ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/06/10

A esmorga

Comentario de Ana Cristina Des Pérez

A esmorga
Eduardo Blanco Amor
Galaxia


Pareceume un libro bastante dinámico, aínda que algunhas veces non entendía ben algunha palabra.
A maneira en que o escritor escribiu o libro paréceme moi orixinal, porque hai que maxinar máis ou menos o que o xuíz lle está a preguntar. É un libro entretido, cun montón de pelexas que ten manteñen alerta.
O final sorprendeume moito. Non o esperaba.
O personaxe que máis me gustou, ao principio só, foi o Bocas, pero despois xa me pareceu un brutallán e un inconsciente con esa teima de que quería ver a aquela muller. Ao final decanteime polo personaxe de Cibrán, que dentro de todo o malo, era o máis sensato.
A parte máis desagradable do libro foi cando se ispen para secar a roupa e describen a Milhomes.
A conclusión que tirei cando rematei de ler o libro foi que me gustou e que todo o mundo debería lelo.

03/06/10

Oliver Twuist

Comentario de Jennifer Mosquera Sanmartín

Oliver Twuist
Charles Dickens
Galaxia


Desta vez hei de recoñecer que este libro pareceume verdadeiramente interesante, moi diferente ao que estamos acostumados a ler. Nas clases de literatura tíñannos falado deste autor, pero quedáranse curtos, xa que é impresionante.
Fascinoume o ben que describe a sociedade des época (sobre todo as partes negativas como a codicia, o engano, as hipocrisías), o mesmo que as súas paisaxes e costumes, por un momento ata cheguei a pensar que eu estaba a vivir nesa sociedade. De verdade que é extraordinario.
Antes de ler o libro xa vira a película, e cando o lin deime conta de que non ten punto de comparación co libro, posto que no libro aparecen moitos máis detalles que te levan a maxinar cousas que na peli non aparecen.
Agora centrándome un pouco no personaxe principal, hei de dicir que me deu moita mágoa, porque debido ás circunstancias da vida veuse obrigado a vivir delictivamente, roubando dende moi novo. Ademais, cada vez que parecía que ía lograr vivir decente e felizmente, algo se lle interpoñía no camiño.
Por último, paréceme interesante mencionar que é un libro do que se poden tirar moitas moralexas. Por exemplo, "é mellor vivir honradamente aínda que sexas pobre, que vivir deshonestamente" ou que "non é ouro todo o que reloce".
En definitiva, recomendo ler este libro aínda que pareza diferente, vaivos sorprender.