O título deste libro resultoume moi interesante, non me podía facer una
idea do que ía tratar, pero foi comezar a ler e empezar a gustarme. Podíame
identificar moi facilmente co protagonista, coas súas vivencias, sentimentos,
emocións…, que pouco a pouco, cada vez vanse facendo máis fortes, grazas á
amizade que xurdiu entre este rapaz e o que resultou ser un gran pintor.
Comprendín que a través da pintura poden saír moitas emocións ou
medos que levamos escondidos dentro, o exterior, que doutra maneira sería
moi difícil liberalos. Así, ás veces na vida debemos enfrontarnos a situacións
que nos poden resultar moi complicado saber como resolvelas ou conseguir saír
delas, xa que non somos capaces de adaptarnos nin aceptar situacións ou
convencionalismos que a sociedade nos quere impoñer. Pero neste caso, grazas á
axuda dun amigo, o protagonista foi pouco a pouco sendo capaz de resolver e
enfrontarse a situacións moi difíciles para un adolescente como pode ser a
morte, así comprendín que estas decisións que se toman nun minuto poden cambiar
a nosa vida para sempre, e que é bo ter alguna maneira de poder sacalas ao noso
exterior como no caso deste relato que usan a pintura, onde un se pode sentir
libre e así deixar saír esas ideas ou sentimentos que ás veces tendemos a
esconder no noso interior, pero que eu penso que debemos aprender a botalas
fóra de nos dalgunha maneira.
Sen comentarios
Publicar un comentario