O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Pasqual Alapont
Xerais
Esta historia é un exemplo clarísimo de violencia de xénero e de machismo.
Marta viviu nun inferno durante toda a súa relación con Héctor, el pegáballe,
insultábaa, facíalle as mil e unha.
Eu se fora Marta, non esperaría tanto para irme do seu carón, á primeira
labazada deixábao. Non daría vivido cunha persoa así. Ademais Marta perdoábao
porque el íalle despois de pegarlle con flores, ou pedíalle perdón e Marta
aceptaba, e eu se fora ela non o faría, mais que nada porque un maltratador
cando te maltrata unha vez, vólveo facer.
Por outra parte, cando
Héctor foi vivir coas rapazas, xa non só lle facía a vida imposible a Marta, se
non que tamén lla facía a Carmen e mais a Xulia, as rapazas puideron escapar
daquel inferno, cousa que Marta xa non podía facer, e seguiu vivindo nese
inferno ata que el a intentou matar, menos mal que a salvaron as súas amigas
1 comentario:
O libro gustoume moito e pareceume moi didáctico e entretenido.
A parte que máis me impactou foi que pasase o que pasase ela nunca o deixaba ata o extremo de illarse do mundo, paraceume moi irreal que aínda que maltratara ela non fixera nada pero supoño que poden pasar cousas así.
A pesar dos temas que trata gustoume moito a maneira na que está escrito e encantaríame ler o libro có que se complementa "a mascara do amor".
Publicar un comentario