareceu moi cruel, ademais da vida no cárcere, é que aos familiares dos presos lles dician que estes morreran.
A historia de amor de Filipa e Dinís é preciosa porque a pesar da separación seguíanse querendo. Tamén a de Isaura e Antonio. Pero non me gustou a historia de Remedios. Si a de Leonor.
O libro é bonito: a historia de amor ambientada na ditadura salazarista de Portugal é todo un acerto.

27/02/10

Resistencia

Comentario de Ana Cristina Des Pérez


Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais


En xeral, pareceume un libro sumamente aburrido. Eu cando leo libros é coma se estivese dentro da historia que conta, vendo todo o que ocorre: como son os personaxes, como é o lugar, as actitudes dos personaxes, a época... e con este libro non me dei metido na historia.
Deume a sensación de qeu todo era negativo e a morte estaba presente na maior parte do libro, cousa que non me agradou nada porque a min gústame ler libros alegres e vitais.
Non podo negar que a historia de amor que existe entre Filipa e Dinís é moi bonita a pesar dos obstáculos e do paso dos anos. Gustoume o final, cando Filipa sabe por fin que os últimos 20 anos da súa vida foron unha mentira e decide ir en busca de Dinís, ou iso dá a entender a historia.
Non me gustou nada a parte na que se fala de Remédios, a nai de Isaura, porque tivo unha vida moi dura e cruel, cun final tráxico e triste.
En conclusión, digo que é unha novela que non recomendo a ninguén.

26/02/10

Resistencia


C
omentario de Carmen González Varela

Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais




O libro gustoume moito. Pareceume unha historia realmente interesante. Impresionoume moito a forza coa que os personaxes loitaban para conseguir a súa liberdade, ata tal punto que chegaron a sacrificar a súa vida persoal pola política.
Dinís paréceme un personaxe moi forte, por como foi capaz de aturar as pésimas condicións nas que vivía en Peniche, e a maneira como o trataban.
Filipa é unha muller que tivo que superar moitas decepcións na súa vida, empezando pola morte da súa nai, a do seu pai, a da súa avoa Leonor, e sobre todo, o encarceramento e a suposta morte de Dinís. Esta moza tivo unha vida realmente dura e inxusta, e a pesar diso tivo que seguir adiante, aínda que despois destas moitas desgrazas, a súa vida quedou totalmente baleira e carente de sentido. Aínda que cando visita Peniche, case por casualidade, descobre a mentira na que viviu durante parte da súa vida. É incrible que aquelas persoas que ela nin sequera coñecía lle fixeran tanto dano e disfrutaran facéndoo, tanto a ela como a moitas outras persoas.

25/02/10

Resistencia

Comentario de Jennifer Mosquera


Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais



Para min este libro é un dos mellores que lin ata agora.

A pesar de que nun primeiro momento me custou moito comezar a lelo, a medida que ía avanzando na lectura íame metendo máis na historia.
Considero que é un libro moi realista no que se abrangue un amplo repertorio de temas como as relacións extramatrimoniais, as guerras, as ditaduras, as violacións... A crueldade das guerras, o que nelas é capaz de facer o ser humano, é algo que pon os pelos de punta.
Impresionante é o amo dos protagonistas por riba de dificultades e distancias. Gustaríame unha segunda parte con final feliz, porque teñen dereito a estar xuntos, non si?

24/02/10

Resistencia

Comentario de Jéssica Álvarez Álvarez


Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais

Unha das cousas que máis me gustou desta novela é o realismoo que transmite a historia, sobre todo polos numerosos datos que aporta sobre a vida política en Portugal dende os anos vinte ata os noventa do século XX.
Pareceume interesente o feito de que Dinís ás veces deba tomar algunhas decisións, como a súa militancia no partido comunista, ou a revolución da fábrica dos Irmaos Stepha, que o vaian afastando de Filipa. Parece así escoller a liberdade fronte ao amor.
Paréceme tamén que a historia política de Portugal está perfectamente encaixada coas historias individuais que se van contando ao longo da historia: a chamada a filas para participar nas guerras coloniais, os comezos de revoltas fronte ás ditaduras de Salazar e Marcelo Caetano, etc.
Pero o que máis me gustou foi que as historias principais sexan de amor. Unha das que máis me gustou, a que semella máis interesante, foi a de Isaura e Antonio Gonçalves, xa que é un amor que ocultann durante moito máis de dúas décadas, e que non se rompe en ningún momento.
Aínda que a historia de deamor de Ana Barbosa non me disgustou, porque a pesar de saber durante todo este tempo que o seu marido é infiel, bástalle a súa presenza para ser feliz e confórmase con iso.
O libro en si gustoume, pero hai unha cousa que non: o principio paréceme algo lento e aburrido, debería ser máis interesante.
Algo que me chamou moito a atención e que me gustou foi cando conta as vidas dos presos no cárceres, nunhas condicións nas que semella é difícil sobrevivir.

23/02/10

Comentario de Raquel Rodríguez Vázquez


Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais


Foi un libro que en xeral gustoume bastante pois percorre diversos temas como a historia política e social de Portugal a través de diversos personaxes, o maor, a loita na clandestinidade contra as ditaduras, as malleiras que os PIDES fan contra os presos políticos, a paixón, a resistencia...
O relato céntrase na historia de amor de le Dinís e Filipa, un amor truncado durante as ditaduras de Salazar e Marcelo Caetano. Nste libro non só se fala deste amor, senón doutros amores: os pais de Dinís, os de Filipa...
Un libro interesante polo loita contra os fascitas; creo que deberiamos ler máis libros deste estilo para darnos conta do que se pasou nas ditaduras, pois seguramente todos temos preto persoas que tiveron familiares que viviron situacións semellantes: xente que debe romper a felicidade por ideoloxía política.
A única parte que non me gustou foi o final, pois é un final aberto non que non se conta como se reencontran Dinís e Filipa.
Todo o que podo dicir é que o libro está resumido no seu título: RESISTENCIA!!!

21/02/10

Resistencia

Comentario de Dolly González Álvarez


Resistencia
Rosa Aneiros
Xerais

Gustoume o libro porque a historia que conta paréceme moi interesante, ao tratarse dunha mestura de amor e odio, e a situación política na que se topaba Portugal neste período histórico.
É unha novela escrita en terceira persoa, dividida en 36 capítulos polo que se fai máis amena e fácil de ler.
A época histórica na que nos relata os acontecementos van do ano 1960 ata a revolución dos caraveis, coa que Portugal recuperou a democracia. Tamén reflicte as guerras portuguesas de independecia coas súas colonias.
É unha obra apaixoante aínda que tremendamente triste, por mor da imposibilidade de conseguir o amor e a felicidade da parella protagonista. Tamén saen a relucir as diferenzas sociais tan esaxeradas neste país, e o distinto tipo de vida, da aldea á cidade.
A miña opinión é que que non debeu existir este período político fascista no que Portugal sufriu a falla de liberdades, de diferenciacións sociais e de estragos nas colonias, que supuxeron un retraso social, económico e cultural deste país.