ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta David Rodríguez. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta David Rodríguez. Amosar todas as publicacións

01/02/14

Lapidarias. Os versos escuros


Comentario de Carlos Mato


Lapidarias. Os versos escuros
David Rodríguez
Xerais






Este foi un libro de poesía curioso de ler: primeiro a poseía non é o meu punto forte, e segundo non me esperaba que nuns poemas tan curtos puidera haber tantas interpretacións, que non sei se foron dadas a propósito pola entrincada mente do autor ou son eu que lle dou significados que non teñen, pero foi un libro que me encantou ler, lélo e queres máis, pasas a seguinte páxina acábala e pasas a seguinte en busca de máis, é un libro que non me importaría volver a ler.
 

15/01/14

Lapidarias.Os versos escuros

Comentario de Isidro Gil Pallares


Lapidarias.Os versos escuros
David Rodríguez
Xerais


Vou dicir as cousas moi directamente,
case con crueza, porque non hai, polo momento,
outra maneira de dicilas.    
(Miquel Barceló)

Este é o poema de abertura deste fantástico libro escrito por David Rodríguez. Como explica este poema introdutorio, os poemas que contén este libro son directos, sen pelos na lingua, porque a poesía tamén pode ser dura coma o cemento. Concisión, retranca, brevidade, confrontación... estes poemas conteñen de todo un pouco, algúns acompañados dunha fotografía e outros acompañados do espazo en branco ao que tanta importancia lle dá o autor. E é certo que estes poemas sen o espazo en branco que os rodea, non serían o mesmo.
Deles destaco algúns coma:

Escribir a dor
tampouco non cura

Austeridade barroca:
facelo en dez mil posturas
por un único orgasmo

Lapidarte a bicos

E moitos mais, encantáronme. Oficialmente clasifico este libro como o meu libro de poesía favorito. Non pola súa brevidade se non pola súa concisión.