ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/05/10

Ácaros verdes

Comentario de Ainara García Doval


Ácaros verdes
Pilar Buela
Sotelo Blanco

Gustoume moito esta novela por varios motivos. O primeiro é que está enmarcado nos últimos días da Segunda Guerra Mundial, nun Berlín en ruínas que agarda ser tomado polos aliados en calquera momento.
O segundo, polo feito de seguir a historia dende o punto de vista de dúas mulleres como foron Eva Braun e Magda Goebbels, as donas do nazismo, unha por ser a amante de Hitler, a outra por representar o prototipo de muller aria, casado co ministro de propaganda do réxime e nai de seis cativos loiros cuxos nomes comezaban pola letra H en honor ao seu querido Führer.
Gustoume tamén como a autora tenta poñerse na pel destas dúas mulleres, na atmosfera opresiva de bunker no que se refuxiaban, tomando ambas as dúas a decisión de poñerlle fin á súa vida xunto á de Hitler, no caso de Magda mesmo asasinando aos seus pequenos.
O que máis me chamou a atención da historia é o amor cego que Eva lle profesaba ao Hitler, un amor que durou dende o seu ascenso ao poder ata os seus derradeiros días nese búnker subterráneo, onde despois de numerosos anos de amor clandestino, Hitler lle pide que case con el.

26/05/10

Memoria de cidades sen luz

Comentario de Raquel Rodríguez


Memoria de cidades sen luz
Inma López Silva
Galaxia



Este libro gustoume bastante, pois dá xiros moi interesantes de 180 graos.Comeza co asasinato dos pais do protagonista, que é rescatado por unha familiar, Lucía; a partir de aí as súas vidas cambiarán moito.
Escrito coma se fose unha autobiografía, xira arredor de guerras e exilios. Encántame o desenvolvemento do protagonista dende que era neno, unha parte que me encanta debido á inocencia do rapaz, ata partes máis macabras coma o asasinato do fillo do protagonista en mans da súa nai, unha parte calafriante.
Outra das partes que me gustou moito deste libo é que o protagonista viaxa por moitos lugares do mundo en épocas moi diferentes: dende A Coruña dos anos trinta ao París dos corenta, pasando por unha Barcelona exiliada. E viaxa tamén a Bos Aires e Nova Iorque.
Por outra banda, paréceme un libro moi triste: a morte do fillo, o asasinato dos pais e dos irmáns de pequerrechos, a morte de Casal, e -como non- o suicidio de Lucía que constituíu un dos elementos máis impactantes da obra.
Outra parte que me chamou moito a atención é que un personaxe que ao principio para o protagonista era unha terceira persoa, René, acaba converténdose no personaxe principal sendo así un piar fundamental para o protagonista. Tamén me gusta Armelle, a pesar de ser un pouco tola.
Entre tantos detalles que quero destacar está o feito de que o protagonista desexe converterse en cego e ao final conségueo.
Recomendo con énfase este libro, porque non se sentirán defraudados coa súa lectura, antes ao contrario, engancharanse ata rematalo.

10/05/10

Poderosa


Comentario de Ainara García Doval


Poderosa
Sergio Klein
Xerais


A verdade é que este libro non me chamou moito a atención. Tampouco é que o considere aburrido, pero a historia non me enganchou, porque non a atopei demasiado interesante. Coido que me gustaría máis de tela lido hai dous ou tres anos, porque creo que é unha histoira para rapaces máis novos ca min.
Porén, si que me gustou a mensaxe que transmite, xa que a pesar de ter o poder para cambiar calquera problema da vida con só escribir unhas liñas nun papel, a protagonista descobre finalmente que non sempre é mellor a solución máis fácil, senón que hai que enfrontarse aos problemas por nós memos e aprender deles.

09/05/10

Ollos de auga

Comentario de Raquel Rodríguez Vázquez


Ollos de auga
Domingo Villar
Galaxia



Se A praia dos afogados me encantou, esta non podía quedar atrás. Gustoume menos, todo hai que dicilo, pero aínda así gocei coa súa lectura.
É unha novela tranquila, pausada, onde Leo Caldas reúne probas e acorrala aos sospeitosos, mentres que Estévez, ao contrario, desespérase e ameaza a calquera que ose responderlle cunha pregunta ás súas preguntas.
Sospeitosos e fíos dos que ir tirando, probas, coincidencias e camiños que non dan a ningunha parte. Unha novela negra en toda regra.
Desgrazadamente, acerte co asasino axiño. Aínda que case me dá igual, porque disfrutei lendo e gústame como o autor me leva dun lado ao outro para ao final presentarme as probas e ensinarme quen é e por que.
Leo Caldas é un solitario e melancólico inspector de policía que compaxina o seu traballo na comisaría co consultorio radiofónico, grazas ao que descubrirá quen é o asasino.
Ao seu carón está o axudante Rafael Estévez, un aragonés demasiado impulsivo para unha Galicia irónica. Grazas ao traballo desta singular parella a verdade termina por aflorar, levándoos a desentrañar o segredo que esconde Ollos de auga.
Tamén demostra este libro as ganas do autor de que os lectores se ambienten no noso país: aromas, rúas, tabernas, paisaxes, xente...
Creo que esta obra é máis forte, máis directa e máis violenta cá segunda obra do autor. É un dos asasinatos máis dolorosos que tiven que ler na miña vida. Por iso enganchoume deste xeito. Pero paréceme curta de máis.

06/05/10

Ollos de auga

Comentario de Raquel Pires dos Santos


Ollos de auga
Domingo Villar
Galaxia



Este libro tamén me gustou moito, pero pareceume moi curto, creo que debería ser un pouco máis longo e liar un pouco máis a historia. Algo que me gustou máis que n'A praia dos afogados foi a forma de matar, moi orixinal.
O título sorprendeume moito porque pensei que tamén se ía tratar dun afogado e non que se refería aos ollos da vítima.
Desta vez saber quen era o asasino foi máis fácil, porque Caldas deu unha pista cando lle preguntou ao médico se a súa muller sabía o da infidelidade, aí estaba claro que era a muller a asasina porque se a muller tiña un amante querería desfacerse do seu home aínda que non soubese da infidelidade deste. Así sería máis fácil planear todo.
Algo que non acabei de entender é quen é Alba, porque tanto neste libro coma no outro falan dela pero non especifican moito. Creo que era a moza de Caldas, pero que se deixaron.
Agardo que haxa unha terceira parte porque as dúas obras deste autor gustáronme moito.