ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Xabier Docampo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Xabier Docampo. Amosar todas as publicacións

05/11/16

O Libro das Viaxes Imaxinarias

Comentario de Silvia Souto Froján


O Libro das Viaxes Imaxinarias
Xabier Docampo
Xerais


É un álbum ilustrado escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas que me encantou. Cóntanos a viaxe do Viaxeiro por distintas cidades, cada unha diferente, pero que todas comezan por a. Narra nalgúns casos, como é unha certa persoa dun lugar, ou simplemente como é esa cidade imaxinaria.
Gustoume moito e sorprendeume. Ten uilusnha historia fermosa e unha maneira de narrala que me encantou. Cada cidade é totalmente distinta das outras en calquera sentido; pasando por habitantes, formas de vivir ou de gobernar. Ademais, as ilustracións son preciosas e as perfectas para a situación. Todo é imaxinario, pero á vez fermoso.

Deume pena acabalo, é un deses libros que nunca queres que acaben.

24/05/15

A illa de todas as illas

Comentario de Anxo Gil


A illa de todas as illas 
Xabier Docampo
Xerais






Este libro gustoume polo feito de ser unha compilación de contos nos que aparecían as illas de todas esas historias, ben narrada, aínda que as conversas entre os dous rapaces se me fagan un tanto aburridas. O principio da historia non foi moi emocionante nin interesante, foi un pouco aburrido, pero empezoume a interesar, ata que me acabou gustando. Non entendín moi ben o argumento de que só tiñan tres berros, e que cando os consumían podían falar, pero non berrar. Gustoume a personaxe de Sara, que ao principio non paraba de chorar e despois pasaba de todo e ía á súa bóla.

17/02/15

A illa de todas as illas

Comentario de Vanesa Lalín


A illa de todas as illas 
Xabier Docampo
Xerais



Este libro chamoume a atención polo seu título, xa que a min  gústame ler cousas que tratan de illas .
             Con só comezar a ler o conto decateime de que ía tratar dun libro de aventuras, que con cada folla que lía se facía máis interesante, que pouco a pouco foi aparecendo unha mestura de realidade e fantasía sempre no  medio  dunha gran intriga, que a min ás veces parecía que me daba algo de medo, pero á vez non podía deixar de ler .
            Por outro lado identificarme cos rapaces da historia foi algo moi fácil, xa que eu se chego a ter que andar sen rumbo, nun lugar descoñecido e con tanta néboa pasaríame o mesmo ou moito peor. Penso que chegaría a ver  de todo, aínda que no fondo tampouco daría diferenciado entre o real e o imaxinario.
            Tamén comprendín que ás veces non chegas a saber certas cousas dos amigos ata que vives con eles situacións límites, como foi no caso dos nenos que acabaron sendo moito máis amigos e fortes coidándose entre si.
            Por outro lado as ilustracións do libro non  tiñan moita cor, pero concordaban moi ben coa historia que se estaba a contar.
            Como conclusión final penso que co valor da amizade todo pode ser posible .

11/01/15

O libro das viaxes imaxinarias

Comentario de Adrián Mato 



O libro das viaxes imaxinarias
Xabier Docampo
Xerais




Deste libro lamento dicir que me aburriu un pouco, porque faise pesada a sucesión de distintas historias sen ningunha relación coa anterior, excepto o feito de ser cidades e empezar case todas por A. Para min o autor había de elixir unhas poucas desas cidades e centrarse un pouco máis en cada unha, non só dicir a particularidade que as diferenza das demais.  Crear unha aventura ou cando menos que o protagonista non só narre, senón que participe na historia.
Podo  salientar Asiral ( páx. 141-151),  que excluíu desta miña primeira reflexión, pola razón de que si se desenvolve unha trama na que o protagonista de verdade se ve envolto nun problema. Para min ese é o modelo que deberían seguir as demais viaxes.
Unha vez dito isto, en si as viaxes non estaban mal, mais como ven dixen non debían ser tan curtos.

16/04/14

Cando petan na porta pola noite

Comentario de Marta Campelo


Cando petan na porta pola noite 
Xabier Docampo
Xerais





Este libro gustoume porque trata de diversas historias, que lle contaron ó protagonista os seus pais e os seus avós. Se estas historias non se escribiran acabaríanse perdendo. 

Os tres primeiros capítulos explican como morreron tres persoas de diferentes maneiras: no primeiro morre un ferreiro, no segundo morre unha vella e no terceiro matan a unha loba. As consecuencias son malas, porque o que matou o ferreiro despois tivo que facer o seu traballo, o que matou á vella tivo pesadelos con ela e foi ao inferno e o que matou a loba morreu el e mais o seu fillo.

O último conto é diferente porque torturaron a unha persoa durante anos enviándolle cartas dicíndolle que ía morrer o mesmo día que lle entregaban as cartas. Afortunadamente pasou todo o contrario. Ao final atopa  a persoa que lle envía as cartas e dille que iso normalmente cúmprese, pero el loitou pola súa vida e non se cumpriu.
Este libro gustoume porque cóntanos historias antigas de medo e intrígate desde o principio

23/06/13

O país adormentado

Comentario de Francisco Miguel Casas Pico



O país adormentado
Xabier Docampo
Xerais






A verdade nunca para min foi tan sinxelo facer un comentario sobre un libro, de feito podería telo xa acabado pero nesta ocasión voume espallar na crítica. Fantasía, son incapaz por moitas voltas que lle dea de encontrarlle o xeito e mais o significado a este tipo de novelas. Eu tiven o gran pracer de coñecer ao autor deste libro, Xabier Docampo, o cal pareceume  moi simpático. Xabier comentounos a min e aos meus compañeiros que el trataba de contar a realidade a través da fantasía e que así o plasmara o libro, na miña humilde opinión isto paréceme un disparate xa que penso que a fantasía é todo o oposto á realidade. Este pode ser o motivo polo cal eu non acabase de comprender a lectura. A pesar de todo isto recomendaría o libro, iso si a persoas que ao contrario ca a min lles encante o fantástico xa que este libro está abarrotado do mesmo.