Resistencia
de Rosa Aneiros é un libro baseado na vida real dunha parella que loita pola
súa relación, aínda que sexan de distinta clase social.
Esta
historia transcorre en Portugal que nesa época atopábase nunha situación de
ditadura, exercida por Salazar e Marcelo, e por culpa da cal a parella
protagonista non pode gozar desta relación. É unha historia bonita, pero ao
mesmo tempo triste pola loita imposible para conseguir o amor e a felicidade
desta parella.
Durante o
libro tamén está presente as diferencias sociais e tamén a situación cruel que
existía naquela época, xa que os familiares dos presos tiñan que dicir que
estes estaban mortos, mentres estes vivían illados da sociedade e nunha
situación totalmente pésima.
O que máis
me sorprendeu desta historia e que o amor desta parella está por riba de todo o
demais, e que a parte de que eles non sabían nada un do outro, aínda que Filipa
lle escriba cartas a Dinís pero estas cartas nunca chegarían e este, seguíanse queréndoo
con loucura.
En canto ao
léxico, ten algunhas palabras difíciles de comprender pero pódense sacar fácil
polo contesto no que esta.
É un libro
que llo recomendaría ler a toda a xente a que lle guste o amor e a loito por
este.
Sen comentarios
Publicar un comentario