O mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños
Fernando M. Cimadevila
Urco
Fernando M. Cimadevila
Urco
Debo admitir que cando empecei a ler este
libro, non o fixen con moitas esperanzas de que me fose gustar e collino por
cumprirlle o gusto a un amigo, pois non son moi afeccionado ao xénero fantástico,
pero pouco a pouco funme quedando abraiado con como Fernando Cimadevila, o
escritor, dirixía a historia. O que acabou de conquistar o meu corazonciño de
lector foi que o libro non está baseado na literatura fantástica clásica.
Sen destripar moito o argumento, o libro trata
da búsqueda que o prefesor Basilius Hoffman e o seu sobriño Peter empreden en
busca da resposta de por que un extraño felino se colou na habitación de Peter
para roubarlle os seus soños.
Os personaxes merecerían a súa propia crítica
na cal só falase deles pero tratarei de facer un pequeno resumo e só contar o
que na miña humilde opinión é o máis destacable deles. Todos os personaxes
teñen un carisma que fai que desde o primeiro momento que os coñeces te
inviten a seguir lendo para descubir máis sobre eles; iso si, a min os
personaxes que máis me gustaron foron Basilius e Duncan que, pese a que este
último faga acto de presenza só cara ao final do libro, ambos os dous son
personaxes que a min me pareceron do mellorciño do libro.
En resumo e acabando con esta crítica, "O
mundo secreto de Basilius Hoffman: O ladrón de soños" é un gran libro que
fixo que en canto o acabei fora directo a ler tanto a segunda parte como a
terceira, as cales non defraudan se o que se busca son máis aventuras do
profesor Basilius Hoffman e do seu sobriño Peter.
Sen comentarios
Publicar un comentario