O Libro das Viaxes Imaxinarias
Xabier Docampo
Xerais
Xabier Docampo
Xerais
É un álbum ilustrado escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé
Cobas que me encantou. Cóntanos a viaxe do Viaxeiro por distintas cidades, cada
unha diferente, pero que todas comezan por a. Narra nalgúns casos, como é unha
certa persoa dun lugar, ou simplemente como é esa cidade imaxinaria.
Gustoume moito e sorprendeume. Ten uilusnha historia fermosa e unha maneira
de narrala que me encantou. Cada cidade é totalmente distinta das outras en
calquera sentido; pasando por habitantes, formas de vivir ou de gobernar.
Ademais, as ilustracións son preciosas e as perfectas para a situación. Todo é
imaxinario, pero á vez fermoso.
Deume pena acabalo, é un deses libros que nunca queres que acaben.
Sen comentarios
Publicar un comentario