Comentario de Raquel García
A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia
A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia
Este é un libro que te cativa dende que comezas a lelo xa que de
primeiras che din o que vai ser o feito importante de todo a historia e
dende aí xa te deixa coa curiosidade de saber que pasará. Os personaxes
principais deste libro son xeniais xa que os dous se complementan, Leo Caldas é
un home coidadoso, pouco impulsivo pero Rafa é unha persoa que fai
as cousas sen pensar e que é bastante impulsivo.
Segundo empezas a ler ves como o feito principal que é un asasinato dun
home comeza a evolucionar coas pistas, cos especulacións pero de repente
todos os feitos se viran e os dous inspectores non teñen nada e teñen que
empezar a investigación dende o punto de partida. Unhas das cualidades de Leo
Caldas que máis me gustou foi a súa insistencia que ten por resolver o caso e
averiguar os feitos e a súa imaxinación coa que dunha simple suposición pode
construír os feitos tal e como sucederon, tamén que cando traballe se centre
totalmente niso xa que neste libro tamén ten máis cousas coas que perder a
cabeza.
En definitiva, este libro eu recomendaríao xa que pese a que o seu
tamaño impón cando comezas a ler a historia e che van contando algúns feitos
pasan as páxinas sen darte de conta.
Sen comentarios
Publicar un comentario