ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/11/12

Os fillos do mar

Comentario de Alberto Cerdeira Bravo


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais






Hai dúas semanas lin Os fillos do mar e aínda hoxe recordo unha gran cantidade de detalles. As cen primeiras páxinas pode que sexan un pouco aburridas, pero coa aparición de Mariña todo se volveu máis interesante. Ademais a min gústame moito todo o referente ó nazismo e á historia da primeira metade do século XX,  co cal houbo partes que me gustaron moito. 
Este é un deses libros que te mete na historia e só desexas seguir lendo para saber que pasa e como se resolve a historia. O final é moi bonito sobre todo esa escena de sexo sobre o sofá tras un duro traballo.
Esperábame máis mortes pero gustoume moito o libro. Moi recomendable.

29/11/12

Os fillos do mar



Comentario de Eloi Fidalgo Fraga 


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais




Acabo de acabar de ler o libro e quedei moi contento, porque ata os
últimos capítulos non se desvela nada da novela. Ao principio érame algo custoso manter a atención e cara o final xa o libro me pedía seguir lendo.

Antes de coller o libro amargoume moito empezar debido ao seu
grosor, pero é un libro moi entretido.

Os personaxes que mais me gustaron foron Simón, o policía e Daniel, o pai de Simón.

É un libro moi entretido sobre todo pola parte final e que llo recomendo
a quen lle gusten as historias de aventuras ect.

28/11/12

Os fillos do mar

Comentario de Eva Fares Borrajo


Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais



Despois de ler xusto a metade do libro a intriga apoderouse de min.  Busco o momento para seguir  lendo e descubrir se pasa algo entre Simón e Mariña, que pasa con Ascanio, quen matou  á señora Isabel Llobet…
Gústame moito que o libro estea ambientado nunha cidade galega, que aínda que non coñezas moito, podes intuír a súa paisaxe.
Este tipo de novelas policíacas engánchanme moito e fan que me custe parar de lelas ata que as remato.
Polo que levo lido, recomendaría este libro a calquera persoa.
 

26/11/12

Unha estrela no vento

Comentario de Belén Ansedes Cornado

Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais


Este libro trata temas como a violencia, o racismo, a morte... tan presentes na vida real.
É unha historia entretida, aínda que algo lenta e repetitiva.
Abel é un ser entrañable, na miña opinión o máis forte de todos.
A fauna afeccionada á violencia é realmente noxenta. Cren que cunha navalla resólvese todo. Xente como esa sobra no mundo.
O libro non me gustou moito. O final é bonito e triste, é doado derramar bágoas. Creo que podo dicir que me gustou unha terceira parte do libro, xa que ao non caerme nada ben o protagonista todo o que lle afecta a el non me satisface.

Unha estrela no vento

Comentario de Juan Ares Pérez

Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais

Un libro cheo de violencia, racismo, machismo, tristura... A verdade é que este libro gustoume moito, en especial Reina, a xitana simpática que me caeu moi ben e fixo que o libro fose máis entretido.
Que dicirche a ti, Abel! Abel, o personaxe que nos fixo derramar máis dunha bágoa ao final do relato, o mellor de todos.
O engano do pai pareceume un pouco de telenovela de sobremesa.
Paula pareceume un pouco infantil e Marta unha rapazola descarada.
O libro gustoume, ata o momento é un dos mellores libros que lin.

Unha estrela no vento

Comentario de Belén Ansedes Cornado

Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais

Un libro cheo de bos momentos e auténticas traxedias, pero sobre todo de pura maxinación. O sufrimento, a discriminación, son dous factores que a min non me gustan, pero lendo o libro xa non me desagradaron tanto. Pode que a raza de Reina e a discapacidade de Abel fixeran dar un xiro importante na vida de Miguel, pero mentres me mergullaba no sen fin de letras, saíron do libro e tamén chegaron a min. Cada páxina que pasaba era unha bágoa, ata que cheguei a páxina da terrible morte de Abel, onde se incrementaron. 
Ogallá non fose un final tan tráxico, porque non me gustan, pero polo resto...
Ledicia, tes unha estrela na imaxinación, segue escribindo así e terás un gran fan.