ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

Amosando publicacións coa etiqueta Fran Alonso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fran Alonso. Amosar todas as publicacións

14/06/15

Cemiterio de elefantes

Comentario de Xosé Manuel Fernández Taboada


Cemiterio de elefantes
Fran Alonso
Xerais






"Cemiterio de elefantes", o libro escrito por Fran Alonso é unha peza na que se contan diferentes historias con diversos temas pero cunha pequena relación.
Este libro foi un dos que máis me gustou no que levo de curso. Unha das cousas que máis me gustou é a gran diversidade de temas que ten o libro xa que ten varias historias diferentes, dende unha muller que vai comprar medicamentos ata outra que ten unha dor de moas, etc. Estas historias teñen en común que todas se producen durante a noite, e gustoume a forma en que o autor seguía unha orde cronolóxica dividindo as historias na hora na que se producían e non en capítulos, polo que me pareceu moi orixinal. Ademais de que me pareceu moi sinxelo de ler e case todas as súas historias me gustaron.
Pouco malo teño que dicir deste libro, quizais as historias podían ser un pouquiño máis orixinais pero tampouco creo que faga falta modificalas moito. Polo que é un libro que eu recomendo xa que é moi sinxelo de ler e ten unha gran diversidade de historias e temas.

30/05/15

Cemiterio de elefantes

Comentario de David González Sampayo


Cemiterio de elefantes
Fran Alonso
Xerais





"Cemiterio de elefantes" é un fantástico e marabilloso libro, no que se fai unha viaxe ao interior da noite viguesa. Este libro posúe unha estrutura semellante a outro libro de Fran Alonso, A punta de pistola. Estes dous libros parécense na combinación de varias historias nunha soa e tamén na forma de unilas. Coma en case todos os libros deste gran autor a lingua é sinxela, pero a súa vez, cargada de gran significado. Unha das cousas que máis admiro desta obra é gran variedade de temas que o seu autor introduce nun libro de tan só cen páxinas.
Este libro, na miña opinión, transmíteche a idea de que é unha especie de entrevista as persoas que traballan durante a noite e tamén ás que saen de festa e de marcha.

A historia posúe un gran realismo, xa que os personaxes das historias poderian ser calquera de nós, os lectores da obra. Outro detalle polo cal a obra posúe, para o meu gusto, un gran realismo é pola detallada descrición que se dá sobre o lugares onde transcorren as accións e sobre os personaxes que protagonizan cada un dos relatos.

É un libro que me sorprendeu porque algunhas das escenas que posúe son bastante calafriantes e póñenche a pel de galiña, como por exemplo, cando no primeiro capítulo un home intenta violar a unha muller ou coma no cuarto no que o dono dun bar atopa a un cliente tirado no  baño despois de meterse droga cunha xiringa. Todas elas son situacións que che fan reflexionar, cousa que creo que quería conseguir o autor con este libro. Por outra parte nesta obra denúnciase  a pouca consideración da que gozaban as mulleres nunha sociedade machista.

En definitiva, foi un dos libros optativos de todos os que levo lidos, case todos de Fran Alonso, dos que máis me gustou en canto a súa estrutura, a súa linguaxe e, sobre todo, en canto ao seu real e intrigante contido.

25/04/15

A punta de pistola

Comentario de Alberto Blanco Iglesias

 
A punta de pistola
Fran Alonso
Xerais


O libro A punta de pistola de Fran Alonso foi un libro sorprendente porque  ten moito ritmo, acción e rapidez. Desde un principio consegue enganchar ao lector. Hai escenas que lembran a algunha  película de acción.
Cóntanse dúas historias que se alternan no libro e que aparentemente non teñen nada en común, pero ao final da historia entrecrúzanse.
A primeira historia ten como protagonistas a Rica e o Varas, que secuestran aos seus fillos, Rixie e Pixie, dun centro de acollida e realizan unha fuxida sen destino fixo, chea de persecucións, acción e perigo.
A segunda historia ten como protagonista a unha moza camioneira e dona dunha empresa de peixe. Esta muller sempre fala de Celia Rivas, a primeira camioneira de España, a quen ten como ídolo.
O que resulta emocionante da novela é descubrir como as dúas historias paralelas se relacionan entre si ao final. Converténdose nunha única historia.
A miña opinión persoal sobre A punta de pistola  é que se trata dun libro con moita acción, ritmo e perigo que facilita que o lector se enganche.
Como aspecto negativo eu destacaría o final demasiado aberto que deixa ao lector intrigado e insatisfeito.

21/04/15

Silencio

Comentario de Adrián Mato


Silencio 
Fran Alonso
Xerais



É un libro que reflexa unha sociedade na que a falta de traballo é notable. Unha das profesións máis difíciles é o periodismo.  Como segundo di o protagonista, non hai liberdade de expresión e os políticos aos que non lle gustan os comentarios que fas póñente na lista negra, polo que aínda é máis complicado a procura de traballo.
A historia trata sobre un xornalista que decide volver a Madrid, pensa que o terá todo resolto e non terá problemas para atopar traballo dada a súa ampla lista de contactos.  Dado que está na lista negra non lle é doado atopar traballo e termina encerrándose na súa casa. Os seus veciños facían un ruído moi insólito e acabou por acostumarse.  Pouco a pouco foise dando conta de que eran moi estraños.  A súa vida comeza a xirar en torno a eles, ségueos,  quere saber o que hai máis aló das paredes da súa casa e iso convértese nunha obsesión, ata que un día non hai máis ca silencio e quere ver que pasa mais o único que atopa é un dos nenos morto.
A primeira parte da historia é moi aburrida, pero unha vez que se comeza a obsesionar cos veciños comeza a ser máis interesante, aínda así o final pareceume bastante malo e non termina de resolver o que en realidade pasou.

19/04/15

A punta de pistola

Comentario de Adrián Mato


A punta de pistola
Fran Alonso
Xerais


A punta de pistola é un libro no que ti xa empezas sabendo a trama da historia pero no seguinte capítulo cambia de  tema.  Chega a contar tres historias paralelas, que, como non, ti sabes que deben ter algo en común. Iso de facer varias historias paralelas ten vantaxes, xa que o lector está intrigado e faise hipóteses sobre o que poden ter en  común ambos relatos, pero tamén o seu lado malo, porque pode chegar a aburrir ao lector. Se tivera que elixir unha, sería na que O Varas e Rica escapan cos seus fillos do Centro Social, paréceme a fuxida peor organizada que vin ata agora e ademais non os levaron porque os quixesen, senón porque non lles gustaba que lle arrebataran algo que era seu, é dicir, tratábanos coma obxectos.  As outras non son de todo aburridas, unha cóntanos a historia de Celia Rivas, a primeira camioneira de Europa, está contada por outra camioneira que participa na acción final cando O Varas estampa o coche contra o seu camión. A terceira cóntanos a historia dunha rapaza, que namora dun home mais maior ca ela que casualmente é compañeiro da camioneira, esta é filla de Rica. Só quitaría a parte na que fala  dos sospeitosos porque corta aínda máis a historia e fai que aborreza.