ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/04/15

As mil e unha noites

Comentario de Vanesa Lalín Pousa

As mil e unha noites
Vicens Vives
 
 
 
“As mil e una noite”, un título moi interesante, con só lelo a cabeza empezou a pensar en moitas cousas, pero en nada que ver co conto.
Pensei que serían moitas historias e que lle pasarían á mesma persoa pero non foi así, senón que a mesma persoa contaba todos eses pequenos contos cheos de maxia onde había dende alfombras voladoras e xenios, ata viaxes fantásticas ou lendas relixiosas dos musulmáns, onde ás veces se pasaba dunha historia a outra case sen rematar a anterior, deixándome sempre cunha sensación de que aínda non acababa unha para empezar outra, polo cal notaba que me faltaba algo e xa tiña que pasar á seguinte.
Todas as historias intentan transmitir una especie de lenda ou ensinanza para axudarnos a comprender ou actuar dunha certa maneira ou doutra en certas ocasións.
Tamén vin que en case todos os relatos vemos reflexado o machismo, que nesa época era moi habitual e sobre todo en certas relixións.
A historia que máis me sorprendeu foi a de “As mil e una noite de Sahrazad”, xa que penso que grazas aos seus coñecementos logrou algo moi importante a través das súas historias cheas de intelixencia e sabedoría, como foi que o rei se dese conta de que cada un é diferente, de que non se pode xulgar a todo o mundo igual, xa que a súa actitude non era a máis correcta, porque eu opino que as culpas dunha persoa non se poden xeneralizar a todas, xa que todas as mulleres non eran iguais.
O resto das historias como pode ser: “Aladino e a lámpada maravillosa”, “Alí Babá e os corenta ladróns”, “A fábula do lobo e a raposa”…..non me resultaron tan interesantes  a hora de ler, pero eu penso que era porque xa dunha maneira ou doutra as tiña lido ou escoitado, e non polo valor que transmitía cada unha delas.  

29/04/15

Durmido sobre os espellos

Comentario de María Rodríguez González
 

Durmido sobre os espellos
Jordi Sierra i Fabra
Galaxia





Este libro de Jordi Sierra i Fabra, está moi ben e é entretido. Ocorren cousas que o lector non espera. Hai que lelo ata a última páxina do libro porque se non, non saberás o verdadeiro final. É destes libros que ao comezalo a ler apetece seguir ata rematalo.
Os temas principais deste libro son o amor e a historia e a vida en Cuba.
Diego, o personaxe principal, paréceme unha persoa moi valente e madura para os seus 19 anos. Quíxose interesar sobre o pasado da súa familia ao descubrir que o seu avó aínda vivía. Decidiu tomar a decisión de ir a Cuba, onde coñeceu a Tania e onde viviu moitas experiencias nas que aprendeu moito.
É un libro moi triste; tanto o comezo coma o final son tristes.  A pesar diso gustoume moito.
Unha ensinanza que se pode extraer é que hai que loitar ata o final para conseguir o que queres.

As mil e unha noites

Comentario de Montse Vázquez Fraiz

As mil e unha noites
Vicens Vives
 
 
 
 
Esta historia non me gustou, xa que me custou bastante entendela e non é un libro que trate sobre as historias que eu adoito ler.

O sultán Sahriyar foi traizoado pola súa esposa, despois de varias infidelidades, decide estar cunha muller todas as noites e á mañá seguinte executaraas, así foi ata que acabou con todas as mulleres do pobo e só lle quedaban as súas fillas. Sahrazad é a súa filla mais amada polo visir xa que é moi culta, un día esta pídelle ao seu pai que a case co sultán e el contará unha historia cada noite para salvarse.
Destas historias a que mais me gustou foi a de “Aladino e a lámpada marabillosa.”

28/04/15

O pintor do sombreiro de malvas

Comentario de Vanesa Lalín Pousa
 
O pintor do sombreiro de malvas
Marcos Calveiro
Xerais





O título deste libro resultoume moi interesante, non me podía facer una idea do que ía tratar, pero foi comezar a ler e empezar a gustarme. Podíame identificar moi facilmente co protagonista, coas súas vivencias, sentimentos, emocións…, que pouco a pouco, cada vez vanse facendo máis fortes, grazas á amizade que xurdiu entre este rapaz e o que resultou ser un gran pintor.
 Comprendín que a través da pintura poden saír moitas emocións ou medos que levamos escondidos dentro, o exterior, que doutra maneira sería moi difícil liberalos. Así, ás veces na vida debemos enfrontarnos a situacións que nos poden resultar moi complicado saber como resolvelas ou conseguir saír delas, xa que non somos capaces de adaptarnos nin aceptar situacións ou convencionalismos que a sociedade nos quere impoñer. Pero neste caso, grazas á axuda dun amigo, o protagonista foi pouco a pouco sendo capaz de resolver e enfrontarse a situacións moi difíciles para un adolescente como pode ser a morte, así comprendín que estas decisións que se toman nun minuto poden cambiar a nosa vida para sempre, e que é bo ter alguna maneira de poder sacalas ao noso exterior como no caso deste relato que usan a pintura, onde un se pode sentir libre e así deixar saír esas ideas ou sentimentos que ás veces tendemos a esconder no noso interior, pero que eu penso que debemos aprender a botalas fóra de nos dalgunha maneira.

27/04/15

O inferno de Marta

Comentario de Montse Vázquez


O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Xerais
  
 
 
Esta historia é un exemplo clarísimo de violencia de xénero e de machismo. Marta viviu nun inferno durante toda a súa relación con Héctor, el pegáballe, insultábaa, facíalle as mil e unha.
Eu se fora Marta, non esperaría tanto para irme do seu carón, á primeira labazada deixábao. Non daría vivido cunha persoa así. Ademais Marta perdoábao porque el íalle despois de pegarlle con flores, ou pedíalle perdón e Marta aceptaba, e eu se fora ela non o faría, mais que nada porque un maltratador cando te maltrata unha vez, vólveo facer.            
Por outra parte, cando Héctor foi vivir coas rapazas, xa non só lle facía a vida imposible a Marta, se non que tamén lla facía a Carmen e mais a Xulia, as rapazas puideron escapar daquel inferno, cousa que Marta xa non podía facer, e seguiu vivindo nese inferno ata que el a intentou matar, menos mal que a salvaron as súas amigas