Comentario de Miguel Oro Vence
O can dos Baskerville
Arthur Conan Doyle
Xerais
Investígase a morte de Sir Charles. Unha vez mais a maldición
cae sobre os Baskerville, anunciada por un espectro e os alaridos dun can. O
elemento central da historia presenta características interesantes porque ao
feito criminal ven sumárselle unha maldición, unha lenda familiar que envolve
todo nun ambiente misterioso e fantástico. O gradual desenvolvemento da acción
vai levando un a un a explicación gradual dos feitos, ata que ao final acaba
cunha explicación lóxica do crime.
A
novela está narrada a modo de diario polo doutor Watson que vai recompilando
todos os avances que ocorren na investigación
e ten dúas cartas que lle manda ao seu compañeiro que está informado de
todo.
A
novela desenvólvese a principios do século XIX en Londres, ten outro toque
tenebroso. Aínda que non exiliaran descricións nin demasiadas explicacións ás
situacións alleas vese que hai características propias dese momento.
O
estilo sinxelo é directo pero cunha linguaxe formal.
Sen comentarios
Publicar un comentario