O libro A
punta de pistola de Fran Alonso foi un libro sorprendente porque ten moito ritmo, acción e rapidez. Desde un
principio consegue enganchar ao lector. Hai escenas que lembran a algunha película de acción.
Cóntanse
dúas historias que se alternan no libro e que aparentemente non teñen nada en
común, pero ao final da historia entrecrúzanse.
A primeira
historia ten como protagonistas a Rica e o Varas, que secuestran aos seus
fillos, Rixie e Pixie, dun centro de acollida e realizan unha fuxida sen
destino fixo, chea de persecucións, acción e perigo.
A segunda
historia ten como protagonista a unha moza camioneira e dona dunha empresa de
peixe. Esta muller sempre fala de Celia Rivas, a primeira camioneira de España,
a quen ten como ídolo.
O que
resulta emocionante da novela é descubrir como as dúas historias paralelas se
relacionan entre si ao final. Converténdose nunha única historia.
A miña
opinión persoal sobre A punta de pistola
é que se trata dun libro con moita acción, ritmo e perigo que
facilita que o lector se enganche.
Como aspecto
negativo eu destacaría o final demasiado aberto que deixa ao lector intrigado e
insatisfeito.
Sen comentarios
Publicar un comentario